Skip to Content

Debuxo

Obradoiro de talla de madeira

Alex Moro, escultor, diseñador gráfico, ilustrador, visitou o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e mostrou ao alumnado do Bacharelato de artes o proceso, ferramentas e algún dos seus traballos en madeira.

 

 Tamén aproveitamos para supervisar e orientar o traballo individual do alumnado de 1º Bacharelato na materia de Volume.

Taller de acuarela

Oniel Rodríguez López, acuarelista de orixe cubana, visitou o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e mostrou ao alumnado do bacharelato artístico a técnica básica da acuarela mentres pintaba un exemplo.

Oniel  viña de impartir unha conferencia en “Compostela Ilustrada", un evento internacional que reúne a debuxantes, urban skechers, ilustradores..., tanto profesionais como afeccionados.

Ademais dunha mostra dos seus traballos máis recentes, deu consellos prácticos e respondeu preguntas de estudantes e profesores.

Charla con Silvia Fuentes, productora audiovisual.

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, despois do visionado dun corto e un documental, charlou coa productora audiovisual Silvia Fuentes sobre a situación do audiovisual galego.

O traballo de producción é unha labor importante que en Galicia desempeñan fundamentalmente mulleres, o cal é unha rareza única. Tamén falaron da diversidade de postos que require o audiovisual e a relación co Bacharelato de Artes.

 

 

Talleres MÉRCORES e VENRES no recreo na aula de Debuxo

Esta semana inauguramos o noso Club de Artes. 

O noso club será un dos proxectos vinculados ao Plan Proxecta Donas de Si no que esperamos participar. Será un espazo coeducativo sostido na creatividade, na inclusión, na igualdade de xénero, na mirada feminista e na educación transformada.

En fin, esperámosvos os mércores e os venres na hora do recreo na aula de Debuxo.

https://cosollosnaigualdade.wixsite.com/ollosgrandes/el-club-de-arte

Visita á Escola de Arte Superior Ramón Falcón

Alumnado do Bacharelato de Artes visitou a Escola de Arte Superior Ramón Falcón. A escola acolleunos cos brazos abertos.

Tras unha charla nas que lles explicaron as diferentes saídas artísticas que ofertan como os Títulos equivalentes a un grao universitario (Deseño Gráfico e Deseño de Interiores), os ciclos superiores (Fotografía, Cerámica e Gravado) e o ciclo medio de Serigrafía, fixeron un percorrido polos diferentes talleres e puideron estampar o seu propio caderno.

Visita á exposición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

Alumnado de 1º de Bacharelato de Artes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na Diputación.

Daniel Díaz Trigo, profesor de Cultura Audiovisual, organizou esta visita revivindo a mostra que él fixo fai dez anos tras lograr ese mesmo galardón.

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/lado-decada-despues/202301292111481635770.html

Entrega de premios do Concurso de Tarxetas de Nadal

O Venres asistimos á XIV entrega de premios do Concurso de tarxetas de Nadal de La Voz de la  Verdad.

A participación nesta convocatoria foi asombrosa. Presentáronse un total de 28 colexios das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña con alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria e Educación Especial que achegaron 2385 tarxetas.

A pesar da dificultade, o noso alumnado fíxose un oco. Cecilia Barrado Estévez de 3º ESO C, Elisa Izquierdo Rey  e Paula Ibáñez Torres de 1º ESO C recibiron un merecido diploma polas súas creacións.

 

O xurado, composto por Vanesa Ferreiro Blanco, Joaquín García-Xesto, Anxo Barreiro e Ana I. López Fandiño, tivo unhas palabras especiais para Roi Carreira Paradela de 1º ESO D. Outorgáronlle o Premio Especial do Xurado, concedido a traballos que merecen un recoñecemento único. Ás veces os premios van máis aló dunha achega económica ou un diploma e o galardón mídese polo respecto e o trato recibido. O Xurado mediu xestos, tempos e palabras. Dedicou un momento exclusivo a Roi Carreira, subliñando o seu meritorio traballo e sinalando que non era só a mellor creación desta convocatoria, senón a de todas as edicións dos últimos anos.

O dito, todo un orgullo o noso alumnado. Parabéns e grazas polo voso talento!!

 

Traballo de Plástica

Cores primarias: vermello, azul, amarelo e secundarias: verde, púrpura e laranxa. En sucesión de planos de distintos tamaños que crean sensación de movemento e ilusión de perspectiva en homenaxe a E. Muybrigde e J. Albers.

Así é o mural coordinado por Ángel  Daniel  Díaz Trigo de Departamento de Plástica, Visual e Audiovisual do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e pintado por:

Sarabi Jiménez Jiménez, Ariadna Pérez Nuñez, Carmen Diéguez Gandoy, Brais Serén Taboada, Adriana Seren Taboada, Miguel Figueiro Portabales, Brais Vidal Vázquez, Adrián García Vázquez, Sofia Piñeiro Díaz, Iris Martínez Permuy, Daniel Manteiga Carricoba, Mateo Rodríguez Pardo, Aitana Souto Barreira, Pablo Domínguez Cores, Carla Pacín Sandar, Xiana Ulloa Vázquez, Elena Páez Burgo, Pedro Núñez Vázquez, Xurxo Dos Santos Souto, Jorge Seijo González, Víctor Reija Pérez, Sofia Vázquez Louzao, Nadia Neira Fernández, Laura Martínez  García, Antía Fernández Quiroga, Mencía Ferreiro García, Telmo Carballés Lama, Marta Camoira Varela, Tyler, Candela Fernández Rey, Carmen Rodríguez Pardo, Juan Carreira Paradela, Sabela Seijo Lage, lrene Iglesias Mata, Clara Dans Vilaboa, Carolina Mato López, Noa Castro Loureiro, Uxía López Díaz

Entrega de premios do concurso de vídeo Móvete co Galego

 Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes finalistas no concurso de vídeo "MÓVETE CO GALEGO"

   

O Instituto da Língua Galega ven de celebrar o pasado venres 22 de outubro na Facultade de Filoloxía da Universidade De Santiago de Compostela os seus 50 anos.

Como parte dos actos de conmemoración entregáronse os premios do concurso de vídeos “MÓVETE CO GALEGO” no que resultaron finalistas dous traballos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes:

“A importancia do galego” https://youtu.be/BETq1PYS6YQ de Xela Martínez Domínguez e Pablo Sánchez Rivas e

“Faces Fugaces” https://youtu.be/5Hp_Z0LhNRg feito de xeito colaborativo con alumnos de 1º e 3º de EPVeA coordinados polo profesor Daniel Díaz Trigo.

      

Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut