Skip to Content

Taboleiro

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Para máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

ou  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Prazo de solicitude:  do 20/5/2023 a 21/6/2023

Impreso prematrícula probas ABAU

IMPRESO PARA PRE-MATRÍCULA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE

Calendario de reclamacións 2º Bac

Data

Procedemento de revisión

18 de maio de 2023

(De 10:00 a 13:00 h.)

Revisión ante o/a profesor/a

(evitando aglomeracións)

Ata o 19 de maio de 2023

(Ata as 14:00 hh.)

Reclamacións ante o centro
(Contra a avaliación nunha materia ou decisións de promoción ou titulación. Por escrito. Modelo en oficinas)

22 de maio  de 2023

Resolución do departamento ou xunta de avaliación 

22 de maio de 2023

(Ata as 16h30)

Xunta extraordinaria de avaliación 

(se é preciso)

23 de maio  de 2023

Comunicación á familia da resolución do departamento e/ou xunta de avaliación

23 e 24 de maio de 2023

(Ata ás 13:00 h.)

Presentación das reclamacións ante Xefatura.

 24 de maio  de 2023

Comunicación á persoa inspectora do centro da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á Xefatura T.

 25 de maio de 2023

(Ata as 14:00 h.)

Remisión do expediente á Xefatura territorial á través de sede electrónica

Convocatoria de premios extraordinarios de ESO e Bacharelato

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocou os Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico e os Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023

Convocatoria de premios extraordianrios de ESO: prazo de presentación de solicitudes ata o día 30 de xuño de 2023

Premios extraordinarios de bacharelato: prazo de presentación de solicitudes ata o día 25 de maio de 2023

Máis información no portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ou no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/

Convocatoria xeral de bolsas de estudo

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades estableceron un novo calendario de tramitación das bolsas para o estudantado.

Atención ao prazo: Ata o 12 de maio de 2023 (con posterioridade non será posible solicitar bolsas). 

Máis información: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Programa escolar de consumo de froitas e leite

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participa no "Programa escolar de consumo de froitas e leite" repartindo froitas e leite 100% galego entre o seu alumnado.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) ten como obxectivo con esta campaña o fomento do consumo de leite, froitas frescas e castañas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares.

É unha campaña financiada coa axuda da Comunidade Europea, España e Galicia

 

Exposición de produtos ecolóxicos cultivados polo alumado

O curso pasado, o alumnado do centro encargouse de cultivar distintos produtos sen ningún tipo de pesticidas co fin de facer unha actividade de educación medioambiental.

No recreo do vindeiro martes, 11/10, poderánse ver os froitos da actividade nos bancos situados en fronte da sala de profesores.

Aceptaránse donativos para poder comprar máis sementes co fin de seguir cultivando. As persoas que deixen un pequeno donativo terán dereito a levar algunha peza da horta.

 

 

Reunións familias curso 2022.2023

A semana do 03/10 celebraranse as reunións das familias cas persoas titoras para dar a coñecer diversos aspectos do funcionamento do centro de cara o curso que agora comenza.

As reunións celebraránse no salón de actos, co seguinte horario:

 

Luns 3 1º ESO A-B-C-D 16:30
  2º ESO A-B-C-D 17:30
  3º ESO A-B-C-D 18:30
  4º ESO A-B-C-D 19:30
Xoves 6 1º BAC A-B-C-D-E-F 17:00
  2º BAC A-B-C-D-E-F 18:00
Distribuir contido


by Dr. Radut