You are hereActividades / Complementarias

Complementarias


PIRAGÜISMO 2018

O departamento de Educación Física organizou en para o alumnado de 1º ESO un Itinerario Ambiental navegando en kaiak polas augas da Ría de Ares. 

Ofertouse esta actividade co obxectivo de fomentar e espertar o interese pola práctica físico-deportiva na natureza e como  programa de educación ambiental onde o ecosistema do litoral mariño foi o protagonista, sen esquecer os importantes aspectos socioculturais da zona.

O Club Náutico Firrete de Pontedeume foi a entidade concertada para desenvolver a actividade. 

IX OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

O pasado mércores 7 de febreiro tivo lugar en Santiago a fase galega da IX olimpíada de xeoloxía. Asistiron á mesma Paula Cordero Sánchez, Sara Folgueira Fernández e Lucía Vázquez Arias, alumnas de 4º ESO B.

Pola mañá fixeron unha proba práctica en grupo, coa que puideron demostrar, sobre o terreo, os seus coñecementos xeolóxicos. Pola tarde tivo lugar a proba individual. Tras esta puideron visitar o animalario da facultade de bioloxía, onde descubriron a importancia que teñen animais como os ratos ou a robaliza na investigación biomédica.

Aínda que non resultaron clasificadas para participar na fase nacional, seguro que fixeron unha probas magníficas. Parabéns rapazas pola vosa actitude e aptitude!

Mención de honor no concurso en liña "LINGUA DE NAMORAR"

A alumma do IES de Melide Anabel López Blanco de 1º de bac. recibiu unha mención honorífica na súa participación no concurso organizado por política lingüística " O galego, Lingua de namorar ", en palabras dos organizadores "pola súa frescura e denotación pola identidade e lingua propias". Máis información na páxina oficial do concurso.

 Noraboa Anabel

Día da Muller Traballadora no IES MELIDE 8 Marzo 2016

Exposición nos corredores de traballos realizados por diferentes Departamentos.

Teatro Teiroa polas aulas "Contos ao revés

Velaiqui o vídeo resumen:

SÁBADO 12 MARZO : MELIDE ÉNCHESE DE MAXIA TEATRAL E MUSICAL.

Máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Melide Laxe, Palas de Rei, Touro e A Estrada) con idades comprendidas entre os 3 e os 60 anos participarán nesta xornada teatral, poética e musical.

3 alumnas do IES Melide FINALISTAS NA OLIMPÍADA FILOSÓFICA

Tres alumnas do IES de Melide participan na final da Olimpiada filosófica, na modalidade de curtas de vídeo, celebrada o pasado 3 de marzo na facultade de filosofía.

Aida Couso Prieto, Paula Vázquez Sufuentes e Alba Vázquez Neira defenderon con paixón o seu traballo audiovisual coa temática de Perdedores na II OLIMPIADA FILOSOFICA DE GALICIA na modalidade Curtas de vídeo.

  

 Os obxectivos da Olimpíada 

A Olimpíada é unha iniciativa que se propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo, tempos nos que as novas leis educativas tenden cara a vías dominadas por unha estreita razón instrumental sen deixar apenas lugar para o pensamento crítico.

- Achegar a filosofía á realidade do alumnado, e aumentar así a súa presenza dentro do ámbito escolar,  amosando a súa necesidade e función dentro da nosa sociedade.

- Potenciar a reflexión e o pensamento crítico, traballando as competencias básicas, fundamentalmente o tratamento da información e competencia dixital, a competencia  en comunicación lingüística, a social e cidadá, a cultural e artística, así como a capacidade de aprender a aprender, e a potenciación da autonomía e a iniciativa persoal.

- Servir de ponte de información para a difusión dos estudos de filosofía na Universidade.                                                                                          

PROXIMA XUNTANZA ESCOLA DE NAIS E PAIS

LUNS 22 DE FEBREIRO

LUGAR: BIBLIOTECA DO IES de MELIDE 

HORA: 18:10

CHARLA A CARGO DE CARME LOUREIRO

"A INTELIXENCIA EMOCIONAL"

SUPEROITO NO IES MELIDE

HOXE TIVEMOS O HONOR DE RECIBIR A SUPEROITO NO IES MELIDE. CHAVI, GLENN E IVÁN SON 3 RAPACES DE 24 ANOS DA VILA DE ORDES. TEÑEN UN LEMA MOI CLARO:
" TOCAMOS RÁPIDO, BAILAMOS BEN E FACÉMOLO EN GALEGO". O SEU ROCANROL É FESTA ALÍ ONDE SOA E NINGUÉN PODE MARCHAR SEN SUDAR A CAMISETA. CUN REPERTORIO DE 31 CANCIÓNS TODAS E CADA UNHA DELAS DE COMPOSICIÓN PROPIA E EN GALEGO. AS SUAS LETRAS FALAN DE TODO CANTO NOS RODEA, PRETENDEN QUE TODOS NOS SINTAMOS IDENTIFICADOS EN ELAS, E VAIA SE O CONSEGUEN !!!!!!!

imaxe1 Imaxe2

 

iesaudemelide.es aposta pola froita, ESTÁS INVITAD@...

Comezamos co reparto de froita nos recreos. Esta primeira semana vai do 30 de novembro ao 4 de decembro.

“5 ao día iesvida”

5 ao día é o número mínimo de racións de froitas e hortalizas frescas que debemos consumir cada día se queremos manter unha dieta sa e equilibrada.

Por que 5 racións? http://www.5aldia.com

19 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

ACTIVIDADES NO IES MELIDE:

. Xornada de filocafé nas aulas co alumnado de 1º bac.

. Proxección de videos filosóficos elaborados polo alumnado de 1º bac.

. Proxección de partido de fútbol entre filósofos( Monthy Phyton).

. Campaña de carteis  para publicitar a filosofía e CALENDARIOS.

Intervención polas aulas de 3º, 4º ESO e 1º E 2º bac do grupo Teiroa " A ACADEMIA DE PLATÓN".

INVITAMOSVOS A BOTARLLE UNHA OLLADA Ó VÍDEO.

FELIZ DÍA DA FILOSOFÍA!!!!!

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido