Skip to Content

Programa de actividades

Correlingua 24

O sol iluminounos nesta nova mañá de Correlingua: percorrido festivo pola Muralla, música, e confraternización entre alumnado dunha chea de centros, reunidos para lembrar a importancia do emprego da nosa lingua. E para berrar con forza, unha e outra vez que "dende aquí ate acolá, galego xa!"

Enredando co galego

Hoxe tivemos no noso centro a presentación do programa Enredando co Galego.

Contamos coa asistencia de Anxo Lamelo, que se encargou de presentar o acto e explicar aos asistentes os obxectivos deste programa e os posibles xeitos de participación.

E para motivar ao alumnado e animalo a participar, desfrutamos dun excepcional recital poético do que se encargaron os poetas Silvia Penas e Samuel Merino.

A bo seguro que o noso alumnado de 3 da ESO atopou unha excelente fonte de inspiración que os levarán a enredar co galego con entusiasmo e creatividade ao longo das vindeiras semanas!

Concurso de escritura rápida 8M

A BIBLIOTECA e o EDLG convocan un concurso de escritura rápida para conmemorar o 8M.

Anímate e participa!

HidratArte

O Equipo de Dinamización da lingua Galega propón unha interesante actividade: un grolo de lectura

Día de Rosalía de Castro

O alumnado do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes celebrou o Día de Rosalía de Castro.

 

O acto consistiu nun pequeno recitado acompañado por música (acordeón e zanfona, alumnado de 2 Eso; recitado 1 BAC). Danza (alumnas de 1 BAC).

E todo iso co telón de fondo dun retrato de Rosalía (alumnado de Expresión Artistica 4 eso) e traballos realizados por alumnado de 3 ESO.

Obradoiro OPS!

Hoxe tivo lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes o obradoiro OPS! (O portugués simples).

Este obradoiro, deseñado e xestionado pola Asociación Galega da Lingua, pretende achegar ao alumnado a esta fermosa lingua, tan próxima á nosa, amosarlles o coñecemento real que xa teñen dela sen se apenas decatar, e conciencialos da vantaxe que iso lles supón nos planos persoal, cultural, económico, laboral...

 

Exposición Toponimia Galega Castelanizada

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición sobre toponimia que está exposta no corredor do instituto.

Trátase dun traballo elaborado pola profesora Luisa Diéguez, do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Puga Ramón de A Coruña, e que está a ser exposto en diferentes centros de ensino. Permanecerá no noso por espazo de dúas ou tres semanas.

Enredando co galego

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu a Gala de Enredando co galego, no Gustavo Freire.

 

A gala contou coa ctuación de “Fillas de Casandra”.

É de premio lotes de libros e un iPad.

EnRedando co Galego 2023 é unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo que promove o uso do galego na poboación escolar así como a creación literaria e artística a través da lingua.

Foliada das Letras Galegas

Hoxe celebramos a Foliada das Letras Galegas co Grupo de baile e música tradicional do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Esta actividade estivo organizada polo EDLG do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Correlingua 2023

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou na festa do Correlingua 2023

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou nunha proposta de carácter lúdico-educativo, un acto de reivindicación do dereito a medrar en galego e a exercer como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.

Alumnos de 16 centros participaron na festa do Correlingua. Praza de Santa María.

Distribuir contido


by Dr. Radut