Novas destacadas

Campionato Xogade de Campo a Través (2021-2022)

O xoves 18 de novembro o alumnado de 1º e 2º ESO participou no Campionato Xogade Campo a Través 2021-2022, celebrado en Baltar (Portonovo). A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física.

Ás 9:15 da mañá saíron do centro os alumnos e alumnas de 2º de ESO e ás 9:25 os de 1º cara o autobús para achegarmos a Portonovo, lugar da realización da carreira.

Trala entrega de dorsais e un pequeno quecemento, realizouse a carreira na contorna de Baltar cunha distancia de 1.300 metros e un terreo con moitos desniveis e curvas no seu trazado. A duración de cada proba foi de arredor duns 12 minutos ata que chegaron os últimos corredores e corredoras, cansos pero con moi boas sensacións.

Valórase como unha experiencia moi satisfactoria de actividade física en grupo, de valor cara o atletismo, loitando contra o sedentarismo e fomentando a igualdade de xénero e co obxectivo específico de facer que os nosos estudantes aprendan a correr a ritmo, a dosificar os esforzos e a gran importancia de ter unha boa base aeróbica e resistencia.

Despois de correr, voltamos á carpa habilitada para cambiarse, hidratarse e recuperar forzas cun avituallamento antes de regresar ó instituto, chegando ás 11:00 os grupos de 2º de ESO e ás 11:10 os grupos de 1º.

alumnado de 2º ESO chegando á meta

alumnado de 2º ESO chegando á meta

alumnado de 2º ESO chegando á meta

 

REPARTO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

REPARTO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021 procederemos dende o colexio ao reparto de máscaras entre o alumnado matriculado no centro

ALUMNADO DESTINATARIO QUE NON DEBE PRESENTAR SOLICITUDE

Alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

ALUMNADO DESTINATARIO QUE SI DEBE PRESENTAR SOLICITUDE

O alumnado que cumpra algunha das seguintes condicións:

* Pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€

* Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDE (só para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar):

* Descargar a solicitude en ODT ou PDF ou recollela no centro.

* Entregar a solicitude no centro escolar.

* Prazo: do 15 ao 26 de novembro de 2021



25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Obradoiro de estampación de camisetas para alumnado da ESO 

Organizado polo CONCELLO DO GROVE

Venres 19 a cargo da empresa Vella Escola, 25 prazas

Á hora da inscrición piden que cada participante lle adiante o texto ou a imaxe que quere estampar. 

Esta actividade está organizada polos CIM, Normalización linguística e pola OMIXI, lugar este onde se recolllen as inscricións ata completar prazas (OMIX, Casa do Concello, 2º andar. 986730609. omix@concellodogrove.es).

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO 2021-2022

NOTA: O alumnado de SMR tamén empeza o mércores 15

Admisión a ciclos formativos. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles (ciclos liberados)

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

No ciclo medio que se imparte no noso centro - Sistemas Microinformáticos e Redes - quedan dispoñibles 3 prazas.

Toda a información en: www.edu.xunta.es/fp

Recollida de vales de material escolar

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales de material escolar para o vindeiro curso 2021/2022.

A listaxe das axudas concedidas e denegadas está dispoñible no taboleiro da secretaría.

Distribuir contido