Skip to Content

Programa de actividades

Correlingua 2023

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou na festa do Correlingua 2023

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou nunha proposta de carácter lúdico-educativo, un acto de reivindicación do dereito a medrar en galego e a exercer como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.

Alumnos de 16 centros participaron na festa do Correlingua. Praza de Santa María.

Conmemoración do día do libro

O xoves 20 de abril, co motivo da celebración o día 23 de abril do día do libro, acompañounos a escritora Ánxela Gracián, que falou sobre o seu libro "Donas de nós".

Asistiu o alumnado de 1º ESO, que traballou esa obra na clase de Lingua e Literatura Galega e fixeron unhas ilustracións en Educación Plástica. Ademais fíxose unha exposición desas ilustracións.

 

Para rematar, Gerald e Cristina interpretaron a canción "A Fala", musicada por Gerald e a letra un poema de Manuel María.

 

 

Visita de Ana Vila

Hoxe visitou o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes a poeta Ana Vila Portomeñe.

  

Ana falou cos alumnos de 1º ESO, e adicoulle un bonito poema ao noso centro. Moitas grazas, Ana.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut