Skip to Content

Campus Terra da USC de Lugo, institución amiga do IES Ollos Grandes 20/21

O Campus Terra da USC de Lugo, foi nomeada "institución amiga dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes" no curso 2020-2021 pola súa colaboración co centro en distintas iniciativas educativa.

Presentou o acto o director Francisco Núñez. A continuación á coordinadora do EDLG, Ana López, presentou  a revista do centro, Tempus das Letras, e o premio á institución amiga do IES Ollos Grandes 2021. Interveu tamén a coordinadora STEM, Pila Fernández, e finalmente fíxose entrega do premio ó Campus Terra da USC, representada na figura da vicerectora,  Montserrat Valcárcel que agradeceu o premio.

Pechouse o acto cunha breve actuación musical de alumnado do centro.

Ademais do profesorado invitado da USC e do IES, acudiron ó acto alumnado participante na elaboración da revista do centro e alumnado STEM de 1º bacharelato e 4º ESO.

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut