Benvida á web do IES Moncho Valcarce

                           

 

 

 

 

 

 

       Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce

          Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

           Teléfono 881 93 00 55   –   Fax 881 93 00 64   –   ies.moncho.valcarce@edu.xunta.gal

 

                     Horario de atención ao público: de 08:30 a 14:10 h, de luns a venres (Secretaría: 881 93 00 56)

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

Convocatoria de bolsas de estudo ["becas"]

 

para o próximo curso 2024-2025

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

Admisión de alumnado para o próximo curso 2024-2025

 

  • No taboleiro de anuncios do centro están expostas as listas do alumnado dos centros adscritos que reservou praza ou solicitou a admisión para o próximo curso en 1.º ESO, 4.º ESO e 1.º bacharelato.
  • Todo o alumnado que reservou praza ou solicitou a admisión (do 1 ao 20 de marzo) está admitido.
  • Postos escolares vacantes a 25 de abril de 2024:
      • 1.º ESO: 19.
      • 2.º ESO: 14.
      • 3.º ESO: 11.
      • 4.º ESO: 22.
      • 1.º bacharelato de Ciencias e tecnoloxía: 31.
      • 1.º bacharelato de Humanidades e ciencias sociais: 10.
      • 2.º bacharelato de Ciencias e tecnoloxía: 34.
      • 2.º bacharelato de Humanidades e ciencias sociais: 18.
  • Máis información na secretaría do centro: 881 93 00 56 (de 08:30 a 14:10 h).

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ 

 

 

 

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES DA 3ª AVALIACIÓN

 

 BACHARELATO: Semana do 22 ao 26 de abril

ESO: Semana do 21 ao 24 de maio

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ 

 

2.º curso CSQUI01 Laboratorio de análise e de control de calidade

 

Calendario de exames finais de xuño de 2024

 

 

DIGITAL TRANSFORMATION OF EDUCATION IN LITHUANIA

 

Profesorado do IES MONCHO VALCARCE participou na experiencia do fluxo de mobilidade a Vilna (Lituania), en abril de 2024. Nesta actividade  as persoas participantes puideron coñecer de primeira man a realidade educativa lituana, profundar na competencia dixital docente, dos centros educativos e do alumnado así como en temáticas de interese para aplicar nas aulas como a inclusión, o liderazgo, a intelixencia artificial e a realidade virtual. Ademais, visitaron o centro educativo de primaria “Sietuvos” e de secundaria “S. Nėries gimnazija”. Neles realizaron observación docente entre iguais, obradoiros e participaron en charlas coas direccións sobre o sistema educativo lituano e a organización escolar. Podedes coñecer máis detalles e ver fotos nalgunha das publicacións das nosas redes sociais.

 

II CONCURSO ESCAPARATE LITERARIO. DÍA DO LIBRO

 

Con motivo do Día do Libro, os Departamentos de LCL e LGL realizan un concurso literario que pretende achegar a lectura a todos os membros da comunidade escolar.

O alumnado participante mostrou a súa creatividade a través dos escaparates literarios. Desexamos que o próximo curso sexan cada vez máis os que participen nesta iniciativa.

 

PERCORRIDO TRAMO DO CAMIÑO FRANCÉS DE SANTIAGO. ETAPA PALAS DE REI-MELIDE

 

 

 O pasado 29 de abril de 2024, organizado polo departamento de Relixión, o alumnado de Segundo de Educación Secundaria percorreu o tramo do Camiño Francés de Santiago comprendido entre as localidades de Palas de Rei e Melide. Durante unha soleada xornada puideron visitar a Igrexa románica de San Xulián do Campo, a Igrexa gótica de Santa María de Leboreiro, a ponte medieval e a Igrexa de San Xoán de Furelos. A nosa peregrinación rematou repoñendo forzas cunha comida na vila de Melide. O vindeiro ano, máis e mellor!!!

 

25 ABRIL: DÍA MUNDIAL DO ADN

 

Co motivo da celebración do Día Mundial do ADN (25ABR), o alumnado de 1ºBACH de Anatomía Aplicada realizou unha serie de investigacións breves sobre a orixe da vida e as principais figuras científicas relacionadas cos experimentos e teorías máis relevantes neste eido. Ademais, o alumnado de 4ºESO de Bioloxía e Xeoloxía colaborou coa construción de maquetas da célula eucariota e da molécula de ADN, nas que se poden apreciar os seus principais compoñentes. Para concluír a semana do ADN, realizaranse no Club de Ciencias extraccións do ADN dos amorodos e dos kiwis.

 

TÁBOA PERIÓDICA LITERARIA. DÍA DO LIBRO

 

O 24 de abril celébrase o Día do Libro, unha data que serve para achegarse aos distintos escritores e escritoras tanto do panorama nacional como do internacional. O noso alumnado realizou un proxecto interdisciplinar na materia de LCL e F&Q realizando unha táboa periódica literaria. Os símbolos dos elementos da táboa periódica serviron para xogar cos nomes de distintos escritores e escritoras e achegarse a eles buscando información. Convidámosvos a botarlle un ollo!

 

CONCURSO PARNASO 2024

O noso alumno de 2º Bac A, Antón de la Fuente Vivero, acudiu o pasado venres 12 de abril á  Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago para participar nas probas do Concurso Parnaso. O estudante tivo por diante tres horas para traducir un texto de Claudio Eliano e responder a varias cuestións sobre morfoloxía, sintaxe e etimoloxía, e relacionar un texto clásico cos valores da vida actual. Participar en tan prestixiosa proba de grego  é meritorio xa que esixe un nivel de preparación moi alto. Parabéns a Antón por o seu esforzo e disposición.

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2024

 

         

Co fin de conseguir que os nosos alumnos/as, a través das Matemáticas, se expoñan a un reto consigo mesmo e cos demais, o alumnado tivo que resolver enigmas mediante o razoamento matemático no concurso “ II Olimpíada matemática do IES Moncho Valcarce” .

O concurso consistiu en contestar, durante 75 minutos, a un TEST DE 30 PREGUNTAS en orde crecente de dificultade.

Parabéns a todos os gañadores e participantes!

 

CHARLA ORIENTACIÓN PROFESIONAL: IES LOIS PEÑA NOVO

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmonchovalcarce/system/files/recorte_7.JPG 

O instituto Lois Peña Novo de Vilalba presentou ao noso alumnado os novos ciclos formativos de grao medio e de grao superior  de Formación Profesionais para o vindeiro curso. Tamén informaron sobre outras opcións formativas como o bacharelato semipresencial, e a formación CAULE en Inglés.

O alumnado precisa coñecer diferentes opcións formativas para tomar decisións que lle permitan integrarse no mundo laboral.

 

VISITA A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE HELMUT NEWTON E Á MOSTRA "PICASSO PROTAGONISTA: VIÑETAS NO CÓMIC ESPAÑOL CONTEMPORÁNEO"

O día 11 de abril do 2024 o alumnado das materias de TIC e TEC de 1º BAC e de TIC de 2º de BAC fixo unha visita a exposición fotográfica de Helmut Newton e mostra "Picasso protagonista: Viñetas no cómic español contemporáneo", no porto e na fundación Abanca de a Coruña .

Fixemos unha visita guiada polas salas máis importantes da exposición e logo o alumnado fixo un taller de fotografía. Despois fomos ata fundación Abanca onde practiciparon nun escape room pola mostra "Picasso protagonista: Viñetas no cómic español contemporáneo".

 

Distribuir contido