You are hereActividades

Actividades


ENTROIDO 2020

O pasado 21 de febreiro celebramos o entroido cun festival organizado polo alumnado da materia de Artes Escénicas en colaboración con Vicedirección; no que o alumnado dos distintos cursos participou en distintas categorías: clase e comparsa. Os gañadores de categoría clase foron 2º de ESO A e 4º ESO C e en categoría comparsa "Unicornios tradicionais" e "Metallica"...parabéns ós gañadores e a todo o alumnado que se animou a participar.

CHARLA: “DA O PASO, EMPRENDE NO RURAL”

O pasado mércores 19 de febreiro traballadores da Casa Grande de Xanceda trouxeron a súa experiencia e a de outras iniciativas galegas sobre como emprender no rural. O alumnado tamén fixo as súas propostas sobre emprendemento no rural.

CAFÉ CONCIENCIA: A LINGUAXE DO INVISIBLE

Hoxe visitou o IES de Melide Eugenio Vázquez Sentís, profesor e investigador do departamento de Química Orgánica da USC, para falarnos sobre a linguaxe empregada ó longo dos tempos para describir o que é invisible ós ollos: átomos e moléculas. Tras unha primeira reflexión, acompañada dun café, sobre a importancia do coñecemento científico en xeral e químico en particular para poder ser críticos coa información que recibimos a diario; fixo un repaso sobre cómo foi cambiando a liguaxe química ó longo do tempo.

TERCEIRO OBRADOIRO PLAN PROXECTA O MUNDO QUE QUEREMOS

O pasado xoves día 6 de febreiro, tivemos o segundo obradoiro de radio e vídeo do Plan Proxecta "O mundo que queremos" con Solidariedade Internacional de Galicia e Agareso, e finiquitamos as nosas curtas e os nosos programas radiofónicos. Agardamos que os noso alumnado continúe con gañas de loitar para cambiar o mundo polo "mundo que queremos".

LIVINGRIVER: PREPARACIÓN DE MOSTRA

Despois dun primeiro trimestre agardando para a chegada do bo tempo para poder empezar a investigación científica do proxecto LivingRiver, púxose en marcha o a preparación das mostras para poder levar ó río Martagona. Durante o recreo do luns 3 de febreiro, pesamos follas de amieiro e tras humedecelas, introducíronse nos sacos preparados anteriormente e etiquetados convenientemente. 

CONCERTO “PRESUME DE GALEGO”

Como cada ano, o último venres do mes de xaneiro tivo lugar o concerto "Presume de Galego" na sala Gatos de Melide. Nesta quinta edición e seguindo o costume dos anos anteriores, o cartaz foi elaborado por alumnado do IES de Melide.

Ademáis, durante a mañá tivo lugar un encontro dos artistas dos grupos Ezetaerre e Os Diplomáticos de Montealto co alumnado de 1º e 2º de FPb e 1º e 2º de BACH. 

 

 

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

No IES de Melide quixemos conmemorar o día da paz traballando a comunicación non violenta e o traballo en equipo. Para isto, o alumnado de 1º de ESO levou a cabo dinámicas dirixidas polo profesorado de educación física nas que se puxera en práctica os anteriores obxectivos.

Unha vez rematada a dinámica e analizada a finalidade da actividade, o alumnado dirixiuse ós corredores do primeiro andar a colocar unha palabra pola paz no "río que nos une" elaborado tendo en conta a lema da bilblioteca desete ano.

PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN: REPARTO DE LEITE

O pasado mércores iniciamos a primeira actividade do Plan Proxecta "Aliméntate ben", que consiste no reparto de leite entre o alumnado durante os recreos e que terá lugar ata o vindeiro mes de marzo. O alumnado tivo a posibilidade de escoller entre leite enteira ou sen lactosa.

SEGUNDO OBRADOIRO DO PLAN PROXECTA “O MUNDO QUE QUEREMOS”

Este mércores día 17 de xaneiro, tivo lugar no IES de Melide o segundo obradoiro do Plan Proxecta "O mundo que queremos". Este segundo obradoiro, dirixido a alumnado de 4º de ESO e impartido por formadores de Solidariedade Internacional, versou sobre produccións de audio e vídeo e continuará no mes de febreiro, cando se desenvolverá o terceiro dos obradoiros.

CONMEMORACIÓN 25 N

Dende o IES de Melide, traballamos para educar no respeto, na igualdade e na resolución de conflitos de forma non violenta, co gallo da conmemoración do día internacional da violencia de xénero sensibilizámonos especialmente contra a violencia ás mulleres a través de diversas actividades organizadas dende vicedirección, biblioteca, departamento de orientación e departamentos didácticos entre as que destacamos:

  • Obradoiros sobre igualdade impartidos pola Consultora de Igualdade e Políticas Sociais e financiados polo Concello de Melide para alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC.
  • Microteatro nas aula. Alumnado da materia de teatro de 2º BAC fará unha micro-representación teatral polas aulas do centro.
  • Dende o departamento de orientación de realizarán actividades nas titorías de 1º ESO e 2º ESO.
  • Dende a biblioteca do centro compártese un mural contra o sexismo ao que tedes acceso dende esta ligazón.
  • Exposición de traballo do alumnado de debuxo artístico nos corredores do centro.

Actividades realizadas durante o 25N

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido