Skip to Content

Actividades extraescolares

VISITA AO BELÉN DE VALGA

Un curso máis o alumnado de Relixión realiza unha visita ao Belén de Valga para disfrutar das escenas máis orixinais e novidosas. Como cada ano, é un día moi especial.


Ligazón ao vídeo completo: https://youtu.be/PFnWLv08_xM

 

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO

  O luns, 7 de marzo, os alumnos de 1º ESO visitaron o Parque Eólico Experimental Sotavento, situado na serra da Loba, entre os concellos de  Xermade ( Lugo) e Monfero (A  Coruña).

 É unha visita que todos os anos organizamos desde o Departamento de CC NN porque aínda que está algo lonxe, dúas horas e cuarto de bus, merece  a pena a viaxe xa que fomenta o aforro e a eficiencia enerxética tan necesarios  nos tempos que corren.

Nada máis chegar , sobre as 11:15 h, nos invitaron a un chocolate con leite quentado nunha cociña solar, para entrar en calor e empezar a visita con ánimo.

A todo o grupo déronlle  unha charla introdución das  vantaxes das enerxías renovables, do aforro enerxético que supoñen e da súa interacción co medio ambiente. Logo, repartiron ao alumnado en tres grupos  e cada un coa súa guía percorreu as distintas fases da visita:

- Vivenda bioclimática: Trátase dunha vivenda demostrativa na que coa orientación axeitada, os materiais de construción da contorna e o uso de enerxías renovables aforra moita enerxía sen renunciar ao confort. Esta visita gustoulles moito porque viron como se pode aforrar enerxía nun fogar e que con pequenos hábitos que eles mesmos poden levar a cabo se consigue moito aforro.

- Funcionamento dun aeroxerador e entrada nun deles. 

- Experimentos con placas solares .

Sobre as 14: 15h remataron as actividades. Pasamos a comer e sobre as 15:00h collemos o bus de regreso.

Todo estivo moi ben e ademais tivemos un día soleado que a esa altitude agradécese.

 

Papiroflexia grúas de papel por María Torres

 A antiga alumna do centro, María Torres, realizou no curso pasado un tutorial en galego sobre a elaboración de grúas de papel (dentro do proxecto 21 días co galego, xa que non había en youtube tutoriais nesta lingua). Agradecémoslle a súa colaboración co proxecto.

Distribuir contido


by Dr. Radut