PROBAS DE ACCESO para o Grao en Ciencias da Actividade e do Deporte da Universidade da Coruña.

Aberto o prazo de inscrición para a realización das probas de acceso ao Grao de Ciencias da Actividade Física e de Deporte da UDC. 

As probas terán lugar o día 22 de abril e o 20 de xuño e consistirán na superación de tres bloques:

 Bloque 1. Proba 1. Adaptación ao medio acuático.

 Bloque 2. (Ellexir unha) Proba 2. Proba de axilidade no chan. 

                                     Proba 3. Carreira con obstáculos.

                                     Proba 4. Proba de habilidade co balón.  

Bloque 3. Proba 5. Proba de resistencia cíclica.

 Para consultar os baremos das diferentes probas e máis información sobre o proceso, consultar este documento. 

Aprendendo no Canadá.

David en Canada

Durante o pasado mes de novembro e parte de decembro, o profesor do departamento de música David Canoura, tivo a oportunidade de seguir un programa de formación do profesorado PIALE no Canadá xunto con outros profesores e mestres da xeografía galega. O programa deulle a oportunidade de traballar durante un mes nun centro da capital do país, o Canterbury High School de Ottawa, e convivir cunha familia local durante ese tempo.

A parte da inmersión na cultura e tradicións do país e da aprendizaxe da língua, o programa permitiu ao profesorado participante aprender do funcionamente do sistema educativo canadense e da didáctica específica da súa materia.

Para contarnos a súa experienca, teremos unha serie de conferencias nos próximos días no na Biblioteca do IES de Melide. O martes 17 e xoves 19 para profesorado e alumnado no recreo das 11:10 e o mércores 25 ás 18h para público xeral e veciñanza da comarca.

 

Visita do Club de Lectura aos nosos maiores da Residencia da Terceira Idade de Melide

   O alumnado do Club de Lectura Papalibros do IES de Melide, achegouse ao centro da Terceira Idade de Melide para visitar e saudar aos nosos maiores antes das festas, coñecendo de perto como é o día a día na residencia, e aproveitando para achegarse á realidade coa que tomaran contacto a través das lecturas propostas no club.

Charla do xeógrafo Rubén Lois no IES

  O profesor da USC Rubén Lois, xeógrafo e urbanista, achegouse ao IES de Melide para presentar unha charla sobre análise territorial e cuestións xeográficas ao noso alumnado, e compartiu co noso club de prensa uns intres nos que aproveitamos para preguntarlle por diversas cuestións relacionadas coa súa traxectoria.

Charla de prevención do consumo de drogas e adicións sen sustancias

O alumnado de 3º de ESO participou nunha charla sobre o consumo e adicións dentro do Plan Proxecta QUÉROTE + no que participa o centro. 

 

 

 

  

COMEZA MAÑÁ NO IES DE MELIDE A CAMPAÑA SOLIDARIA "OPERACIÓN KILO"

  Esta semana e ata o día 20 de decembro no IES de Melide comezamos a 'Operación KILO', que se trata da recollida solidaria de alimentos non perecedeiros para axudar a persoas desfavorecidas, en colaboración con Cáritas. Podedes traer arroz, pasta, conservas, legumes en conserva, etc. Grazas a todas e a todos por colaborar con esta iniciativa.

EXCURSIÓN AO MUSEO MASSÓ EN BUEU

  O alumnado de 3º de ESO realizou unha saída a Bueu para coñecer mellor a xeografía costeiro-marítima galega e visitar o Museo Massó, onde o noso alumnado recibiu unhas charlas para ilustrar a historia da industria conserveira nas proximidades do porto de Bueu, revisando as testemuñas da industria baleeira e da conserva no panorama galego.

Celebrando o 500 aniversario da 1ª volta ao mundo no IES

    Este ano celébrase o 500 aniversario da primeira volta ao mundo de Juan Sebastián Elcano e o alumnado de Xeografía e Historia de 3º de ESO recreou este momento histórico con unha exposición e un acto conmemorativo. O alumnado do ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide elaborou unha reproducción da nao Victoria e colaborou activamente na montaxe da exposición, que está situada na entrada do IES, con obxectos representativos da época.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido