Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

PONDERACIÓNS ABAU 2024

A CIUG, publicou na súa web as ponderación correspondentes a parte específica da ABAU de 2024, que se terán en conta para o acceso a universidade no próximo curso 2024/2025

 

INFORMACIÓN XERAL SOBRE AS RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS

UNIVERSIDADE DE VIGO.

https://www.uvigo.gal/es/campus/ventajas/alojamiento

As residencias ofertadas son:

 - Residencia Universitaria O castro, Vigo

- Residencia Universitaria As Burgas ,  Ourense

Residencias alleas.

Existen outras residencias para estudantes na cidade de Vigo, Ourense e Pontevedra que, ainda que non pertenzan a Universidade de Vigo, tamén están a disposición do estudante.  

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO 2023.

DOTACIÓN:

Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO.

REQUISITOS:

  • Ter cursado 4º de ESO no curso 2022/2023 no Réxime Ordinario en Galicia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
  • Obter unha media igual ou superior a 9,00 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO).

PRAZO:

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2023

REQUISITOS

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2022-2023 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 .

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de abril ó 25 de maio de 2023.

 PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:

Guía Uniscopio: Plataforma dixital de orientación e guía de acceso a universidade.

Uniscopio é unha plataforma online e interactiva de orientación para o estudante. O seu acceso é gratuíto e contén a información referida a toda España, organizada nos seguintes temas:

 

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2023-2024

Recordade que podedes solicitar a beca xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2023-2024.

O prazo de solicitude remata o 17 de maio.

O alumnado que pode solicitar esta beca é aquel que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • que estea en 4º da ESO e vaia cursar 1º de bacharelato.
  • que estea en 1º de Bacharelato e vaia pasar a 2º de bacharelato.
  • que estea en 2º de Bacharelato e vaia á universidade.
  • que vaia facer un ciclo ou que estea cursando, é dicir, que pase de 1º a 2º.
  • que vaia a facer un ciclo formativo de grao básico ou que estea a facelo é dicir, que pase de 1º a 2º. 

É necesario que pidades a beca nese prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que vos interese, aínda que non saibades o que ides estudar con seguridade o ano que vén. Poñede os estudos máis probables, despois haberá un prazo máis adiante para actualizalos.

Toda a información está dispoñible no portal de becas e axudas do MEFP.

Probas de acceso ó grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo 2023-2024

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de Vigo, para o curso 2023-2024:

 

REQUISITOS:

Haberá que estar en condicións de acceder a universidade como, persoas con título universitario, con título de formación profesional, persoas que superen a proba de acceso para maiores de 25 anos ou de 45 anos, ter superada a ABAU en anos anteriores ao actual ou superar a ABAU na próxima convocatoria para iniciar os estudos no curso 2023/2024.

 

DATAS DAS PROBAS:

- 1ª data: 15 de xuño

- 2ª data: 20 de xuño

Distribuir contido