Skip to Content

1º trimestre

Erasmus+ future4.0@school.eu: recepción alumnos estranxeiros

19/11/2017
25/11/2017
Europe/Madrid

Acollida da 3ª mobilidade do proxecto Erasmus+ future4.0@school.eu. Profesores e alumnos dos países e centros socios (Alemaña, Bélxica, Finlandia e Polonia) visitarán o noso centro para desenvolver diversas actividades relacionadas co proxecto.

Os alumnos estranxeiros serán acollidos por familias de alumnos españoles.

Charlas da Universidade de Santiago Compostela sobre os lumes

21/11/2017
Europe/Madrid

Charlas divulgativas sobre os efectos perniciosos dos pasados lumes sobre o noso territorio. Incluída dentro do programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela, van dirixidas a alumnado de bacharelato e 4º da ESO.

Intercambio co Lycée Joseph Saverne

17/11/2017
24/11/2017
Europe/Madrid

O departamento de francés organiza un intercambio lingüístico co centro Joseph Saverne de L’Isle Jourdan.

Pódese seguer a actividade a través do blog do departamento.

Conmemoración do 125 aniversario de Negra Sombra de Juan Montes

10/11/2017
Europe/Madrid

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega, en colaboración co coro "Solo Voces", celebra o 125 aniversario da obra "Negra Sombra" do compositor lugués Xoan Montes cuns paneis informativos sobre a vida e obra do autor.

 

 

 

Visita a San Vicente de Paul e outras institucións

02/11/2017
Europe/Madrid

O alumnado de 1º do ciclo visitará San Vicente de Paúl, o Concello e outras institucións locais no desenvolvemento da súa actividade lectiva.

Concurso Samaín de decoración de aulas

31/10/2017
Europe/Madrid

Concurso de decoración das aulas de ESO con motivo da festividade do Samaín.

Mais fotos na Galería do centro.

Ambientación Samaín

31/10/2017
Europe/Madrid

O alumnado do ciclo formativo Técnico Superior en Animación e Actividades Deportivas decora e ambienta o centro educativo con motivo da celebración do Samaín.

Mais imaxes na Galería do centro.

Actuación Samaín

31/10/2017
Europe/Madrid

 

Actuación do alumnado de Artes Escénicas e Danza e Linguaxe e Práctica Musical con motivo da celebración do Samaín.

Intercambio longa duración co Tibble Gymnasium de Täby (Suecia)

11/10/2017
13/12/2017
Europe/Madrid

Durante dous meses, catro alumnos de 1º de bacharelato, reallizarán unha estadía en familias no centro sueco Tibble Gymnasium, Täby (Suecia). Durante dito período asistirán regularmente a clases no centro sueco e realilzarán unha investicación sobre a convivencia no centro e na sociedade sueca.

Dito intercambio realízase no marco do proxecto europeo Erasmus+ "Co-existence and the importance of living together - CHARM", que se está a desenvolver entre o noso centro e o centro sueco no período 2017-2019.

Charlas departamento de inglés

11/10/2017
Europe/Madrid

Actividade cultural para os alumnos de 1º de bacharelato organizada dende o departamento de inglés.

Distribuir contido


by Dr. Radut