FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Publicada lista provisional de admitidos e excluídos no Fondo solidario de libros de texto de ESO para o curso 2023-24. 

Poden consultarse as litas no taboleiro da secretaria do centro ou acceder en liña desde o seguinte enlace, fondolibros, identificándose con Chave365 ou Certificado dixital.

Ábrese un prazo para subsanar erros nas solicitudes excluídas ata o 31 de xullo e publicarase, nos mesmos lugares, a listaxe definitiva de admitidos e excluídos a partir do 1 de Agosto. Na listaxe definitiva comunicaranse os libros asignados.

Aqueles solicitantes beneficiarios do Vale para Adquisición de material escolar, poderedes pasar a recollelo na Secretaría do centro a partir do 4 de setembro. Deberá recollelo a persoa beneficiaria que fixo a solicitude. En todo caso o vale deberá estar asinado pola persoa beneficiaira, solo poderá empregarse nun establecemento e deberá usarse o antes posible.

Os libros de aquelas persoas con dereito ao fondo solidario, serán entregados ao alumnado a partir do comezo das clases.

OFERTA FORMATIVA FP

A continuación podedes consultar a oferta formativa de ciclos existente no IES de Melide.

CICLO BÁSICO E MEDIO

 CARPINTERÍA E MOBLE

 

CICLO SUPERIOR (DUAL)

GANDARÍA E ASISTENCIA EN SANIDADE ANIMAL

CICLO MEDIO  

Calendario de admisión FP:

calendario admision fp

Máis información na páxina web da consellería: PREME NESTA LIGAZÓN 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

 Adxuntamos arquivo coa relación de libros de texto para o vindeiro curso 23-24 modificado, podedes premer na imaxe para descargar o arquivo.

 

Corrección de erros:

2º ESO Tecnología y digitalización II. ISBN 978-01-905-3625-1

 

 

ENTREGA DE NOTAS E DATAS MATRÍCULA

A entrega de notas da avaliación final da ESO e as extraordinarias de 1º e 2º BAC será o día 23 de xuño ás 11:00h, na súa aula de referencia.

A entrega de notas para o alumnado de FP-básica e Ciclo Medio de madeira será o día 23 de xuño ás 13:00h.

O alumnado levará, xunto coas notas, o sobre de matrícula do curso que lle corresponda. 

As datas para formalizar a matrícula do curso 23/24 en ESO e BAC, son as seguintes:

  • 26 XUÑO: alumnado que se matricule en 1º ESO  e 2º ESO.
  • 27 XUÑO: alumnado que se matricula en 3º ESO.
  • 28 XUÑO: alumnado que se matricula en 4º ESO
  • 30 XUÑO: alumnado que se matricula en 1º e 2º BAC

As datas para realizar a solicitude en FP é do 23 de xuño ao 5 de xullo.

Aquelas familias que teñan que realizar a matrícula de 2 ou máis fillos poden formalizalas o mesmo día, pero agradeceríamos se presentasen o primeiro día que estén convocados.

En caso de non poder acudir a matricularse na data sinalada, poderán realizar a matrícula do 3 ao 5 de xullo.

ABERTO PRAZO SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Está aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario de libros de texto para o curso 2023-24 e axudas para adquirir material escolar.

O prazo para realizar as solicitudes remata o 21 de xuño.

As solicitudes poden presentarse de forma telematica a través da aplicación FONDOLIBROS ou presencialmente no centro presentando ANEXO I e ANEXO II.

Máis información NESTA LIGAZÓN.

CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS 2⁰ FP BÁSICA CARPINTERÍA E MOBLE (MODIFICADO)

Probas recuperación módulos pendentes 2º FP básica Carpintería e moble.

Xuño 2023.

Por motivos de organización, modifícase o horario da proba do módulo Acabamentos básicos da madeira, quedando do seguinte xeito:

 

  • Acabamentos básicos da madeira:
    • Proba escrita: mércores 21 de xuño, 11:45 a 12:35 (1 sesión)
    • Proba práctica: mércores 21 de xuño, 12:35 a 14:15 (2 sesións)
  • Atención á clientela:
    • Proba escrita: mércores 21 de xuño, 11:45 a 12:35 (1 sesión)
  • Ciencias Aplicadas II:
    • Proba escrita: martes 20 de xuño, 9:30 a 11:10 (2 sesións)
  • Tapizado de mobles:
    • Proba escrita: luns 19 de xuño, 11:45 a 12:35 (1 sesión)
    • Proba práctica: luns 19 de xuño, 12:35 a 14:15 (2 sesións)

 

 

LUNS 19

MAR. 20

MÉR. 21

XOV. 22

VEN. 23

8:40 - 9:30

         

9:30 - 10:20

 

Teórico CC.AA. II

 

10:20 - 11:10

 

Teórico

At. Client.

11:10 - 11:45

recreo

11:45 - 12:35

Teórico

Tapizado

 

Teórico

Acabam.

   

12:35 - 13:25

Práctico Tapizado

 

Práctico Acabam.

13:25 - 14:15

 

 

ITINERARIOS BACHARELATO E PONDERACIÓNS ABAU

Como axuda para cubrir as matrículas para o vindeiro curso, para alumnado de 4º ESO e o que se matricule en bacharelato tedes a continuación os itinerarios de bacharelato e as ponderacións das ABAU.

ITINERARIOS BACHARELATO

PONDERACIÓNS ABAU

ADMISIÓN EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 23-24

Publicado o calendario e inscrición nos ciclos de formación profesional (ciclos de grado medio, grado superior e para a fp dual). O prazo de presentación das solicitudes comprende dende o 23 de xuño ás 9:00 ata o 5 de xullo á 13:00. 

Para máis información consultar nesta ligazón.

Dende o Departamento de Orientación facilitamos o proceso, realizando a matrícula con vós para solucionar posibles incidencias. 

 

CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES para alumnado de estudos POSTOBLIGATORIOS

Publicada a convocatoria para a solicitude dunha praza nos centros residenciais docentes(CDR) de Coruña, Vigo e Ourense, para estudos postobrigatorios.

O prazo de presentación das solicitudes comeza hoxe día 7 de xuño e remata o 1 de agosto de 2023. 

Para máis información consultar a convocatoria na seguinte ligazón. 

 

CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS 2º BAC

Tedes, a continuación, o calendario das probas extraordinarias de 2º BAC.

Calendario_2ºBAC

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido