CONCURSOS E EXPOSICIÓNS NO NOSO IES

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA (información).

CONCURSO DE "RELATOS "O SAMAÍN" (bases).

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE DECORACIÓN DE CABAZAS (aclaracións).

VÍDEO DIDÁCTICO SOBRE A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN CON MÚSICA DE MAMÁ CABRA

from Falamelide TV on Vimeo.

FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO

Achegamos información a propósito do "III CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: Xogo tradicional, deporte tradicional e educación", que se celebrará no IES DE MELIDE os días 21 e 22 de outubro, e que ten aberto o seu prazo de matrícula.
A actividade, homologada pola Consellería de Educación, pretende ofrecer unha oportunidade de formación aos educadores/as sobre o patrimonio lúdico galego, un dos máis ricos da Península, e sobre as posibilidades que este ofrece nos diferentes ámbitos da educación (sistema educativo regrado, tempo libre, traballo con persoas maiores...). 
Trátase, de regra, da única actividade de formación de libre acceso que actualmente se convoca en Galicia sobre o tema.
Os asistentes teñen a posibilidade de presentar comunicacións sobre experiencias educativas relacionadas co xogo tradicional.

Más información http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=3&MenuId=281&Lng=&tl=0


PARO ESTUDIANTIL CONTRA OS RECORTES

A maioría do alumnado do IES de Melide secundou a folga convocada polo sindicato de Estudantes. Segundo as manifestacións dos mesmos non están dispostos a aceptar os recortes en materia educativa que están a degradar a calidade dos centros públicos: menor número de profesorado, máis alumnado por aula, diminución na oferta de materias optativas, empeoramento das condicións para a atención á diversidade...


"BRAZOS CAÍDOS" NO IES DE MELIDE

Parte do profesorado do IES de Melide fixo o pasado martes 20 de setembro  media hora de "brazos caídos" para protestar polo incremento das horas de clase, o aumento do nº de alumnado por aula e a redución de docentes. 

                        
                       




Lois Pereiro.

As Letras Galegas 2011 con Lois Pereiro.

Viaxe a Grecia

Pequeno resumo da viaxe a Grecia que realizaron os alumnos e alumnas do IES de Melide, xunto cos dos IES de Ames e Pontepedriña (Santiago) do 23 ao 31 de abril.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido