Skip to Content

Consello escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Este ano celebraranse Eleccións ao Consello Escolar do IES de Meaño. Animamos a comunidade educativa a que presenten a súa candidatura ao consello escolar para deste xeito participar na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

Colocaremos no taboleiro do centro toda a información referente ao proceso, e a que non estea suxeita a protección de datos tamén a colocaremos aquí:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

Este ano celebraranse Eleccións ao Consello Escolar do IES de Meaño. Animamos a comunidade educativa a que presenten a súa candidatura ao consello escolar para deste xeito participar na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

Colocaremos no taboleiro do centro toda a información referente ao proceso, e a que non estea suxeita a protección de datos tamén a colocaremos aquí:

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2020

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2020

NESTA PÁXINA IRASE COLGANDO A INFORMACIÓN REFERENTE AO PROCESO DE ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR.

Adiase a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Achego enlace a Resolución.  publicada a primeiras horas desta tarde.

Todo o proceso queda paralizado ata ter novas instruccións da consellería.

22/10/2020

A Dirección

Eleccións o Consello Escolar 2018

Información referente o proceso de renovación do Consello Escolar no curso 2018/19:

 

Circular Informativa sobre o proceso de Eleccións o Consello Escolar

 

Impreso de candidatura o Consello Escolar (presentar no centro antes do 14 de Novembro)

 

Acta da Segunda Reunión da Xunta Electoral

 

CIRCULAR IFORMATIVA procedemnto de votación

Lembramos que as Votacións o Consello Escolar, no sector dos pais/nais/titores legais  do alumnado serán o vindeiro Mércores 28 de Novembro en horario de 13 a 15:30h.

 

Acta da terceira reunión da xunta electoral. 

 

 

A dirección

Eleccións o Consello Escolar

 

ELECCIÓNS O CONSELLO ESCOLAR

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

                                                                               

            De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08/10), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

     - O Director ou directora do Centro.

     - Un profesor ou profesora.

     - Un pai ou nai ou titor legal.

     - Un alumno ou alumna.

     - Un representante do persoal de administración e servizos

        

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día Luns 29 de outubro, ás 13:10 horas.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Meaño, 26 de outubro de 2018.

                                                              

O/A DIRECTOR/A DO CENTRO

 

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR.

 

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR

Neste primeiro trimestre do curso 2016-2017 van ter lugar as eleccións ó Consello Esolar tal e como figura na Resolución conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da Comunidade Educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro ámbolos dous incluídos.

A Xunta Electoral constituirase entre os días 2 e 8 de novembro de 2016, ámbolos dous incluídos.

Os centros actualizarán a composición dos seus Consellos Escolares dacordo co número de unidades coas que conta na actualidade.

Logo da constitución do Consello Escolar a Dirección do Centro remtirá á Xefatrua teritorial, antes do 20 de decembro, o informe de seguimento do proceso electoral.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut