Skip to Content

Taboleiro

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes pide a colaboración de toda a comunidade para manter o centro como lugar seguro.

Estimados membros da comunidade educativa do IES Ollos Grandes,

ante o incremento no número de positivos COVID e a fin de manter o centro como un lugar seguro no que á prevención dos contaxios se refire, pedímosvos encarecidamente que extremedes as precaucións e manteñades as medidas de seguridade establecidas (máscara axeitada e correctamente colocada, distancia de seguridade, ventilación, ...).

Así mesmo, é especialmente importante que ningunha persoa con sintomatoloxía compatible coa enfermidade se achegue ó centro, debendo de informarse coas autoridades sanitarias (médico de cabeceira ou teléfono COVID  881 54 00 45) sobre o procedemento a seguir .

A vosa colaboración é moi importante,

Atentamente, 

Dirección

Recollida solidaria

Feita a recollida de roupa por Samuel agora queda un último esforzo.

  

Trae un quilo de arroz. É por unha boa causa.

 

 

Coidando o medio ambiente

Alumnado de 1º de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, coidando do medio ambiente.

Alumnado de 1º de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, coordinados por alumnado de 1º de BAC,  xunto cos voluntarios de Coidemos Lugo, xuntáronse a tarde do luns 15 de novembro para limpar o patio do instituto, o Parque Rosalía de Castro e as Costas do Parque.

   

Entrega de máscaras ao alumnado

Orde do 28 de outubro de 2021 (Ligazón)

Publicada o 12 de novembro a orde que regula a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria, sinalar que:

  • O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. Non ten que presentar solicitude. Entregaránselle de oficio.
  • Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • SOLICITUDES: Na Secretaría do centro do 15 ao 26 de Novembro.

 

Proxectos solidarios

Un curso máis o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes colabora na recollida de tapóns solidarios con Alcer Lugo.

Por outra banda este curso iniciamos colaboración coa ONG Misevi recollendo bolígrafos, lápices, rotuladores para reciclar...

                                          

Infórmate no centro e colabora. É por unha boa causa!     

Listaxes de grupos curso 21.22

Listaxes de alumnado por nivel educativo.

Cada persoa aparece identificada cun código composto polo primeiro apelido e os catro últimos díxitos do seu DNI.

En caso de que non apareza grupo asignado, deberán de poñerse en contacto co centro o día da presentación.

PRESENTACIÓNS

As presentacións dos grupos para o curso 2021/22 van seguir os horarios e normas seguintes:

 

  • O alumnado será chamado á entrada do instituto por orde de lista.
  • As listas serán publicadas o 14 de setembro citando ao alumnado polo primeiro apelido e catro últimos díxitos do DNI
  • Ao centro accederá só o alumnado citado
  • É obrigatorio o uso de máscaras
  • As clases empezarán o luns día 20

 

MÉRCORES 15

     
 

Mañá

   
 

1º ESO A

 

9:00

 

1º ESO B e

1º ESO C

10:30

 

1º ESO D e

1º ESO E

12:00

       
 

Tarde

   
 

1º BAC A e

1º BAC B

16:00

 

1º BAC C e

1º BAC D

17:00

 

1º BAC E e

1º BAC F

18:00

       

XOVES 16

     
 

Mañá

   
 

2º ESO A e

2º ESO B

9:00

 

2º ESO C e

2º ESO D

9:45

 

2º ESO E 

 

10:30

       
 

3º ESO A e

3º ESO B

11:15

 

3º ESO C e

3º ESO D

12:00

 

3º ESO E 

 

12:45

       
 

Tarde

   
 

2º BAC A e

2º BAC B

16:00

 

2º BAC C e

2º BAC D

17:00

 

2º BAC E e

2º BAC F

18:00

       

VENRES 17

     
 

Mañá

   
 

4º ESO A e

4º ESO B

9:00

 

4º ESO C e

4º ESO D

10:00

 

4º ESO E 

 

11:00

       

Préstamo Libros de Texto Curso 21/22

No curso 2021/22 non hai préstamo oficial de libros de texto. Porén, o centro conta cun fondo de libros que seguirá prestando ao alumnado de 1º, 2º ,3º e 4º de ESO. Unha das condicións para optar a algún libro é ter sido beneficiario tamén en 6º de Primaria destas axudas (1º ESO), ou ser beneficiario nos cursos anteriores.

Aqueles que solicitaron axuda para material escolar no mes de xuño, e finalmente se lle concedeu, non é preciso que acrediten ter sido beneficiario da axuda no curso pasado.

Lembramos como novidade neste curso escolar que a maioría dos libros serán online (Proxecto Edixgal), agás Inglés en 1º ESO e Alemán en 1º e 2º ESO.

Asemade en 2º ESO haberá libro de Inglés online, solicitado polo Departamento de Inglés, que non se atopa no proxecto Edixgal e que terá un custo de 6 euros aproximadamente.

En calquera dos dous casos, pregamos que pasen por oficinas do 8 ao 15 setembro, para solicitar este préstamo, coa folla anexa no ficheiro adxunto cuberta. É moi importante que comuniquen ao centro neses días o seu desexo de desfrutar de libros de préstamo.

Devolución Libros de Texto

A devolución dos libros de texto entregados en préstamo durante o curso 2020-2021 ( e non devoltos en xuño) efectuarase nas seguintes datas e horas:

Luns 6 de setembro de 9:00 a 11:00 h

Martes 7 de setembro de 9:00 a 11:00 h

Lugar, recibidor da entrada do centro.

A non devolución dos libros, leva consigo a perda do dererito de préstamo para o curso 2021-2022

Entrega de notas Setembro 2021

 

 ENTREGA DE NOTAS: VENRES 3

  

ESO: 18:00    BAC: 19:00

 

1º ESO AULA 1.02
2º ESO AULA 1.03
3º ESO AULA 2.02
4º ESO AULA 2.03
1º BAC AULA 1.02


REVISIÓN ANTE O PROFESOR

DÍA 6

ESO de 11:00 a 12:00

BAC de 12:00 a 13:00

  

RECLAMACIÓNS: DÍAS 6 e 7 ata as 14:00

(segundo modelo, en oficinas)

Distribuir contido


by Dr. Radut