You are hereSecretaría / Taboleiro

Taboleiro


ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

Aberto o prazo para a solicitude de reserva de prazas nos centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/22, para alumnado que cambie de etapa educativa.

O PRAZO DENDE O 11 DE XANEIRO ATA O 8 DE FEBREIRO, ÁMBOLOS DOUS INLUÍDOS.

Máis información  

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Convócanse as Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior.

MÁIS INFORMACIÓN   

ApROBADAS AS SOLICITUDES DO PLAN PROXECTA E CONTRATOS PROGRAMA

 Os Contratos-Programa solicitados polo IES de Melide para a mellora das competencias clave en comunicación lingüística, matemática e en ciencia e tecnoloxía, así como as actuacións para mellorar a convivencia, a igualdade, a inclusión e a xestión das emocións, nun contexto como o presente curso marcado por unha situación excepcional, acaban de ser aprobadas pola Consellería de Educación. Tamén foron aprobados os contratos programa para mellora da xestión de centros e a promoción da actividade física en horario lectivo. Mediante estas actuacións a desenvolver ao longo deste curso esperamos dar unha mellor resposta educativa ás demandas do contexto actual.

 Solicitáronse dous Plans Proxecta: 'Aliméntate ben', para fomento de hábitos de vida e alimentación saudables, e 'Correspondentes xuvenís 3.0' para optimizar o rendemento e integración do alumnado de Ciclo básico de Madeira e Moble, e que foron concedidos recentemente.

AUTORIZACIÓN SAÍDA NOS RECREOS

Recibida a resolución FAVORABLE á petición realizada polo centro para que alumnado de ensino post obrigatorio e maior de 16 anos poida saír no recreo.

CIRCULAR INFORMATIVA PARA ÁS FAMILIAS   

AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A COMPRA DE MÁSCARAS

A Consellería de Cultura, educación e universidade ven de publicar no DOG do 13 de novembro a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

O prazo para realizar a solicitude é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación en DOG.

As solicitudes ponden presentarse no centro educativo ou  no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

  • Para presentar as solicitudes no centro, lembren que hai que solicitar cita previa

Máis información

CONCEDIDO PROGRAMA ARCO PARA 1º E 4º DE ESO

 O IES de Melide foi admitido na iniciativa ARCO para a mellora do rendemento académico, coa fin de conseguir o máximo desenvolvemento emocional, intelectual e social do alumnado.  Desenvolverase dentro do horario lectivo e mediante apoios a través do uso de metodoloxías activas e participativas,

 O programa está destinado a alumnado de 1º e 4º de ESO, e próximente prevese a incorporación de novo profesorado no IES.

 

DÍA 2 DE NOVEMBRO, DÍA NON LECTIVO

Informamos que o día 2 de novembro é un dos dous días non lectivos que solicitou o centro, remotaremos as clases, no seu horario habiltual, o martes 3 de novembro.

ENTREGA MÁSCARAS DO CONCELLO DE MELIDE

Hoxe, o Concello de Melide, fixo entrega dunha máscara reutilizable a todo o alumnado do IES de Melide.

Máscara

ESTUDO DOS NIVEIS DE CO2 NAS AULAS

Encadrado nun estudo que está a realizar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no IES de Melide realizaranse, ao longo da xornada do 27 de outubro, medicións dos niveis de COen varias aulas tipos do centro.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido