Skip to Content

ANPA

ANPA. Xunta directiva

Presidenta

MONTSERRAT PITA CASTRO

Vicepresidenta

MARÍA BELÉN LOUZAO FERRACES

Secretario

MARTÍN FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Tesoureira

SILVIA ARROJO RODRÍGUEZ

Vogal

MARÍA JOSÉ GARCÍA OTERO

Vogal

MARÍA JESÚS FERREIRO GÓMEZ

 

Obradoiro de orientación da ANPA

Este mércores 24 as 16:45 terá lugar o último obradoiro deste curso sobre orientación académico profesional dirixido especialmente ás familias de 4ºESO e 1º BACH, no que Cristina Eiras do equipo de orientación do CFR de Lugo nos falará da repercusión da elección de materias e modalidades.

Ampliamos información no documento anexo:

Convocatoria Asemblea ANPA IES Ollos Grandes

Pola presente convócase ás familias socias a Asemblea Xeral Ordinaria o mércores 21 de febreiro de 2024 no salón de actos do IES Ollos Grandes ás 16:30 h en primeira convocatoria e ás 16:45 en segunda convocatoria co seguinte:

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación de acta anterior.

2.- Información de actividades desenvoltas:

- Resultados enquisa a familias sobre temáticas a abordar este curso.

- Creación de grupo de Whatsapp e perfil de Facebook para difusión da información ás familias.

- Acto de graduación de 2º de BACH.

- Excursións do alumnado.

- Actividades e obradoiros xa organizados:

 - Feira de libros usados 20/09/23. Este ano houbo escaseza de libros ao ser novos os dos cursos pares, e levar só un ano os dos impares.

- 20/12/23 Prevención de adiccións na adolescencia, con e sen substancia.

Como entendernos en familia.

- 24/01/24 Obradoiro para familas: Saben que os queres?

- 29/01/24 Tradi trap baila morena. Actividade de identificación e prevención de violencias sexuais para 3º ESO C e D.

- 07/02/24 Obradoiro para familias: É xordo ou quedou mudo? Comunicación en familia.

 - 21/02/24 Obradoiro para familias: Axudar a discernir o camiño profesional.

Coñecendo ao noso fillo/a e axudando a que se coñeza.

- 13/03/24 Obradoiro para familias: Opcións profesionais

- Pendente data: Comunicándonos entre iguais. Charla do Colexio de Enfermaría de educación afectivo sexual para rapaces.

- 09/05/24: Trastornos da conducta alimentaria. Escola de Pais e Nais do Centro de Formación e Recursos. Olga Yanes

- Pendente data: Orientación profesional. Cristina Eiras do Equipo de Orientación de Lugo do CFR.

- Pendente data: Educación emocional e en sexualidade para pais, nais e rapaces. Querote +.

- Pendente data: Poñendo os Lentes as Familias. Sobre prevención dos diferentes tipos de violencia (actividade online).

 

3.- Principais temas abordados coas administracións educativas, no consello escolar e co equipo directivo do centro:

-Consecuencia do escrito presentado solicitando información sobre os criterios da administración na implantación de Edixgal e a simultaneidade cos libros en papel,o día 01/02/24 acudimos a unha xuntanza coa Directora Xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, que nos informou de que a recomendación é de que non haxa máis de 2 ou 3 libros a maiores do material de Edixgal, que están a traballar na mellora do material didáctico e que na financiación deses libros.

-Escrito ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos e a Xefatura Territorial pedindo información sobre a reducción de profesorado no curso 23/024.

-Organización dos grupos de 1º e 2º por ámbitos educativos,

-Petición de inclusión do IES na plataforma ELBE 2 de libros dixitais.

-Proposta a FAPACEL sobre a organización da ABAU, en particular a eliminación da materia de Historia da Filosofía e coincidencias horarias.

 

4.-Presentación das contas.

5.-Información estado do proceso xudicial de reclamación dos fondos da Asociación.

6.-Rogos e preguntas

 

 

Encontros de Pais e Nais: Construindo Familia

Prezadas familias, a ANPA organiza os seguintes "Encontros de Pais e Nais: Construindo Familia". Comezarán o mércores 24 de xaneiro traballando sobre "Autoridade e normas". Será unha ocasión de intercambiar opinións, axudarnos, motivarnos e apoiarnos no acompañamento á rapazada, cun enfoque humanista e positivo da man do experto Xosé Manuel Domínguez Prieto. Unha aperta

Enquisa ANPA

Enlace ao cuestionario para a detección do interese das familias do centro

Benvida da ANPA

Convocatoria da asemblea ordinaria ANPA 19/VI/23

Estimadas familias,

 

A Xunta Directiva da ANPA IES Ollos Grandes convida as familias do centro, tanto socias como non socias, a unha reunión o luns19 de Xuño ás 18:00 h na que se informará de temas de interese xeral e da actividade da asociación. A continuación terá lugar unha asemblea de socios coa seguinte:

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA ANPA IES OLLOS GRANDES

  

DATA: Luns 19/06/2023

 

HORA: 18:30 (1ª convocatoria) 19:00 (2ª convocatoria).

 

LUGAR: Salón de Actos do Instituto (Ramón Ferreiro s/n)

 

 

ORDE DO DÍA:

 

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2º. Informe sobre actuacións desenvoltas ao longo do curso 22_23.

3º. Información sobre a xestión administrativa e económica da Anpa. Cota socios.

4º. Propostas para o curso 23_24.

5º. Rogos e preguntas.

 

 

En Lugo, a 9 de xuño de 2023

 

Esperamos a vosa asistencia. Un cordial saúdo,

 

Montserrat Pita Castro

Presidenta

ANPA

 

 P.D. No ficheiro adxunto pódese descargar a ficha de alta para o curso 23_24

Convocatoria asamblea xeral Asociación Nais Pais IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Asociación de Nais e Pais, coa colaboración da Dirección do Centro, invítavos a unha reunión co actual Equipo directivo o vindeiro luns, día 17 de outubro, ás cinco e media da tarde, no Salón de Actos do Centro.

Acto seguido, as 18:00 h. en primeira convocatoria, e ás 18:30 h. en segunda convocatoria, a Xunta directiva da ANPA, convoca unha ASAMBLEA ORDINARIA coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior

  2. Actividades realizadas no curso anterior

  3. Estado de contas e aprobación das mesmas.

  4. Acto de Graduación de 2º de Bac.

  5. Continuidade de Obradoiros para as familias.

  6. Plan xeral de actuación da Asociación

  7. Rogos e preguntas.

Despois, acorde cos Estatutos da Asociación, celebrarase a ASAMBLEA EXTRAORDINARIA para renovar a Xunta Directiva da ANPA.

Esta reunión ten lugar só unha vez ao ano, e polo tanto, cumpre tamén a importante función de establecer contacto entre o centro, a ANPA e as nais e pais do alumnado do IES.

En Lugo a 14 de Outubro do 2022

 

A Presidenta da A.N.P.A.

 

Achégase formulario de inscripción para entregar nas oficinas do centro

 

Grazas pola vosa colaboración

Convocatoria reunión ANPA 04.04.22

O luns 04.04.2022, ás 18:30 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha reunión da ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes á que están convidados todos os  pais/nais/titores legais de alumnado do centro, con independencia da súa condición ou non de socios.

A orde do día é a seguinte:

Punto primeiro - Lectura da acta da reunión anterior.

Punto segundo - Proposta de charlas a desenvolver.

Punto terceiro - Información sobre temas a tratar no pasado Consello Escolar

Punto cuarto - Proposta de cambio no horario do centro

Punto quinto - Xestión información redes sociais da ANPA

Punto sexto - Cambios na Dirección da ANPA

Punto séptimo - Rogos e preguntas

Lémbrase que as decisións tomadas nestas reunións o serán por votación de todos os asistentes as mesmas.

 

Convocatoria reunión ANPA 07.02.22

O luns 07.02.2022, ás 18:30 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha reunión da ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes á que están convidados todos os  pais/nais/titores legais de alumnado do centro, con independencia da súa condición ou non de socios.

A orde do día é a seguinte:

Punto primeiro - Lectura da acta da reunión anterior.

Punto segundo - Nova organización das reunións da ANPA e proposta de calendario.

Punto terceiro - Proposta de actividades
Graduación de 2º Bacharelato e 4º ESO, outras propostas.

Punto cuarto - Información sobre temas a tratar no vindeiro Consello Escolar

Punto quinto - Xestión administrativa e económica da ANPA

Punto sexto - Rogos e preguntas

Lémbrase que as decisións tomadas nestas reunións o serán por votación de todos os asistentes as mesmas.

Lugo, 2 de febreiro de 2022.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut