PREMIO DE COOPERATIVISMO EDUCATIVO
O alumnado de 3º ESO A recibiu o "accésit do Certame de Cooperativismo no Ensino" polo seu traballo na participación no Proxecto PROEM de Coopertiva educativa "COIDEMONOS+". O devandito proxecto ten como fin fomentar os valores do cooperativismo no ámbito da Comunidade Educativa e o apoio na formación académica cara á xestión de recursos fronte aos distintos e cambiantes proxectos empresariais no entorno productivo.
Os participantes neste proxecto foron, ademais recibidos, polo Presidente da Deputación da Coruña.
VISITA CULTURAL Á CIDADE DE BRAGA
O alumnado de 1º e 2º de BAC (latín e grego) realizou unha saída cultural á Cidade de Braga co fin de coñecer o seu patrimonio artístico e cultural. O progra da viaxe foi o seguinte:
16 de xuño. Percorrido polo complexo mineiro romano e visita ao seu Centro de interpretación.
17 de xuño. Xornada no parque acuático de Amarante.
18 de xuño . Visita aos museos seguintes: Museo Arqueolóxico municipal Diego de Sousa, Centro de interpretación das Termas de Bracara Augusta e Centro de interpretación da Fonte do Ídolo.
19 de xuño . Visita ao Museo Martín Sarmento de Guimeraes e ao Castelo e o Pazo dos duques de Bragança.
20de xuño . Estadía e visita para compras na Fortaleza de Valença do Minho
SORTEO DA RIFA PRO EXCURSIÓN FIN DE CURSO
NÚMERO GAÑADOR DO SORTEO DE BONOS PARA O SPA ATTICA 21 3406
ACOLLIDA ALUMNADO DE PRIMARIA
O venres, 7 de xuño, tivo lugar o acto de acollida do novo alumnado para o vindeiro curso 2019-2020. Participarton os colexios de primaria: Santa María, A Fraga, A Magdalena, A Capela e As Somozas.
Os rapaces e rapazas de primeiro da Eso actuaron como anfitrións representando diversas coreografías e desenvolvendo un xogo de pistas co fin de dar a coñecer as instalación do centro. Unha vez rematadas estas actividades ofreceuselles un almorzo saudable.
Finalizado o acto emprazámolos ata setembro desexándolles unhas boas vacacións e feliz verán!
SURF EN PANTÍN
O día 28 de maio o alumnado de 1º BAC e 2º ESO realizou unha saída á praia de Pantín (Valdoviño). Esta actividade, realizada polo Departamento de E.F., ten como obxectivo dar ao alumnado a oportunidade de practicar novos deportes como o "Surf".
TEATRO DINAMIZACIÓN
O espectáculo “Languaje Planning” é unha montaxe teatral a cargo da compañía OS QUINQUILLÁNS. Membros da LP, Language Plannig, chegan a Galicia para acabar co seu conflito lingüístico mediante o exterminio da CL, Conflicting Language, tentando impoñer unha nova orde lingüística mundial. A pesar do traballo feito pola LP ao longo da historia e da súa determinación por rematar co problema, as dificultades medran día a día. As TR, Tribos de Retranca, resultan impredicibles e a imposibilidade de guialas polo camiño marcado enche de contradicións o obxectivo de volver á base da LP co problema solucionado.
Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC e tivo lugar no cine ALOVI o 27 de maio de 2019.
CARS: EDUCACIÓN VIARIA
O día 28 de novembro, o alumnado de 1º e 2º ESO realizou unha saída ao circuíto de cars de As Pontes. Esta actividade tivo como fin dar a coñecer as normas básicas de condución e seguridade viaria. Esta saída puidose levar a cabo grazas ao patrocinio e colaboración do Concello de As Pontes.
SAÍDA AO CAMPUS DE LUGO
O día 31 de maio de 2019 o alumando de 4º da ESO realizou unha saída educativa á cidade de Lugo. O obxectivo desta actividade foi poñer en contacto aos estudantes coas posibles saídas académicas que este Campus de ofrece unha vez rematado o Bacharelato. Ademais dunha charla informativa sobre o tema, puideron visitar os edificios administrativos mais representativos .
ANDAINA POLAS FRAGAS DO EUME
O día 31 de maio de 2019 o alumnado de 3º da ESO realizou unha ruta de sendeirismo polas fragas do Eume. Ademais puideron visitar o museo etnográfico da Capela, o mosteiro de Caaveiro e a central da Ventureira. A devandita actividade tivo como finalidade fomentar os hábitos de vida saudable, coñecer o patrimonio histórico artístico da comarca e fomentar o uso de enerxías renovables.
PREMIO: "ACTIVIDADE CREATIVA" DO PROXECTA CLASES SEN FUME
O noso instituto participou no Proxecta "Clases sen fume" neste curso 2018-2019. O alumnado de 1º e 2º da ESO elaborou actividades para o devandito proxecta. O grupo de 1º ESO B obtivo un accésit de actividade creativa por un vídeo no que participaba todo o alumnado dese grupo dando algúns consellos sobre o hábito de fumar.
Parabéns e a seguir practicando hábitos saudables!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- seguinte ›
- última »