Skip to Content

1º trimestre

Entrega de premios Europa Challenge

O Goethe Institut dentro da iniciativa Pasch organizou o concurso Europa Challenge para todos os alumnos dos centros Pasch de toda Europa. Os participantes do noso centro foron os alumnos tanto de 1º coma de 2º de Bacharelato que cursan alemán. De maneira individual realizaron un vídeo para instagram falando da importancia de formar parte da Unión Europea e dos valores, vantaxes e retos que ten a mesma actualmente. Dende o departamento de alemán agradecemos a participación e celebramos ter tres alumnas gañadoras entre todos os participantes. Parabéns!


As gañadoras son: 6º posto Ana Bruzos de 1º Bacharelato G.


8º posto Sabela Saavedra de 1º Bacharelato E

e Alba López Bruzos de 2º de Bacharelato F.

 Parabéns!

Actuación AldaOlado

  O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou no Correlingua 2020, un evento arredor do idioma galego que, debido ás actuais restricións sanitarias, cambiou de formato. No canto da tradicional carreira escolar, este ano fíxose unha actuación de música e literatura.

AldaOlado

  Lucía Aldao e María Lado, compoñentes do dúo "Aldaolado" ofreceron un recital cheo de humor e música ao alumnado de 3º de ESO. 

O alumnado en todo momento mantivo a distancia de seguridade. 

Grazas.

Visitamos a exposición itinerante Energy Challenge

  Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición itinerante "Energy Challenge" os días 4, 5 e 6 de novembro.

  A Fundación Naturgy trouxo a Lugo a Energy Challenge, "unha experiencia itinerante e innovadora para achegar aos máis novos coñecementos actualizados sobre a transición enerxética, a economía circular, a calidade do aire e as novas tecnoloxías enerxéticas"

 

 

  Nesta actividade os rapaces e rapazas simularon formar parte da tripulación dun voo espacial que despegaba da terra. Durante a “viaxe” recibiron información sobre aspectos negativos do desenvolvemento tecnolóxico, sobre o planeta (contaminación, xeración de residuos, sobreexplotación dos recursos, quecemento global), así como, posibles medidas para paliar estes efectos, como son o aproveitamento do material de refugallo para a xeración de enerxía e o concepto de economía circular.

 

Calendario de advento

Exposición dos calendarios de advento en alemán elaborados polos alumnos de esta materia.

Árbore de Nadal do EDLG

FELIZ NADAL!

O EDLG felicita o Nadal cunha árbore no que todos os membros da comunidade educativa do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes están invitados a aportar unha tarxeta cos seus desexos para estas festas.

Torneo de rugbi sen contacto

20/12/2017
Europe/Madrid

Alumnos de 2º de bacharelato e ciclo TAFD participan no torneo de rugbi sen contacto.

Visita ao Centro de Investigación e Transferencia Tecnolóxica

20/12/2017
Europe/Madrid

Os alumnos de Bioloxía de 2º bacharelato visitan o Centro de Investigación e Transferencia Tecnolóxica da USC no Campus de Lugo.

Charla "Estudiar en Alemaña"

18/12/2017
Europe/Madrid

Charla sobre as posibilidades de estudiar en Alemaña. Para alumnos do noso centro e os IES Lucus Augusti e San Xillao.

Visita á Catedral de Lugo

28/11/2017
Europe/Madrid

O alumno de Historia da Arte visita a Catedral de Lugo.

Actuación "Non me pintes costuras nos labios"

28/11/2017
Europe/Madrid

Representación da obra "Non me pintes costuras nos labios" por parte do alumnado de Artes Escénicas e Danza.

Mais imaxes na Galería do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut