Saltar navegación.
Inicio

Familias

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021.

Mañá, día 20 de maio, e ata o vindeiro 19 de xuño abre o prazo para a solicitude dos libros de texto e material escolar para alumnado que estea escolarizado na ESO no vindeiro curso escolar.

Admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021

ACTUALIZACIÓN, 6 DE MARZO.

Con data de onte matriculáronse por traslado dous alumnos de 1º e 3º da ESO, isto afecta á oferta de prazas xa que teñen dereito á reserva. Debido a elo a oferta de 4º da ESO queda en 28 vacantes.

============================================

 

Entre os días 1 e 20 de marzo está aberto o prazo de solicitude de postos escolares para o vindeiro curso escolar 2020/2021.

RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2020/21

Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

1º ESO 15 vacantes (6 delas NEAE)

2º ESO 0 vacantes

3º ESO 18 vacantes

Entrega de boletíns de notas de xuño.

2º de Bacharelato, os boletíns entregaránse ás 9,00 do martes 25 de xuño, o prazo de reclamacións de cualificacións é o propio día 25 e o día 26 de xuño, o prazo de matrícula para a convocatoria extraordinaria de ABAU é os días 26 e 27 de xuño.

1º da ESO os boletíns entregaránse ás 13,30 horas do mércores 26 de xuño.

2º, 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e Ciclos formativos os boletíns de notas entregaránse ás 11,00 horas do xoves 27 de xuño.

As instruccións para as matrículas do alumnado de cara ao vindeiro curso escolar están dispoñibles aquí.

Curso 2019/2020 - Impresos de matrícula e instruccións.

Modelos de impresos de matrícula para ESO e Bacharelato con instruccións.

 

Como cada curso escolar compre facer o trámite de matrícula para todos os cursos de ESO e Bacharelato.

Ao alumnado xa matriculado no Centro entregaráselle un impreso co último boletín de notas.

O alumnado de nova incorporación pode descargar e imprimir os modelos para non verse obrigado a achegarse dúas veces ao IES para este trámite.

Lémbrase a recomendación de empregar os días do prazo legal recomendados nas instruccións, xa que deste xeito evitamos colas interminables e poderemos prestar mellor atención a cada persoa.

MODELOS DE MATRÍCULA:

ESO: , , E

Bacharelato: , 2º Ciencias, 2º Humanidades ou Ciencias Sociais.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS.

A dirección xeral de Formación Profesional ven de anunciar os prazos de inscripción para as probas de acceso a ciclos:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título da ESO ou o 2º curso de B.U.P. pretendan matricularse en ciclos formativos de grao medio.

Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título de Bacharelato, ou un título de técnico (grao medio) pretendan matricularse en estudios de ciclos formativos de grao superior.

Toda a información sobre esta convocatoria poderase consultar na web de referencia da F.P. da Xunta de Galicia.

Fondo solidario de libros de texto e vales para a compra de material escolar.

Listaxes PROVISIONAIS de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto e vales de axudas para material escolar.

Listaxe de admitidos Fondo solidario de libros de texto.

Listaxe de excluídos Fondo solidario de libros de texto.

Listaxe de vales para material escolar.

Ábrese un prazo de RECLAMACIÓNS contra estas listaxes provisionais de dous días: O día 13 e o día 16 de xullo pódese reclamar contra a exclusión ou achegar documentación.

NOTA: Nas listaxes figuran como "pendentes" aquelas solicitudes de alumnos que teñen consigo libros do fondo do curso pasado e que non os devolven ata setembro. No mes de setembro, tras a devolución deses libros sacaremos unha nova listaxe onde xa figurarán "admitidos".

NOTA 2: Os lotes dos libros e os vales para material escolar entregaránse á persoa solicitante (Nai, pai ou titor que os solicitou) co curso escolar comezado. Avisaremos a través do propio alumno ou alumna.

LIBROS TEXTO CURSO 2017 - 2018

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017 - 2018

Relación de vacantes para o vindeiro curso 2017/18

Aberto o prazo de solicitude de admisión para novo alumnado de cara ao curso 2017/18.

Este prazo abrangue ata o día 20 de marzo.

Pode consultar nesta ligazón a dispoñibilidade de prazas.

O Concello de Ponteareas convoca axudas para a adquisición de libros de texto.

O Concello de Ponteareas ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto para os estudos de Ciclos formativos, FP Básica e Bacharelato.

 

Estas axudas son ata un máximo de 100 euros.

O prazo de presentación abrangue ata o día 30 de setembro.

Nos documentos adxuntos a esta entrada está toda a información e formularios precisos.

 

Distribuir contido