Skip to Content

VI Torneo de Debate Académico de Galicia

Alumnado de ESO e BAC do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes está a participar no VI Torneo de Debate Académico de Galicia.

O Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG), está organizado pola Fundación Barrié co obxectivo de fomentar no alumnado de ESO e Bacharelato o desenvolvemento das habilidades argumentativas e o pensamento crítico necesario para o éxito académico e profesional

Acompañados polos profesores Iago J. e Margarita Rguez Yáñez, lograron pasar a primeira fase e terán a próxima semana unha nova cita para seguir avanzando. Sorte!

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut