Novas destacadas

Erasmus +

Ábrese o proceso de inscrición para a participación no programa Erasmus + do IES Monte da Vila. As prazas dispoñibles son as seguintes:

  • 3 prazas para alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, para realizar unha estadía de 100 días en Rétino, na illa de Creta (Grecia).
  • 2 prazas para o alumnado do ciclo de FPB de Servizos Administrativos, para realizar unha estadía de 62 días en Braga (Portugal).

Deberán entregarse as solicitudes no prazo de 5 días laborais, a contar a partir do día 18 de xaneiro, luns. A partir da finalización deste prazo, comezará o proceso de selección. Publicarase nesta páxina en vindeiras datas a listaxe de persoas seleccionadas e a orde correspondente na listaxe de espera das persoas non seleccionadas.
 
Os criterios de selección indícanse a continuación:

  • Expediente académico (30 %)
  • Coñecemento de idiomas (30 %)
  • Méritos (10 %)
  • Entrevista persoal (20 %)
  • Interese polo programa Erasmus (10%)

En caso de empate, os criterios de desempate serán, por esta orde:

  • A maior puntuación no expediente
  • A maior puntuación en formación de idiomas

En caso de continuar empatados, o desempate determinarase por sorteo.

Baremo

1) EXPEDIENTE ACADÉMICO (30 %)
 
Valorarase ata un máximo de 3 puntos, calculando a media aritmética das cualificacións obtidas nas materias do ciclo formativo de grado medio.

  • De 6 a 6,99. Aprobado. 1 punto.
  • De 7 a 8,99. Notable. 2 puntos.
  • De 9 a 10 Sobresaliente. 3 puntos.

Non se terán en conta as cualificacións convalidadas.
 
2. COÑECEMENTOS DE IDIOMAS (30 %)
 
2.1. Certificados de nivel do idioma do país de destino (ou inglés no seu defecto, por exemplo no caso de Grecia). Por certificado oficial da Escola Oficial de Idiomas ou un equivalente legalmente homologado. Sumarán ata un máximo de 3 puntos.

  • A1: 1 punto.
  • A2: 1,5 puntos.
  • B1: 2 puntos.
  • B2: 2,5 puntos.
  • C1 o C2: 3 puntos.

Sen certificado oficial: realización dunha proba de nivel (escrito + oral), ata un máximo de 1 punto.
 
2.2. Baremo dun segundo idioma
 
Valorarase o coñecemento de outro idioma cun nivel mínimo de A2 e coa acreditación dun certificado oficial, da mesma forma que para un idioma vehicular do país de destino (ou inglés no seu defecto), ata un máximo de 1 punto:

  • A2: 0,5 puntos
  • B1, B2, C1, C2.: 1 punto

A puntuación máxima que pode obterse neste apartado é de 3 puntos.
 
3. MÉRITOS (10 %)
 
Valorarase con 0,5 puntos cada título de formación profesional de grado medio diferente ao que da acceso á mobilidade, ata un máximo de 1 punto, en caso de FP Básica este punto non é aplicable.
 
4. ENTREVISTA PERSOAL (20 %)
 
Habilidades persoais e sociais suficientes para desenvolverse en contornas distintas das habituais. Valorarase a participación en programas de voluntariado.
 
5) INTERESE POLO PROGRAMA ERASMUS (10%)
 
Proba de coñecemento do programa Erasmus e de toda a información que recibiu na fase previa a este proceso selectivo.

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado no IES

Informámosvos de que se publicou unha orde na que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21

Podedes vela no seguinte enderezo: ORDE publicada, o 13 de novembro de 2020, no DOG

Se premedes na imaxe poderedes ver un resumo cos puntos máis importantes

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO

Estimadas familias, o curso 2020 - 2021 comeza e temos que adaptarnos ás novas normas derivadas da situación actual que estamos a vivir en todo o mundo. Pedimos a súa colaboración, como parte fundamental na educación do noso alumnado, para axudar a que se cumpran as medidas establecidas no plan de adaptación á situación covid19 no curso actual ao que poderán ter acceso nos vindeiros días. 
 
Ante todo, queremos transmitir que o mes de setembro está sendo moi complicado pola indecisión e tardanza da Consellería á hora de enviar profesorado. Inicialmente concedíannos soamente un docente, pero despois de moito insistir, conseguimos un segundo, que nos garantiza a PRESENCIALIDADE PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
 
Achégase o novo CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS, no que se modifica o horario con respecto á anterior información. Recorden que despois da presentación CONTINUARÁN AS CLASES DURANTE TODA A XORNADA e vindeiros días.
 

  • Mércores 23
    • 8:45h: 1º de ESO
    • 12:00h: 2º de ESO
    • 14:00h: 1º BACH e 1º de ciclo medio de SMR
  • Xoves 24
    • 8:45h: 3º de ESO
    • 12:00h: 2º BACH e 2º de ciclo medio de SMR
  • Venres 25
    • 8:45h: 4º de ESO e 1º e 2º de FP Básica

 
Haberá servizo de transporte para o alumnado que teña a presentación á 1ª hora e para todo o alumnado á hora da saída.
 
O día previo á presentación recibirán a través de Abalar Móbil información sobre o grupo que lle corresponde a cada alumno/o, polo que deberían estar pendentes da aplicación. Haberá tres ringleiras á entrada do centro, para cada un dos grupos. Recorden que os pais/nais non poden entrar no recinto escolar.
 
Para coñecer o horario exacto no que o autobús pasa por cada unha das paradas, consultar no grupo da ANPA. Nós a información da que dispoñemos é que a liña de Porto Meloxo chega ao centro ás 8:25 aproximadamente e as demais liñas ás 8:40.
 
Mentres non publiquemos na web o protocolo mencionado anteriormente e, tendo en conta que é un documento algo extenso, queremos compartirlles un resumo desas medidas que consideramos deben ler e ter presente antes de comezar o curso, tanto os alumnos e alumnas como as familias.
 
Hai 3 actuacións a desenvolver durante toda a xornada lectiva que nos parece que se deben ter presentes e non esquecer en ningún momento:

  1. No centro educativo todas as persoas deben manter a distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros.
  2. O uso da máscara é obrigatorio como medida de protección individual e colectiva en todo momento. (Tamén é obrigatorio levar unha de reposto nun estoxo). 
  3. A hixiene de mans como principal xeito de protexernos de posibles contaxios por contacto de obxectos ou persoas.

 

Benvid@s ao curso 2020/2021 
 
Poden acceder ao resumo das medidas de protección e ás normas de comezo de curso no documento adxunto.

 

Tamén poden consultar os diferentes plans que temos elaborado en relación á COVID-19 no noso instituto:

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID DO IES MONTE DA VILA

PLAN DE CONTINXENCIA DO IES MONTE DA VILA

Calendario de setembro

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA  CURSO 2019-2020 

  • As probas terán lugar os días 1 e 2 de setembro de 2020 segundo o horario establecido. 
  • As probas desenvolveranse nas Aulas de Usos múltiples, 1º bacharelato C ou aulas específicas. 
  • As probas das materias pendentes realizaranse á mesma hora que a do curso actual. 
  • A data prevista para a entrega de cualificacións é o xoves 3 de setembro ás 13 h. 
  • Reclamacións ás cualificacións ata as 13 h. do luns 7 de setembro. 
  • Matrícula ESO e Bacharelato: Venres 4 setembro, de 9 a 14 h. 
  • Transporte escolar: Non haberá servizo de transporte escolar ata o comezo das actividades lectivas. 
  • Modificacións: Calquera modificación a este calendario será actualizada, tanto na páxina web do centro coma no taboleiro de anuncios. 

Consulta horarios e datas de exame no ficheiro adxunto.

Libros de Texto Curso 2020/2021

A listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021 atópase dispoñible no seguinte arquivo.

ADMISIÓN GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2020-21

CONVOCATORIA ADMISIÓN GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

FORMACIÓN PROFESIONAL

 CURSO 2020-2021

Dirección do enlace:

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2020-2021

Na dirección de enlace figuran:

  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web.
  • Vídeo de axuda para realizar a solicitude.
  • Asistente informático para realizar a solicitude.
  • Instrucións xerais do proceso de admisión.
  • Oferta actualizada 2020-2021.

Tamén é importante consultar as instrucións xerais do proceso de admisión para o réxime ordinario, como os prazos e datas, no seguinte documento.

CALENDARIO MATRÍCULA XULLO 2020

(para o alumnado que promocione ou titule en xuño)

Pensando na seguridade das persoas, é moi importante respectar as datas de matrícula que figuran a continuación para cada un dos niveis educativos. Grazas pola colaboración.

DATA NIVEL DATA NIVEL
1 de xullo 2º BACHARELATO 6 de xullo 3º ESO
2 de xullo 1º BACHARELATO 7 de xullo 2º ESO
3 de xullo 4º ESO 8 de xullo 1º ESO
9, 10 de xullo Poderá formalizar matrícula o alumnado que non puido facelo con anterioridade.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS, DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

A entrega de cualificacións terá lugar o martes 23 de xuño e o xoves 25 de xuño na aula de referencia do grupo, segundo o horario que figura a continuación.

O alumnado esperará no patio e entrará no centro acompañado do profesorado titor, con mascarilla, mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións do persoal do centro. É necesario que todo o alumnado traia un bolígrafo.

Na aula, o profesorado titor entregará, ademais do boletín de notas, o sobre de matrícula ao alumnado que promocione de curso na convocatoria de xuño, para evitar aglomeracións en Secretaría. O alumnado poderá recoller outro tipo de material que aínda estea no centro (patíns, material de plástica,...), pero debe esperar ás instrucións do profesorado titor.

Devolverase todo o material (fondo libros, ANPA) seguindo as instrucións do profesorado titor.

É obrigatorio devolver todos os libros do fondo. Unha vez que o profesorado titor comprobe que se devolveron, poderanse levar de novo en préstamo os libros das materias que o alumnado teña que recuperar en setembro.

Martes 23 de xuño Xoves 25 de xuño
HORA GRUPO HORA GRUPO
    10:00 3º ESO A
10:30 1º ESO A 10:20 4º ESO A
11:00 1º CM SMR 10:40 1º FPB
11:20 2º ESO A 11:00 3º ESO B
11:40 2º CM SMR 11:20 4º ESO B
12:00 1º ESO AB 11:40 1º BACH. A
12:30 2º ESO B 12:00 3º ESO C
12:50 1º ESO B 12:20 1º BACH. C
13:10 2º ESO AB 12:40 2º FPB
    13:00 1º BACH. B

 

RECLAMACIÓNS:

As reclamacións terán que presentarse dentro das 48 horas seguintes á entrega das cualificacións.

Matrícula nas ABAU

Proceso de matrícula ordinaria nas ABAU para o alumnado de 2º de bacharelato.

O prazo para entregar a documentación no centro será entre o día 10 e 17 de xuño.

Documentación:

  • Copia do DNI en vigor.
  • Impreso de matrícula ABAU.
  • Resgardo de pagamento de taxas título de bacharelato (pedir modelo de taxas en secretaría).
  • Resgardo de pagamento de taxas ABAU.

 A documentación cumprimentarase a través dos modelos publicados pola CIUG a excepción do modelo de taxas do título de bacharelato.

 Enlace á web da CIUG. https://ciug.gal/gal/abau

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020

INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBA DE ACCESO

IMPORTANTE LER CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS

Xa está dispoñible a asignación de sede para as probas. Consulta aquí: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8668

Para o IES Monte da Vila a asignación de centro-sede é o IES Luis Seoane (Pontevedra)

Actualizaronse as datas das probas de acceso a ciclo e medio e superior.

  • As probas de acceso a ciclos de grado medio serán o 10 de xuño de 2020.
  • As probas de acceso a ciclos de grado superior serán o 11 de xuño de 2020.

Consulta o documento adxunto para saber os documentos que precisas e como se desenvolverán as probas.

Consulta as convocatorias:

Distribuir contido