Novas destacadas

Exames finais e pendentes de ESO, BAC e Ciclos_2022_23

A información de materias pendentes foi actualizada o 27/10/22 ás 20:45.

A información de exames finais foi actualizada o 24/05/23.

Calendario fin de curso

As clases rematan o martes 22 de xuño no seu horario habitual.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS

As calificacións serán enviadas por abalar o día 23 de xuño.

A entrega de boletíns realizarase seguindo o seguinte horario:

  • 2º bacharelato - 23 de xuño ás 12:00 h. na aula de referencia.
  • Resto dos niveis - 24 de xuño ás 10:00 h. na aula de referencia.

Importante: Non haberá servizo de transporte.

O alumnado debe estar pendente os días previos ao remate das clases das instrucións que dea o profesorado titor e outros profesores e profesoras sobre a devolución de libros de texto e outros materiais, xa que algúns libros son do fondo, outros dos departamentos e outros da ANPA.

CALENDARIO DE MATRÍCULA

O día de recollida de notas entregarase ao alumnado que titule ou promocione (aprobe todas as materias) en xuño o sobre de matrícula e matricularase por niveis nas datas que figuran a continuación, para evitar aglomeracións no centro:

1 de xullo 1º ESO
2 de xullo 2º ESO
5 de xullo 3º ESO
6 de xullo 4º ESO
7 de xullo 1º BACHARELATO
8 de xullo 2º BACHARELATO

No caso de ter algún impedimento para acudir os días asignados, contacten co centro para ver cando poden facelo

Fondolibros e axudas para material escolar 2021/22

Abriuse o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar “Fondolibros”, que poderán realizarse ata o día 22 de xuño

Dado que o vindeiro curso o centro ampliará a participación no programa E-DIXGAL a todos os cursos da ESO, e que o alumnado recibirá un ordenador portátil, o noso centro está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, o alumnado terá dereito á axuda para adquirir material escolar. 

A realización de solicitudes pode realizarse de forma electrónica, a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

No caso de realizala de forma presencial, rogamos entreguen a documentación cuberta a ordenador.
Pregamos ás familias que, se é posible, se axusten ás seguintes datas para a entrega da documentación do fondo de libros, segundo o curso para o cal realicen a solicitude da axuda, co fin de evitar aglomeracións:

  • 1º ESO: 25 de maio. 1, 7 , 11 e 17 de xuño
  • 2º ESO: 26 de maio. 2, 8, 16 de xuño.
  • 3º ESO: 27 de maio. 3, 9, 15 de xuño.
  • 4º ESO: 28 de maio. 4, 10, 14 de xuño.

Reclamación de cualificacións

RECLAMACIÓNS CURSO 2020/21

As datas e o procedemento para a reclamación de cualificacións para o curso 2020/21 son as seguintes:

RECLAMACIÓN DE 2º BACH – CONVOCATORIA ORDINARIA

Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 18 de maio de 2021.

Reclamación no centro: 19 e 20 de maio de 2021 (ata as 14h).

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 21 de maio ás 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 21 de maio.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 24 e 25 de maio ata as 14h.

RECLAMACIÓN DE 2º BACH – CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 23 de xuño de 2021.

Reclamación no centro: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14h).

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 28 de xuño ata as 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 28 de xuño.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 29 e 30 de xuño ata as 14h.

RECLAMACIÓN ESO, 1º BACH e FP – CONVOCATORIA ORDINARIA

Publicación das cualificacións a través da plataforma abalar: 23 de xuño de 2021.

Reclamación no centro: 24 e 25 de xuño de 2021 (ata as 14h)

Entrega de resolución dos departamentos a xefatura de estudos: 28 de xuño ata as 14h. Entrega ao alumnado ás 14h do 28 de xuño.

Prazo para a reclamación do alumnado ante á Inspección educativa: 29 e 30 de xuño ata as 14h.

 

NORMATIVA APLICABLE

ORDE de 2 de marzo de 2021

Circular 2/2021 da Secretaría de Educación e Formación Profesional

 

Prematrícula ESO/BAC Curso 2024/25 - Información

ITINERARIOS

O próximo curso 2024/25 entra a LOMLOE en todos os cursos.

PREMATRÍCULA

Podedes consultar a seguinte información por curso:

a) Impreso de prematrícula: todas as materias a escoller. Enlace en PDF. Enlace en Word.

b) Información facilitada polos departamentos sobre determinadas materias. Enlace a cada unha delas. O alumnado debe consultar co profesorado para ampliar a información.


1º ESO

Impreso prematrícula 1º ESO (PDF)

OptatividadeProxecto Competencial, Relixión


2º ESO

Impreso prematrícula 2º ESO (PDF)

OptatividadeProxecto Competencial, Relixión


3º ESO

Impreso prematrícula 3º ESO (PDF)

Troncais: Matemáticas Académicas Sección Bilingüe

EspecíficasCultura clásica, Educación DixitalFrancés, Oratoria, Proxecto competencial, Relixión


 

4º ESO

Impreso prematrícula 4º ESO (PDF)

Comúns:  

De opción:

Optativas:


1º BAC

Impreso prematrícula 1º BACH (PDF)

Continuidade entre materias 1ºBACH - 2ºBACH (Imaxe)

Obrigatorias e Opcionais de modalidade

Optativas:


2º BAC

Impreso prematrícula 2º BACH (PDF)

Continuidade entre materias 1ºBACH - 2ºBACH (Imaxe)

Obrigatorias e Opcionais de modalidade:  

Optativas:  

 

 

Máis información en DEPARTAMENTOS

Procedemento de admisión curso 2021/22

Faise público o procedemento de admisión do IES Monte da Vila para o curso 2021/2022 para ESO e Bacharelato.

Datas:

  • Presentación de solicitudes do 1 ó 22 de marzo.
  • Resolución provisional antes do 25 de abril.
  • Resolución definitiva antes do 15 de maio.
  • Matrícula:
    • 25 de xuño ó 10 de xullo (prazo ordinario).
    • 1 ó 10 de septembro (prazo extraordinario). 

O número de prazas e os detalles do procedemento poden consultarse no ficheiro adxunto.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2021

ORDE DE CONVOCATORIA

Orde do 21 de Xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021. Consulta a seguinte ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210209/AnuncioG0598-280121-0010_gl.html

Convocatorias

CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO

INSCRICIÓN PARA A PROBA DE ACCESO GRAO SUPERIOR 18 DE FEBREIRO AO 3 DE MARZO
INSCRICIÓN PARA A PROBA DE ACCESO GRAO MEDIO 15-26 DE MARZO
CELEBRACIÓN DA PROBA GRAO SUPERIOR 15 ABRIL
CELEBRACIÓN DA PROBA GRAO MEDIO 27 MAIO

Consulta todas as datas relevantes na seguite ligazón http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/9041

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN TELEMÁTICA GRAO MEDIO E SUPERIOR 

A solicitude é telemática e pode facerse na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

INFORMACIÓN DE INTERESE

Os lugares e sedes para a realización das probas están pendentes de publicación. Informaremos cando se fagan oficiais.

Consulta o documento adxunto para saber os requisitosdocumentos que precisas, o desenvolmento das probas, exames de convocatorias pasadas e familias profesionais de cada opción.

Resolución Erasmus +

Tras o proceso de selección, o alumnado das movilidades correspondentes é o seguinte:

CRETA (GRECIA)

  • 3 prazas para alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, para realizar unha estadía de 100 días en Rétino, na illa de Creta (Grecia).
  • SMR 2:
    • Castro Pérez, Rubén
    • Padín Troncoso, Iago
    • Soutullo Otero, Alberto

BRAGA (PORTUGAL)

  • 2 prazas para o alumnado do ciclo de FPB de Servizos Administrativos, para realizar unha estadía de 62 días en Portugal.
  • FPB2
    • Cerviño Fraga, Carmen
    • Gondar Soutullo, Pablo

 

Orde da listaxe de espera:
SMR2:

  • Otero Castro, Pablo

FPB2:

  • Cerviño Fraga, Lola
  • Casal Camacho, Esmeralda
  • Piñeiro Estévez, Candela
  • Domínguez Blanco, Francisco José
  • Cacabelos Ramos, Lara

Actualización NORMAS COVID a 27 de xaneiro 2021

Como consecuencia do aumento de casos COVID en Galicia e das novas normas publicadas pola Xunta de Galicia, actualizamos e informamos das normas aprobadas polo equipo COVID do IES Monte da Vila para evitar contaxios

NORMAS COVID A 27 DE XANEIRO DE 2021

 

 

Distribuir contido