Benvida sticky icon

Acabas de contactar co Instituto de Ensino Secundario de Melide, na Galicia central, o instituto a onde acoden os alumnos e alumnas dunha das comarcas máis e mellor definidas a nivel natural, a nivel económico e a nivel cultural: A TERRA DE MELIDE. Sé benvido, sé benvida.

CORREMELIDE 2012

Estamos ultimando os detalles da organización deste evento que, como ben sabedes é un evento lúdico-deportivo que ten como principal obxectivo despedir, dalgún xeito, o curso escolar, antes de que comece o tramo final de exames.  Á súa vez pretende ser unha actividade para  fomentar a reflexión e sensibilización sobre o uso da lingua galega. 

A participación no Corremelide está aberta ao IES de Melide, aos tres CEIP da vila e aos colexios de Arcediago, Toques e Visantoña.

 

  *HORARIO DAS ACTIVIDADES

 

  *PLANO DO PERCORRIDO

 

  *CONSELLOS

IES DE MELIDE: O MUNDO SOMOS NÓS

A semana do 7 ao 11 de maio de 2012 na biblioteca celebramos no IES de Melide a Semana da Interculturalidade. Neste días tentaremos achegarnos ás diferentes culturas e países das alumnas e alumnos do noso centro.

Consulta aquí o programa de actividades ou entra en Biblomelide, o blog da biblioteca.


Ver Interculturalidade no IES de Melide nun mapa máis grande

SEMANA DA INTERCULTURALIDADE

PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA DAS ACTIVIDADES

Máis información en http://www.biblomelide.blogspot.com 


XORNADAS DE ORIENTACIÓN NO IES DE MELIDE

  Preme aquí para ver a temporalización das actividades 23-27 abril  

VELADA TEATRAL -GRUPO TEIROA-

Na semana internacional do teatro Teiroa presentounos dúas adaptacións libres de obras de Martín Iniesta: "A CONSULTA" e "PERSOAXES NUN PARQUE". O alumnado representou dous lances de teatro canalla cunha linguaxe que, en casos, pode resultar pouco correcta, pero que trata de reflectir o escenario cotián no que nos movemos. Ver obra completa en http://www.youtube.com/watch?v=o03f4xX-lpw&feature=youtu.be 

MOSTRA DO ENSINO GALICIA 2012

O ciclo formativo de grao medio de fabricación á medida e instalción de carpintaría e moble do IES de Melide participa na Mostra do Ensino 2012. Alí, varios profesores e alumnos do noso IES faran varias demostraccións sobre o  manexo de maquinaria portatil (frexado e ensamblado de dúas pezas mediante tuvillóns). Tamén se presentará a nova web do ciclo (http://madeiramelide.weebly.com/) e exporanse ferramentas antigas e mobles feitos polo noso alumnado.

REUBICACIÓN DOS DESDOBRES DA AULA 102 (AGORA AULA DE INFORMÁTICA)

 DOCUMENTO ADXUNTO ONDE SE IMPARTEN AGORA OS DESDOBRES QUE SE FACÍAN NA AULA 102.


 

PREMIO LITERARIO “ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE”

Un grupo de ex  alumnos e alumnas do IES de Melide foron convidados á entrega do premio literario Arcebispo Juan de San Clemente, celebrada o xoves 22 de marzo, no salón de actos do IES Rosalía de Castro. Seguir lendo...


Colm Tóibín, escritor irlandés premidado pola súa novela Brooklin acompañado por dúas profes e os alumnos que participaron como xurado.



Normalización e Dinamización Lingüística

Pais/Nais

Distribuir

Distribuir contido