You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


ESCOLA DE NAIS E PAIS. ENAPAS: Consumo de alcohol e adolescentes

O vindeiro mércores 29 de maio nunha nova sesión da escola de nais e pais falamos do consumo de alcohol, das pautas de conduta na adolescencia, das habilidades sociais e de como abordar o tema desde as familias.

Biblioteca Xaquin Yebra do IES de Melide

18:00h

 

EXAMES FINAIS ESA Educación Secundaria Adultos

Datas dos exames finais das ensinanzas de do título de Ensinanzas Secundarias en réxime de persoas adultas ESA.

MODULO 3
Ámbito social 27 maio 15.30h
Ámbito comunicación 28 maio 18:30h
Ámbito científico 30 maio 15:30h
Avaliación  31 maio 
MÓDULO 4
Ámbito social 19 xuño 15:30h
Ámbito comunicación 17 xuño 15:30h
Ámbito científico 18 xuño 15:30h
Avaliación 24 xuño

 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL FP E ADULTOS

A acreditación do nivel de competencia dixital é unha iniciativa da Xunta de Galiza dentro do Marco galego de competencias dixitais. 

QUE NIVEIS SE PODEN ACREDITAR?

Nivel iniciación

Nivel intermedio

COMO SE ACREDITA?

Nivel iniciación: 

  • Ao rematar o Ciclo Básico de calquera perfil profesional
  • Ao rematar o módulo IV da Educación Secundaria para Adultos ESA

Nivel Intermedio:

  • Ao rematar un Ciclo Superior de calquera perfil profesional
  • Mediante unha proba voluntaria se remato un Ciclo Básico ou o módulo IV de ensinanzas de Adultos
  • Acredítase parcialmente ao rematar un Ciclo Medio de calquera perfil profesional. Facendo unha proba específica dunha parte pódese obter a certificación completa.

CANDO E ÓNDE?

No mes de xuño, no IES de Melide

Podes ter máis información premendo Aquí.

E podes acceder a unha demo da proba premendo aqui.

 

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Se tés máis dun 8.75 de media no bacharelato podes optar a un dos 20 premios de 1000 € da convocatoria 23-24. Preme na imaxe para ter máis información

AXUDASLE: Actividades formativas en linguas estranxeiras

Publicadas as listas provisionais de admitidos para o programa de axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no exterior, para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. 

Pincha na imaxe para obter máis información.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2º ESO

MÉRCORES 10 e XOVES 11

de 08:40 a 12:35

 O próximo mércores 10 e xoves 11 terán lugar as probas de avaliación de diagnóstico de 2º de ESO.

Que é a avaliación de diagnóstico?

É un procedemento de avaliación do sistema educativo que valora o nivel de todo o alumnado galego de 2º de ESO e 4º de primaria nas diferentes competencias e sirve para establecer propostas de mellora para o centro educativo

Cales e como son as probas?

No curso 2023-24 avalianse as competencias Matemática e Lingüísitica. Polo tanto todo o alumnado galego realizará na mesma data as mesmas probas. Proba matemática, Proba de Lingua Galega, Proba de Lingua Castelá e Proba de Lingua Inglesa.

Podes ver algún exemplo de proba premendo nos seguintes enlaces.

Lingua castelá Lingua Inglesa
Lingua galega Matemáticas

Cando se realizan as probas?

Cada día o alumnado realizará dúas probas para as que disporá de ata 70 minutos. Polo tanto o horario do alumnado verase modificado entre a 1ª e a 4ª hora e a partir da 5ªh terán clase normal.

 

Polo tanto o horario verase modificado durante o mércores e o xoves.

Que pasa cos resultados?

As probas son anónimas pero o alumnado será identificado cun código numérico. Todas as probas serán corrixidas no centro e unha selección serán sometidas a unha segunda corrección externa. 

Os resultados serán globais e serán comunidados ás familias, de maneira que teremos coñecemento do nivel medio do centro en cada unha das competencias. Os resultados individuais non poderán ser feitos públicos e non terán efectos académicos para o alumnado.

E que temos que facer as familias?

Para completar a avaliación ás familias solicitaráselles que cubran un cuestionario que se facilitará no seu momento unha vez realizadas as probas. 

Queres saber máis?

Se aínda tés dúbidas podes premer no seguinte enlace.

E se queres acceder a toda a información legal e ormativa sobre as probas pincha aquí.

 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS

O próximo día 08 de abril de 2024, ás 12:35 h, terá lugar a proba voluntaria de Acreditación de Competencia Dixital para alumnado de 2º de Bacharelato.

 

O alumnado que titule en 4º ESO recibirá automáticamente unha certificación de Competencia Dixital COMDIX nivel Iniciación.

 

O alumnado que titule en 2º BAC recibirá automáticamente unha certificación de Competencia Dixital parcial COMDIX nivel Intermedio.

Para completar esta certificación, o alumnado de 2º BAC poderá presentarse a unha proba voluntaria complementaria.

 

Premendo no seguinte enlace poderás acceder a unha demo da proba voluntaria para que te fagas unha idea de en que consiste.

BOLSAS DE ESTUDO MEC

Axudas para o curso 2023/24

Xa saíu publicado o listado de adxudicados. Podedes consultar máis información no seguinte enlace.

Axudas para o curso 2024/25

Aberto o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do MEC (Ministerio de Educación e cCencia) para o curso 2024-25. 

Podes solicitar a bolsa de estudos ainda que non saibas o que vas estudar o ano que ven.

Desde o 19 de marzo ata o 10 de maio ás 15h

Toda a información no seguinte enlace.

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS: Educación emocional e sexual na familia

O próximo luns 29 de xaneiro, de 16h a 17:30 na bliblioteca do IES de Medlie, segunda reunión de ENAPAS, vencella ao programa Quérote+

Se tés interese en como crear espazos seguros para poder falar de dúbidas e preocupacións sobre a crianza e a sexualidade, como traballar a educación emocional e sexual ou coñecer ferramentas para a xestión diaria deste tipo de situacións, podes pasarte para falar con nós.

Estades convidados/as. Podedes confirmar a vosa asistencia facéndonos chegar a parte recortable do tríptico informativo ou escribindo ao correo ies.melide@edu.xunta.gal

 

 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido