SEMANA DAS MATEMÁTICAS

 

 Durante a semana do 11 ao 15 de Marzo a comunidade educativa do Ies Moncho Valcarce puido contemplar nos corredores do centro distintos cartaces con información relevante das matemáticas e a súa aplicación á vida diaria, así como unha exposición de xogos de lóxica.  A maiores o alumnado dos distintos cursos tamén axudou a crear infografías de matemáticos famosos ao longo da historia.

MASTERCLASS FÍSICA DE PARTÍCULAS

 

 

Tres alumnos e máis a profesora de Física desprazáronse a Facultade de ciencias da UDC para asistir á Masterclass de física de partículas organizada polo IGFAE e UDC. Durante o día  tratanse contidos sobre física de partículas impartida por doctorados e científicos que traballan en diversos proxectos dependentes do CERN , o alumnado participa dunha nunha identificación de distintas partículas ( neutrinos, positróns etc...)e durante a tarde intercambiaronse e analizaronse  datos via videoconferencia en inglés con alumnado procedente doutros centros educativos  ( Madrid, Irán, Atenas , Marruecos ) e investigadores do CERN.

A actividade achega o traballos de investigación actuais e punteiros no campo da Física  de partículas ao alumnado de bacharelato que está a descubrir en 2ºBach os campos de física cuántica e relativista en aplicación ao estudio do universo e do mundo microscópico. Todo iso de man de investigadores , moitas veces anónimos ,pero cunha pegada social indispensable para o desenvovemento tecnolóxico ,social e económico . Recordamos así que sen ese traballo e inversión en recursos humanos e económicos non poderíamos ter , por exemplo aWWW (World Wide Web) ,  aplicacións tecnoloxías como PET para diagnose de algúns tipos de cancro etc...

 

 

CONCURSO ODISEA 2024

 

 

O noso alumnado do Bacharelato de Humanidades participou de novo no Concurso Odisea, organizado pola Sociedade de Estudos Clásicos, na Sección galega: 315 equipos de 50 centros galegos navegaron pola red enfrontándose ás preguntas publicadas na página web do concurso os días 15, 16, 17 y 18 de xaneiro. Os nosos equipos do Moncho, “los Dióscuros” y “Los tres Olímpicos”, como modernos héroes, buscaron as respostas achegándose aos coñecementos sobre A alimentación en Grecia e RomaUnha experiencia moi positiva: no mes de marzo Carla, Ismael, Loisla, Alejandro e Antón recibiron os premios polos seus bos resultados na clasificación local. Parabéns!

 

NOMEALAS PARA EXISTIREN (8 M)

 

Para celebrar este ano o 8 M, o Día Internacional da Muller, o Departamento de Normalización Lingüística co apoio da Biblioteca do centro e o Departamento de Galego, pretende homenaxear ás nosas mulleres coa actividade que leva por nome “ As nosas mulleres, nomealas para existiren”.

 Nesta actividade, o alumnado realizou unha infografía sobre aquelas mulleres do concello das Pontes , de onte e hoxe, pioneiras por desempeñar actividades habitualmente consideradas de  homes, por ser as primeiras en acceder ao mundo da cultura, por ser pioneiras en conseguir recoñecementos nos diferentes ámbitos sociais e do saber, ou simplemente por ser mostra de coraxe ante situacións adversas.  Grazas ao traballo de investigación realizado polo alumnado, a quen felicitamos polo seu traballo, fomos quen de poder expoñer na entrada principal do instituto un recoñecemento a todas elas, coa súa foto, datos biográficos  e logros acadados por elas.

  

ORIENTACIÓN ACADÉMICA: CHARLA SOBRE A ABAU

 

Francisco Javier López González, profesor e asesor da universidade de Santiago de Compostela, no campus  de Lugo foi o encargado de impartir a charla dentro do programa “ A ponte entre o ensino medio e a universidade”. O alumnado recibiu información sobre como se realizan  as probas de ABAU e como se fai a inscripción na universidade.Tamén realizou un percorrido virtual pola universidade de Santiago de Compostela.  É necesario que o alumnado reciba información sobre os estudos superiores para que coñeza as diferentes ofertas educativas e poda tomar decisións de xeito autónomo e reflexivo.

 

VISITA DIDÁCTICA A LUGO: FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

 

 

O xoves 29 de febreiro un grupo de alumnas e alumnos de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato (Humanidades) fixeron una saída a Lugo para ver a traxedia de Sófocles “Edipo Rey", interpretada polo grupo galego Noite bohemia. Todos e todas gozaron moito do teatro clásico nunha cidade tan fermosa como Lugo (Lucus Augusti) ademáis de contemplar a muralla romana, o famoso mural de Xulio César e visitar o Museo Provincial.

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

 

 

O día 23 de febreiro o alumnado do centro levou a cabo unha homenaxe á escritora Rosalía de Castro coincidindo coa data do seu nacemento.  Proxectáronse vídeos feitos por elas e eles e recitaron poemas da escritora galega. Foi a nosa forma de renderlle homenaxe.

 

DIA DE ROSALÍA

 

Como cada ano, o 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Nesta ocasión, propoñemos un concurso de marcapáxinas relacionada cos poemas da autora, que estarán colgados na entrada principal do instituto durante toda a semana, e unha homenaxe  no salón de actos do instituto , o venres 23. Ademais,este día entregamos os agasallos do concurso de marcapáxinas do Día de Rosalía, 2024 , que están expostas toda a semana do 23 no taboleiro da entrada do instituto.  Estas actividades están organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística do centro, coa colaboración do Departamento de Tecnoloxía, e  nelas  pode participar todo o alumnado .

ENTREGA DE PREMIOS: DILLO COA LINGUA

 

 Hoxe, luns 19 de febreiro, tivo lugar no salón de actos a entrega de premios das cartas do concurso "Dillo coa lingua". Dámos a noraboa ás gañadoras e as grazas a todos os participantes.

  

FESTIVAL DO ENTROIDO

 

Un ano máis a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce celebrou a chegada do entroido cun festival no que actuou alumnado da ESO e profesorado. Interpretáronse e bailáronse cancións de todos os estilos e gracias á anpa “Brixeo”  e ao concello degustamos orellas , freixós e chocolate.

Grazas a todos pola vosa participación.

 

Distribuir contido