You are hereLocalización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Documentos do Centro, Equipo Directivo, Persoal non docente, PEC, RRI, Plan de Convivencia, PAT, Plan de Autoprotección, Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico

Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Documentos do Centro, Equipo Directivo, Persoal non docente, PEC, RRI, Plan de Convivencia, PAT, Plan de Autoprotección, Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico


Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Publicación no DOG do 26 de febreiro, da Orde do 10 de febreiro de 2020, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Cartaz informativo

ASIGNACIÓN LIBROS DE TEXTO

A asignación do fondo de libros relativa ó curso académico 2017/18 pódese consultar na conserxería do centro.

Os libros asignados serán entregados o día 15 no IES de Melide, na presentación de curso dos distintos grupos co seu titor/a.

PROCEDEMENTO PARA A RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DA XUNTA DE GALICIA

ALUMNADO QUE SE MATRICULA EN 2º E 4º DE ESO PARA O CURSO 2015/2016

PRAZO PARA SOLICITAR OS LIBROS QUE SE PRECISAN: ATA O 8 DE SETEMBRO

-Cumprimentar este impreso descargable ou recollelo na secretaría do centro e entregalo na mesma secretaría.

- O día 11 será publicada a listaxe de libros asignados (preme no enlace) a cada alumno/a na páxina web do IES de Melide e no taboleiro de anuncios do centro.

-Os libros dispoñibles serán entregados o día 16 no IES de Melide, na presentación de curso dos distintos grupos co seu titor/a.

Servizo de comedor escolar

 

O centro oferta o servizo de comedor escolar ao alumnado de ESO.

Este alumnado distribúese atendendo aos dous turnos nos que teñen actividade lectiva polas tardes, o 1º ciclo da ESO ós mércores e o 2º ciclo da ESO os luns.

Dado que o IES de Melide non conta con locais axeitados, o servizo préstase no CEIP nº 1 de Melide, realizando o traslado mediante transporte escolar.

A atención deste alumnado mentres non empezan as clases da tarde corre a cargo de persoal docente do IES de Melide.

A intervención do Centro irá dirixida cara a unha estructuración dos diferentes momentos, organizar o grupo de comensais (nas mesas e no tempo libre) e levar a cabo actividades que fagan deste tempo un espacio educativo.

Entre os obxectivos a conseguir destacamos:

- Adquirir hábitos que permitan unha alimentación equilibrada e saudable.

- Adquirir hábitos de comportamento social na mesa sobre hixiene e orde.

- Desenvolver unha actitude participativa cara as actividades que se organicen: estudo, lectura, internet, etc.

- Coñecer diferentes recursos que enriquezan o tempo libre do alumnado.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido