Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

Presentacións curso 2020/21

 

Horarios presentacións no IES Pedra da Auga

 

Fondo libros e vales de material.

As listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e de vales de material escolar publicaránse próximamente.

INSTRUCIÓNS DE FIN DE CURSO 2019/2020 E MATRÍCULAS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

 

INSTRUCIÓNS DE FIN DE CURSO 2019/2020 E MATRÍCULAS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

 

ESO:

 

Publicación de cualificacións da 3ª avaliación de primeiros cursos de ciclos medios e superior.

Infórmase ao alumnado de primeiros cursos de cilos medios e superior que as 14 horas de hoxe se publican as cualificacións da terceira avaliación.

Poderedes consultálas na aplicación abalar.

Reunión de todo o alumnado que rematou 2º de bacharelato.

O vindeiro luns día 8, ás 10,00 horas convócase a unha reunión no centro a todo o alumnado que rematou 2º de bacharelato.

Esta reunión ten como finalidade dar a coñecer todos os trámites que compre facer para solicitar o título e para matricularse da ABAU, ou para solicitar prazas en ciclos formativos.

Prazos de matrículas para ciclos formativos

Os prazos para as matrículas de ciclos formativos aínda non se coñecen.

Cada ano hay dous períodos, ordinario e extraordinario. Trátase de procedementos online centralizados para facer as solicitudes de admisión e as matrículas para primeiros cursos de ciclos medios e superiores.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021.

Mañá, día 20 de maio, e ata o vindeiro 19 de xuño abre o prazo para a solicitude dos libros de texto e material escolar para alumnado que estea escolarizado na ESO no vindeiro curso escolar.

Alumnado admitido para o vindeiro curso escolar 2020/2021

Onte finalizou o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar.

Relacións provisionais de alumnos admitidos procedentes doutros centros escolares e que formalizaron a súa solicitude de admisión:

1º da ESO

Reposición do prazo de solicitudes de admisión

Bo día.

Dende o luns 11 ata o luns 18 reponse o prazo de solicitudes de admisión que se paralizou co estado de alarma e que abranguía do 1 ao 20 de marzo.

Deben utilizar este prazo soamente aqueles alumnos que pretendan praza en ESO e Bacharelato para o vindeiro curso e que non teñan reserva de praza feita.

Distribuir contido