NADAL 2023-2024

 

 

Un ano máis o IES Moncho Valcarce dálle a benvida ao nadal e para elo engalanamos a entrada do noso centro dun xeito navideño  para celebrar estas festas.

Bo nadal a todas e a todos!!! 

 

VISITA A ENDESA

O alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de calidade visitou nesta semana dous enclaves básicos para comprender e poñer de manifesto o desenvolvemento industrial de As Pontes: o Centro de Interpretación da Mina onde puideron comprender a evolución dende a explotación do xacemento mineiro ata o lago actual, e o Centro Tecnolóxico da Enerxía (Laboratorio de Endesa, Enel) onde puideron observar de preto a importancia da aposta pola tecnoloxía, o análise químico e físico como pilares fundamentais para o  desenvolvemento industrial.

 

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SOCIAL

 

As actividades realizadas buscan promover a educación sexual dende o plano afectivo, aprendendo a respetar  os sentimentos alleos  no plano das relacións persoais. É importante que os rapaces e rapazas coñezan a realidade das relacións sexuais baseadas no respecto . Coa actividade preténdese ensinar  ao alumnado  a descubrir as súas necesidades e sentimentos pero tendo como obxectivo o consentimento mutuo.

 

CALENDARIO DE ADVENTO

Calendario de Advento Científico realizado polo alumnado do Club de Ciencias, en colaboración cos grupos de 3ºESO C e 4ºESO A da materia de Bioloxía e Xeoloxía. Durante o mes de Nadal, cada día lectivo abrirase un sobre, o cal contén unha breve historia sobre unha muller científica e os seus logros neste eido, coa intención de divulgar a súa obra a toda a comunidade educativa. Marie Curie, Margarita Salas, Rosalin Franklin, Elena García Armada… están desexando contarvos a súa historia!

 

6 DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN

 

Un ano máis o IES MONCHO VALCARCE conmemora o 6 de decembro, Día da Constitución, cunha pequena homenaxe na entrada do noso centro. Alí temos exposto un exemplar da Constitución para que todo o alumnado que mostre interese en consultala, poda facelo.

 

CONTE AVEC MOI (CONTACONTOS EN FRANCÉS)

 

Samuel,contacontos de orixe camerunés presenta unha actividade dirixida ao alumnado de francés de 1º e 2º de ESO. Trátase de tres relatos curtos nos que o contacontos fai intervir ao alumnado e amósalles dun xeito sinxelo unha aprendizaxe ou consello en cada conto. A actividade desenvólvese cun certo aspecto lúdico que fai que resulte moi divertida.

 

COLABORACIÓN CO CPI ATIOS DE VALDOVIÑO

 

 

O alumnado do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e de Control de Calidade colabora co CPI Atios de Valdoviño contra a Violencia de Xénero, publicitando os logos deseñados polo alumnado do devandito centro.

 

VESTIDOS DE NEGRO POLO 25N

 

O alumnado do IES MONCHO VALCARCE vestiu de negro este venres como mostra de solidaridade co Violencia de Xénero.

 

CONMEMORACIÓN DO 25N

 

Un ano máis o IES Moncho Valcarce conmemora o día 25 N, día contra a violencia de xénero e quere mostrar a súa solidariedade coas vítimas desta lacra. Se todos colaboramos en denunciar estas situacións, antes remataremos co problema. Este ano contamos coa colaboración do Concello que tivo a ben instalar no centro un punto violeta de información sobre dito tema ao que acudiu o alumnado do noso centro.

 

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

 

O noso alumnado dos cursos superiores da ESO e de BAC deron a coñecer co seu traballo a todo o alumnado do IES MONCO VALCARCE a importancia dos nosos investigadores no campo da medicina, de onte a hoxe, como contribución á semana da ciencia en galego.

 

Distribuir contido