Skip to Content

SAÍDA DE EDUCACIÓN FÍSICA COS ALUMNOS DE 1º ESO

INFORMACIÓN EXTRAÍDA DA SAÍDA DE EDUCACIÓN FÍSICA COS ALUMNOS DE 1º ESO

A AUGA NA NOSA BISBARRA.

A auga é un elemento característico de Galicia, onde chove durante boa parte do ano, isto xunto coa súa orografía fai que os ríos galegos se caractericen por ser curtos, caudalosos e teñan un caudal constante durante todo o ano.

Na ruta podemos atopar unha serie de construcións típicas da arte tradicional galega e o magnífico mosteiro cisterciense de Armenteira.

a)      OS MUÍÑOS DE RÍO

O muíñoé unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moer o gran. Para iso move dúas grandes pedras e no medio o gran. Estas grandes pedras son capaces de converter o gran en fariña, sexa de centeo, trigo ou millo.

Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais:os de rodicio, coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes; eos de bruia, coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome deaceas. O muíño destinado ao trigo denomínasemuíño albeiro”.

b)    As serrarías.

As serrarías tradicionais galegas atopábanse a carón dos ríos para aproveitar a enerxía hidráulica. A auga canalizada movía unha roda de pás que facía á súa vez mover unha serra que cortaba a madeira ó xeito que decidirán os traballadores.

c)Os lavadoiros.

O lavadoiro é unha construción ao ar libre creada para o lavado da roupa a man, que en moitas ocasións forma parte do conxunto que encabeza a fonte, onde están as pías e pilóns. Forma parte da paisaxe rural galega, normalmente teñen un teito e resultaban ser un lugar de encontro e relación entre as mulleres da aldea.

Os lavadoiros xurdiron como unha necesidade lóxica para que os vecinos tivesen lugares onde lavar a súas roupas. Aínda se lembra hoxe o cheos que estaban de mulleres que mañá e tarde acudían a estes lugares a faceren a bogada. Pero mentres se estaba a realizar este labor os lavadoiros convertíanse en lugares de “reunión social” onde as lavandeiras comentaban as novidades da veciñanza, polo que moitas veces remataban sendo lugar de discusión e enfrontamento.

O Concello de Meaño conta cun total de trinta e cinco lavadoiros públicos. A meirande parte foron construídos entre os anos 1939 e 1975.

d) MOSTEIRO DE ARMENTEIRA.

Situación e historia.

Ero, cabaleiro da corte de Alfonso VII, casado, non tiña fillos, o que era causa de dor para el e para súa muller. Por intercesión da Vixe María  pedía a Deus un herdeiro. Unha notite, ámbolos dous tiveron un soño: a virxe aseguroulles que era vontade de Deus que tivesen moitos fillos espirituais. Entón Ero decidiu converter un dos seus pazos no Mosteiro de Santa María de Armenteira, converténdose no seu abade. Ero solicitou monxes cistercienses a San Bernardo de Claraval, quen mandou catro monxes.

Un día atópase sumido en dúbidas sobre o máis aló. Inquedo, camiña fóra do mosteiro ata que escoita o canto dun paxariño. Cando este canto acaba e regresa ó mosteiro, nada é igual. Pasaran douscentos anos.

Lenda repetida en numerosos mosteiros medievais, relatada na Cantiga 103 de Anfonso X o Sabio e que, na súa inxenuidade, fala de transcendencia: que hai despois? quen hai detrás?

Sempre foi un mosteiro modesto, cunha comunidade pouco numerosa A desamortización obriga ós monxes a abandonar o cenobio en 1837. A partir deste momento os edificios , agás a igrexa e a parte visible do claustro, van desmoronándose.

A partir de 1961, D. Carlos Valle-Inclán, chega na busca do lugar que inspirou ó seu pais os “Aromas de Leyenda” e, pouco a pouco, leva a cabo gran parte da reconstrucción. Isto permite que a comunidade de monxas procedentes de Alloz, en Navarra, restaure a vida cisterciense en 1989.

No ano 1989 restaurase a vida cisterciense na Armenteira, dito feito lévase a cabo por unha comunidade de monxas procedentes de Alloz (Navarra). E como os antigos habitantes, dedícanse á vida de oración e traballo; xa que posúen unha hospedería que se recomenda para “descanso espiritual ou psicolóxico”, e unha tenda onde venden os seus xa famosos xabóns artesanais feitos con productos naturais.

e) OS CRUCEIROS.

Os cruceiros” están considerados como unha das manifestacións máis xenuínas da arquitectura popular galega e a súa orixe remóntase segundo algúns autores á época prehistórica en lugares nos que existían menhires, e que logo, coa chegada do cristianismo deixaron constancia da súa existencia pero baixo formas cristianizadas. Aseméllanse, pero o certo é que non é doado encontrar un igual. A súa presenza nos camiños e lugares sagrados esténdese por toda a nosa xeografía.

Os cruceiros son cruces de pedra que se colocan en lugares como son os cruces de camiños, adros de igrexas, ermidas, ou incluso en entradas a cemiterios, sempre en relación con lugares de culto. Tamén se fala algunhas veces de cruceiros ó referirse ás cruces do viacrucis. Estas cruces adoitan alzarse sobre unha plataforma con banzos que é común en Galicia e Irlanda, se ben na nosa comunidade autónoma tamén existen exemplares de cruceiros sen eles. 

Están tamén situados nas encrucilladas de camiños, e en espazos vencellados con crenzas pagás posteriormente cristianizadas cos propios cruceiros como lugares máxicos de curación, de reunión de ánimas, bruxas, etc. Deste xeito estes elementos adquiren un carácter simbólico sagrado, normalmente coa función de protección. Outras localizacións comúns son os lugares onde ocorreu algunha morte.

Cada parroquia, cada pobo ten o seu propio cruceiro, ó que os veciños se senten moi unidos.

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut