Skip to Content

2º trimestre

Agrupación de baile tradicional

Botou a a andar o Grupo de Baile tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

 
No recreo dos mércores, no ximnasio. Anímate a participar!
Profesores de contacto: Xosé (Matemáticas) ou Martina (Inglés)

Calendario formación STEM

Calendario de formación STEM curso 21/22. Adxúntase o calendario de charlas.

 

 

Saída aos Ancares

O alumnado de segundo curso do Ciclo Superior TSEAS, visitou os Ancares e fixo unha actividade de senderismo dentro das prácticas obrigatorias da FCT.

  

O roteiro feito comezou polo ascenso a Tres Bispos e retorno por Cabana Vella

 

 

 

 

 

 

 

Visita de Irene Pin, xornalista, escritora e creadora audiovisual

O pasado xoves 6 de maio a xornalista, escritora e creadora audiovisual Irene Pin, natural de Lugo, achegouse ó IES Nosa Señora dos Ollos Grandes para compartir co alumnado de 2º ESO C as súas experiencias no seu traballo como xornalista e como creadora no mundo audiovisual e na escritura.

A continuación, o alumnado do grupo de 2º ESO proxectou o seu vídeo “Unha adiviña moi matemática” e compartiron con Irene as súas experiencias no seu traballo no proxecto “Vídeo matemáticas” que están a facer na asignatura de matemáticas.

 
 
A sesión rematou cunha rolda de preguntas á ponente.
 
 
 

Visita exposición sobre explotacións madereiras

O alumnado de Economía de 4º da ESO visita a exposición sobre explotacións forestais na Praza Maior.

Visita exposición sobre explotacións madereiras

Capacidade creativa no IES Ollos Grandes

Un atento alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a sendos  encontros sobre capacidade creativa, impartidos por Raquel Westphal Márquez e Manuel Sanjurjo Penas, graduados en Belas Artes.

Actividade organizada pola profesora Rocío López Valcarcel do Departamento de Educación Plástica e Visual.

II Concurso de Curtas sobre Igualdade de Xénero

O II Concurso de curtametraxes sobre igualdade de xénero iníciase con motivo da celebración do día da muller, o 8 de marzo.

O obxectivo é que o alumnado se conciencie da importancia de vivir en igualdade e respectándose mutuamente.

Bases do Concurso.

Aquí podes ver as gañadoras da 1ª edición do concurso.

Ciencia para xoves investigadores

Alumnos de Física e Química de 4º da ESO visitan o Campus Terra en Lugo da USC dentro da actividade "Ciencia para xoves investigadores".

Viaxe a Italia 2018

13/03/2018
21/03/2018
Europe/Madrid

O alumnado de 1º de bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxa a Italia.

Mais imaxes na Galería do centro.

Rutas literarias no Museo Provincial

22/02/2018
Europe/Madrid

Inícianse as Rutas literarias no museo provincial para o alumnado de 2º da ESO.

Mais imaxes na Galería do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut