You are hereMadeira

Madeira


MATERIAL PARA O ALUMNADO DE MARTA LÓPEZ PERIAGO

Neste pdf podedes atopar o material das distintas materias que imparte a profesora de Marta López Periago.

CHARLA: “DA O PASO, EMPRENDE NO RURAL”

O pasado mércores 19 de febreiro traballadores da Casa Grande de Xanceda trouxeron a súa experiencia e a de outras iniciativas galegas sobre como emprender no rural. O alumnado tamén fixo as súas propostas sobre emprendemento no rural.

VISITA Á EXPOSICIÓN "DA ÁRBORE Á CADEIRA"

O alumnado do ciclo de madeira e o de FP-basica achegouse á Cidade da Cultura para visitar á exposición "Da árbore á cadeira" na que se toma como excusa a cadeira para centrar a atención no deseño do moble contemporáneo. Máis información.

Da arbore a cadeira

CICLO FP DE GRAO MEDIO e FP BÁSICA – CARPINTARÍA E MOBLE

Ven a estudar con nos!

O IES de Melide conta cunhas instalacións e equipamento de última xeración, con profesores de alto compromiso pedagóxico innovador e cunha aposta en firme por parte da Dirección do Centro e da Consellería de Educación para que o tecido empresarial conte cun alumnado titulado de gran competencia profesional.

PDF cun resumo das características do Ciclo FP de Grado Medio

PDF cun resumo das características FP Básica

ENTREVISTAS PROXECTO LEONARDO

Departamento de Madeira. IES de Melide     

Proxecto Leonardo de Asociacións da Unión Europea

“A  construción  en  madeira e a eficiencia enerxética  da  bioconstrución”

https://woodergy.wordpress.com

Colaboración do Departamento de Inglés

Novas sobre o Proxecto Leonardo

Departamento de Madeira. IES de Melide     

Proxecto Leonardo de Asociacións da Unión Europea

A  construcción  en  madeira e a eficiencia enerxética  da  bioconstrucción

http://woodergy.wordpress.com/

 

No encontro de febreiro en Melide tivemos os seguintes invitados:

Lenhotec (Portugal), Centro de Formação Profissional da Indústria da Construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN), CIFP Someso (A Coruña) e Cooperativa Hábitat Social (A Coruña).

Organizáronse sesións de traballo onde se desenvolveron os temas do proxecto e avanzáronse    propostas        para            futuras colaboracións. Tamén e visitamos o CIFP Someso onde teñen construido un módulo didáctico coas técnicas da bioconstrucción.


Ao mesmo tempo os carpinteiros dos 
paises participantes e os alumnos do 2º ano do ciclo de carpintaría executaron a cuberta verde do contenedor.

Outra vez en Melide, os días 2, 3 e 4 de febreiro teremos o penúltimo encontro desta Asociación. Se prepará a exposición de resultados que terá lugar en maio en Berlín. Os carpinteiros cubrirán as paredes do contenedor con cortiza como material illante e empregarán madeira termotratada para o paramento exterior.

 

Os días 6 e 7 de outubro, recibimos aos socios europeos do proxecto Leonardo

 

Proxecto Leonardo de Asociacións da Unión Europea

Wood Constructions and Energy Efficiency

cooling with plants – insulation materials – wood protection – measuring and monitoring

Os días 6 e 7 de outubro, recibimos aos socios europeos do proxecto Leonardo que está a desenvolver o Departamento de Madeira do IES. Teremos outros invitados como expertos e compañeiros de centros de FP interesados no tema.

Están previstos diversos encontros, reunións e visitas e tamén os traballos de construcción dun teito verde sobre o contenedor.

 

 Departamento de Madeira. IES de MELIDE

..

.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido