You are hereSecretaría, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Solicitude de certificados

Secretaría, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Solicitude de certificados


PROCEDEMENTO PARA A RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DA XUNTA DE GALICIA

ALUMNADO QUE SE MATRICULA EN 2º E 4º DE ESO PARA O CURSO 2015/2016

PRAZO PARA SOLICITAR OS LIBROS QUE SE PRECISAN: ATA O 8 DE SETEMBRO

-Cumprimentar este impreso descargable ou recollelo na secretaría do centro e entregalo na mesma secretaría.

- O día 11 será publicada a listaxe de libros asignados (preme no enlace) a cada alumno/a na páxina web do IES de Melide e no taboleiro de anuncios do centro.

-Os libros dispoñibles serán entregados o día 16 no IES de Melide, na presentación de curso dos distintos grupos co seu titor/a.

Servizo de comedor escolar

 

O centro oferta o servizo de comedor escolar ao alumnado de ESO.

Este alumnado distribúese atendendo aos dous turnos nos que teñen actividade lectiva polas tardes, o 1º ciclo da ESO ós mércores e o 2º ciclo da ESO os luns.

Dado que o IES de Melide non conta con locais axeitados, o servizo préstase no CEIP nº 1 de Melide, realizando o traslado mediante transporte escolar.

A atención deste alumnado mentres non empezan as clases da tarde corre a cargo de persoal docente do IES de Melide.

A intervención do Centro irá dirixida cara a unha estructuración dos diferentes momentos, organizar o grupo de comensais (nas mesas e no tempo libre) e levar a cabo actividades que fagan deste tempo un espacio educativo.

Entre os obxectivos a conseguir destacamos:

- Adquirir hábitos que permitan unha alimentación equilibrada e saudable.

- Adquirir hábitos de comportamento social na mesa sobre hixiene e orde.

- Desenvolver unha actitude participativa cara as actividades que se organicen: estudo, lectura, internet, etc.

- Coñecer diferentes recursos que enriquezan o tempo libre do alumnado.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido