CURSO 2019-2020: CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO EN RÉXIME ADULTOS

No curso 2019/2020 o IES Politécnico de Vigo imparte os seguintes Ciclos Formativos de Grao Medio no réxime Adultos:

 

C.M. Instalacións eléctricas e automáticas

C.M. Mecanizado

Currículo DOG

Currículo DOG

O Técnico en Instalacións Eléctricas e Automáticas exerce a súa actividade en pequenas e medianas empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, ben por conta propia ou allea.
As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
  • Instalador-mantedor electricista.
  • Electricista de construción.
  • Electricista industrial.
  • Electricista de mantemento.
  • Instalador-mantedor de sistemas domóticos.
  • Instalador-mantedor de antenas.
  • Instalador de telecomunicacións en edificios de vivendas.
  • Instalador-mantedor de equipos e instalacións telefónicas.
  • Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica.
O Técnico en Mecanizado exerce a súa actividade nas industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipo mecánico, de material e equipo eléctrico, electrónico e óptico, e de
material de transporte encadrado no sector industrial.
As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
  • Axustador operario de máquinas ferramentas.
  • Pulidor de metais e afiador de ferramentas.
  • Operador de máquinas para traballar metais.
  • Operador de máquinas ferramentas.
  • Operador de robots industriais.
  • Traballadores da fabricación de ferramentas, mecánicos e axustadores, modelistas matriceiros e asimilados.
  • Torneiro, fresador e mandrinador.

MÓDULOS PROFESIONAIS

  • MP0232. Automatismos industriais (213h)
  • MP0233. Electrónica (107h)
  • MP0234. Electrotecnia (213h)
  • MP0235. Instalacións eléctricas interiores (320h)
  • MP0241. Formación e orientación laboral (107h)
  • MP0236. Instalacións de distribución (155h)
  • MP0237. Infraestruturas comúns de telecomunicación en vivendas e edificios (123h)
  • MP0238. Instalacións domóticas (123h)
  • MP0239. Instalacións solares fotovoltaicas (53h)
  • MP0240. Máquinas eléctricas (123h)
  • MP0242. Empresa e iniciativa emprendedora (53h)
  • MP0243. Formación en centros de traballo (410h)

MÓDULOS PROFESIONAIS

  • MP0001. Procesos de mecanizado (160h)
  • MP0004. Fabricación por arranque de labra (400h)
  • MP0005. Sistemas automatizados (160h)
  • MP0007. Interpretación gráfica (133h)
  • MP0008. Formación e orientación laboral (107h)
  • MP0002. Mecanizado por control numérico (314h)
  • MP0003. Fabricación por abrasión, electroerosión,corte e conformado, e por procesos especiais (140h)
  • MP0006. Metroloxía e ensaios (123h)
  • MP0009. Empresa e iniciativa emprendedora (53h)
  • MP0010. Formación en centros de traballo (410h)