You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


CHARLA PREVENCIÓN DE CONDUCTAS ADITIVAS

Dende o Concello de Melide, impartíronse no IES de Melide unhas charlas orientadas á prevención de condutas aditivas. As charlas, orientadas ó alumnado de 2º de ESO tiveron lugar durante o 2 e 3 de marzo.

 

ENTROIDO 2020

O pasado 21 de febreiro celebramos o entroido cun festival organizado polo alumnado da materia de Artes Escénicas en colaboración con Vicedirección; no que o alumnado dos distintos cursos participou en distintas categorías: clase e comparsa. Os gañadores de categoría clase foron 2º de ESO A e 4º ESO C e en categoría comparsa "Unicornios tradicionais" e "Metallica"...parabéns ós gañadores e a todo o alumnado que se animou a participar.

CHARLA: “DA O PASO, EMPRENDE NO RURAL”

O pasado mércores 19 de febreiro traballadores da Casa Grande de Xanceda trouxeron a súa experiencia e a de outras iniciativas galegas sobre como emprender no rural. O alumnado tamén fixo as súas propostas sobre emprendemento no rural.

CAFÉ CONCIENCIA: A LINGUAXE DO INVISIBLE

Hoxe visitou o IES de Melide Eugenio Vázquez Sentís, profesor e investigador do departamento de Química Orgánica da USC, para falarnos sobre a linguaxe empregada ó longo dos tempos para describir o que é invisible ós ollos: átomos e moléculas. Tras unha primeira reflexión, acompañada dun café, sobre a importancia do coñecemento científico en xeral e químico en particular para poder ser críticos coa información que recibimos a diario; fixo un repaso sobre cómo foi cambiando a liguaxe química ó longo do tempo.

TERCEIRO OBRADOIRO PLAN PROXECTA O MUNDO QUE QUEREMOS

O pasado xoves día 6 de febreiro, tivemos o segundo obradoiro de radio e vídeo do Plan Proxecta "O mundo que queremos" con Solidariedade Internacional de Galicia e Agareso, e finiquitamos as nosas curtas e os nosos programas radiofónicos. Agardamos que os noso alumnado continúe con gañas de loitar para cambiar o mundo polo "mundo que queremos".

LIVINGRIVER: PREPARACIÓN DE MOSTRA

Despois dun primeiro trimestre agardando para a chegada do bo tempo para poder empezar a investigación científica do proxecto LivingRiver, púxose en marcha o a preparación das mostras para poder levar ó río Martagona. Durante o recreo do luns 3 de febreiro, pesamos follas de amieiro e tras humedecelas, introducíronse nos sacos preparados anteriormente e etiquetados convenientemente. 

CONCERTO “PRESUME DE GALEGO”

Como cada ano, o último venres do mes de xaneiro tivo lugar o concerto "Presume de Galego" na sala Gatos de Melide. Nesta quinta edición e seguindo o costume dos anos anteriores, o cartaz foi elaborado por alumnado do IES de Melide.

Ademáis, durante a mañá tivo lugar un encontro dos artistas dos grupos Ezetaerre e Os Diplomáticos de Montealto co alumnado de 1º e 2º de FPb e 1º e 2º de BACH. 

 

 

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

No IES de Melide quixemos conmemorar o día da paz traballando a comunicación non violenta e o traballo en equipo. Para isto, o alumnado de 1º de ESO levou a cabo dinámicas dirixidas polo profesorado de educación física nas que se puxera en práctica os anteriores obxectivos.

Unha vez rematada a dinámica e analizada a finalidade da actividade, o alumnado dirixiuse ós corredores do primeiro andar a colocar unha palabra pola paz no "río que nos une" elaborado tendo en conta a lema da bilblioteca desete ano.

PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN: REPARTO DE LEITE

O pasado mércores iniciamos a primeira actividade do Plan Proxecta "Aliméntate ben", que consiste no reparto de leite entre o alumnado durante os recreos e que terá lugar ata o vindeiro mes de marzo. O alumnado tivo a posibilidade de escoller entre leite enteira ou sen lactosa.

VISITA Ó CIQUS

O 21 de novembro alumnas de 2º de BACH asistiron ás xornadas "A investigación en química: ciencia para un mundo mellor", organizadas polo Centro Singular de Investigación en  Química e Materiais Moleculares (CIQUS) en Santiago de Compostela. Durante a tarde, tiveron ocasión de recibir información sobre a investigación levada a cabo no CIQUS ademáis de realizar nun dos seus laboratorios a síntese do paracetamol. Tamén visitaron o centro e tiveron un pequeno coloquio con un investigador postdoutoral sobre o día a día no mundo dun investigador.

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido