ACOLLIDA ALUMNADO DE PRIMARIA

 

O venres, 7 de xuño, tivo lugar o acto de acollida do novo alumnado para o vindeiro curso 2019-2020. Participarton os colexios de primaria: Santa María, A Fraga, A Magdalena, A Capela e As Somozas.

Os rapaces e rapazas de primeiro da Eso actuaron como anfitrións  representando diversas coreografías e desenvolvendo un xogo de pistas co fin de dar a coñecer as instalación do centro. Unha vez rematadas estas actividades ofreceuselles un almorzo saudable. 

Finalizado o acto emprazámolos ata setembro desexándolles unhas boas vacacións e feliz verán!

 

SURF EN PANTÍN

O día 28 de maio o alumnado de 1º BAC e 2º ESO realizou unha saída á praia de Pantín (Valdoviño). Esta actividade, realizada polo Departamento de E.F., ten como obxectivo dar ao alumnado a oportunidade de practicar novos deportes como o "Surf".

 

TEATRO DINAMIZACIÓN

 

O espectáculo “Languaje Planning” é unha montaxe teatral a cargo da compañía OS QUINQUILLÁNS. Membros da LP, Language Plannig, chegan a Galicia para acabar co seu conflito lingüístico mediante o exterminio da CL, Conflicting Language, tentando impoñer unha nova orde lingüística mundial. A pesar do traballo feito pola LP ao longo da historia e da súa determinación por rematar co problema, as dificultades medran día a día. As TR, Tribos de Retranca, resultan impredicibles e a imposibilidade de guialas polo camiño marcado enche de contradicións o obxectivo de volver á base da LP co problema solucionado.

Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC e tivo lugar no cine ALOVI o 27 de maio de 2019.

CARS: EDUCACIÓN VIARIA

 

O día 28 de novembro, o alumnado de 1º e 2º ESO realizou unha saída ao circuíto de cars de As Pontes. Esta actividade tivo como fin dar a coñecer as normas básicas de condución e seguridade viaria. Esta saída puidose levar a cabo grazas ao patrocinio e colaboración do Concello de As Pontes.

SAÍDA AO CAMPUS DE LUGO

 

 O día 31 de maio de 2019 o alumando de 4º da ESO realizou unha saída educativa á cidade de Lugo. O obxectivo desta actividade foi  poñer en contacto aos estudantes coas posibles saídas académicas que este Campus de  ofrece unha vez rematado o Bacharelato. Ademais dunha charla informativa sobre o tema, puideron visitar os edificios administrativos mais representativos .

ANDAINA POLAS FRAGAS DO EUME

 

O día 31 de maio de 2019 o alumnado de 3º da ESO realizou unha ruta de sendeirismo polas fragas do Eume. Ademais puideron visitar o museo etnográfico da Capela, o mosteiro de Caaveiro e a central da Ventureira. A devandita actividade tivo como finalidade fomentar os hábitos de vida saudable, coñecer o patrimonio histórico artístico da comarca e fomentar o uso de enerxías renovables.

PREMIO: "ACTIVIDADE CREATIVA" DO PROXECTA CLASES SEN FUME

 

 

O noso instituto  participou no Proxecta "Clases sen fume" neste curso 2018-2019. O alumnado de 1º e 2º da ESO elaborou actividades para o devandito proxecta. O grupo de 1º ESO B obtivo un accésit de actividade creativa por un vídeo no que participaba todo o alumnado dese grupo dando algúns consellos sobre o hábito de fumar. 

Parabéns e a seguir practicando hábitos saudables!!!

SAÍDA CULTURAL BILBAO-SAN SEBASTIÁN

 

 

A madrugada do 15 de maio un grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato embarcámonos nunha viaxe con destino a Bilbao e San Sebastián.

Primeira parada en Bilbao, da man de Marta, a guía turística que nos desvelou os segredos máis intrigantes da parte antiga da cidade. Pola tarde fomos coñecer a ampla colección do Museo de Belas Artes, despois de pasear polo parque de doña Casilda.

Ao día seguinte e, despois dun merecido descanso, chegamos ao Guggenheim. Mágoa que o Puppy estaba “cambiando de pelo” e só puidemos ver a estrutura limpa de flores tras as estadas. Á tarde visitamos o edificio da  Alhóndiga coas súas impresionantes columnas, subimos no funicular ao monte Artxanda, onde disfrutamos das vistas da cidade e, para pechar o día, colámonos no paraninfo da universidade de Deusto para asistir á representación teatral Impacientes.

O venres 17 despedímonos de Bilbao dende o San Mamés, para seguir ruta cara a San Sebastián. Esa tarde achegámonos aos pes do monte Igueldo onde se atopa “Peine del Viento”, unha das obras máis coñecidas do escultor Eduardo Chillida. Deixamos a praia Ondarreta para continuar pola Concha coñecendo de paso o palacio de Miramar e a Perla. Despois dunha parada no Centro internacional de cultura contemporánea de Tabakalera, continuamos o paseo ata chegar ao teatro Victoria Eugenia e ao famoso hotel María Cristina onde se aloxan as estrelas que acoden ao Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Aínda que esa noite os donostiarras esqueceron colocarnos a alfombra vermella, entramos ao Kursaal a ver o musical La familia Adams.

A choiva fixo que anuláramos o noso paseo en bici, polo que tivemos que buscar un plan alternativo para a mañá do sábado 18. Con tan boa sorte que unha representación dos Guerreiros de Xián desembarcou en Pasaia, a poucos quilómetros de San Sebastián, e puidemos disfrutar desa exposición.

Despois de comer, emprendemos xa a viaxe do volta. Dende o departamento de Debuxo pensamos que é necesario crear no noso alumnado o hábito de visita a exposicións e Museos, ademais de contribuír a espertar a curiosidade por coñecer novos lugares, abrir a mente, potenciar a capacidade de adaptación a novas situacións dende a autonomía..

VIAXE CULTURAL A MADRID

 

 O alumnado de 3º da ESO realizou unha saída a Madrid que tivo lugar entre os días 15 e o 19 de maio. Visitáronse sitios tan emblemáticos como o Palacio Real, a Catedral da Almudena, o Mosteiro do Escorial, a Praza Maior, a Porta do Sol, Museo do Prado, Reina Sofía e Porta de Alcalá. Ademais, tamén se visitaron os exteriores do Congreso dos Deputados, a Biblioteca Nacional e a sede da Real Academia Española. Finalmente, asistiron a unha representación do musical “ O Rey León” e realizaron unha visita ao parque da Warner.

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO!!!

  • ALUMNADO 1º E 2º BAC

O luns, 27 de maio, haberá unha charla de ORIENTACIÓN da ABAU a cargo de Mª Carmen Lorenzo (Xefa do Negociado do LERD do Campus de Ferrol)

Lugar: Salón de Actos do instituto

Hora: 10.30h a 12.10h. para o alumnado de 2º de BAC

          12.30h. a 13.20 h., para o alumnado de 1º de BAC

RECORDATORIO PARA ALUMNADO INSCRITO Á PROBA DE ACCESO A CICLOS

 O martes, 28 de mai, será o exame para acceder a ciclos de GRAO MEDIO no IES Rodolfo Ucha (Ferrol)

 

Distribuir contido