Skip to Content

Artigos

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

22/05/2024 22:33

O mércores 22 de maio, recibimos a visita do alumnado de 6º de primaria do CEIP Santa Irene, do CEIP Portosín, do CEIP Plurilingüe Sobrado-Nebra, do CEIP de Xuño  e do CEIP Plurilingüe Campanario. Despois dun recibimento no salón de Actos, tiveron a súa primeira toma de contacto co instituto facendo un percorrido polas diferentes instalacións acompañados dalgúns alumnos de 1º de ESO  que fixeron de guías e compartiron con eles as súas experiencias, doutros de 2º de ESO que participaron na presentación do funcionamento da biblioteca e doutros máis maiores de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que lles fixeron unha exhibición dalgúns traballos realizados nas aulas de tecnoloxía, maker e polos creativos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CIFP COROSO

21/05/2024 16:53

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu  na mañá do xoves 16 de maio á xornada de portas abertas do CIFP Coroso en Ribeira, onde puideron acceder a diferentes talleres nos que se imparten algúns dos ciclos formativos.

Quizais a algúns deles lles sirva para escoller o seu camiño no futuro...

DEPORTE INCLUSIVO

10/05/2024 15:49

A través dunha serie de deportes que se programan para levar a cabo co alumnado de ESO, as persoas con discapacidade, xunto coas persoas profesionais de Misela, organizan actividades para practicar deportes inclusivos (badminton, baloncesto, tiros a portería e circuitos de psicomotricidade). Esta semana, acudiron ao noso IES e compartiron esta experiencia co noso alumnado de 2º de ESO.

Con esta actividade, trátase de favorecer a inclusión a través da práctica deportiva que contribúe a que o alumnado participante comprenda que as diferenzas son unha parte da vida.

OBRADOIRO DE BENESTAR EMOCIONAL

25/04/2024 18:39

O 25 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato, participou nun obradoiro de BENESTAR EMOCIONAL impartido por QUÉROTE+, onde se falou de todo o relacionado coa xestión emocional.

OBRADOIRO IGUALDADE

24/04/2024 12:56

Durante a mañá do 24 de Abril, o alumnado de 3º de ESO asistiu a uns Obradoiros onde se traballou todo o referido á igualdade de xénero.

QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES

16/04/2024 09:18

Ante a necesidade de abordar unha educación sen estereotipos de xénero, a Consellería de Educación e a de Promoción do Emprego e Igualdade, creou o programa formativo “Que non te líen, ti elixes” para tratar de eliminar a baixa representación feminina nos sectores laborais da construción, a madeira, o TIC, o metal e o mar de Galicia. Todos eles sectores con dificultades para alcanzar a igualdade laboral entre mulleres e homes.

Deste xeito, durante a mañá do martes 16 de abril, o noso alumnado de 3º e 4º de ESO puido asistir a esta charla no Salón de Actos.

 

UNITOUR

20/12/2023 15:04

 

Este mércores 20 de decembro, o alumnado de 2º de bacharelato foi a unha visita ao Salón UNITOUR en Coruña onde recibiron  información sobre as diferentes ofertas formativas de graos universitarios.

 

 

Coñecendo a USC

05/02/2020

Alumnos de 1º e 2º de Bacharelato estiveron onte coñecendo algunhas das facultades da Universidade de Santiago de Compostela. Esta visita que se realiza todos os anos, serve para despertar neles a curiosidade por estudar, despois do Bacharelato, un grado universitario.

OBRADOIROS DE IGUALDADE

12/11/2019

Os Servizos Sociais do Concello do Porto do Son realizaron outro ano máis obradoiros sobre igualdade a nenas e nenos de 4ºESO e 2ºESO PMAR. Nestos obradoiros, danlle a coñecer aos nosos alumnos aspectos relacionados sobre a desigualdade de xénero existente aínda a día de hoxe como os micromachismos, e pautas para que intenten buscar unha sociedade máis xusta.

Acollida a nais e pais do alumnado de 1º ESO 2019-2020



by Dr. Radut