Skip to Content

Artigos

MANUEL PORTAS FÁLANOS DE "LOURENÇO, XOGRAR"

23/01/2020

Trobadorismo, Idade Media, saber de nós, lusofonía... E o pracer por escribir! De todo isto e da súa obra Lourenço, xograr, falou onte  ao alumnado de 1º de bacharelato Manuel Portas, nunha charla ben interesante. A actividade, organizada polo departamento de Lingua Galega e o equipo de biblioteca, complementou a lectura e o traballo nas aulas.

 

GUÍA DE LECTURA COLABORATIVA DAS ESCOLAS DE PORTO DO SON. ABRIL 2019

09/04/2019

Un ano máis achegamos a Guía de Lectura Colaborativa. Forma parte do proxecto de dinamización lectora coordinado dende o equipo de biblioteca do IES de Porto do Son. Nela,  a EEI de Caamaño, de Carballosa, os CEIP de Campanario, Portosín, Queiruga, Seráns, Sobrado-Nebra, Xuño e o IES de Porto do Son recollemos recomendacións dende infantil ata maiores de 16 anos, é dicir, para tod@s!

Posto que estamos traballando a SOSTIBILIDADE, a nosa guía tamén é sostible e optamos por non imprimila. Para consultala, só é preciso empregar o lector de códigos QR. Premendo en cada un dos libros poderedes saber máis deles. Seguro que atopades algún que vos apeteza ler! Vinde á biblio, mercade un libro, emprestádeo…!!! 

Facemos comunidade lectora! Contámosvolo no blog da biblioteca!

Bo Día do Libro!

More presentations from etikeles

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

COMEZARON AS CONTADAS NA PERSEVEIRA 2018-19!

12/02/2019 21:58

Un ano máis recibimos os pequenos dos coles para contarlles contos na Sala Perseveira! Podedes ler máis e ver as fotos no blog da biblioteca!


CON LEDICIA COSTAS E "A SEÑORITA BUBBLE"

20/12/2018

Hoxe estivo connosco Ledicia Costas para falar co alumnado de 1º de ESO sobre a obra que leron neste trimestre en Lingua Galega: A señorita Bubble. Podedes ler máis sobre a visita no blog da biblioteca.

"TEMPESTADES" CON RICARDO FRAZER. TEATRO PARA OS CLÁSICOS

20/11/2018

Esta mañá alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá, achegouse á Casa de Cultura de Porto do Son para asistir á representación do espectáculo Tempestades, de Ricardo Frazer. Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca

HÉCTOR CAJARAVILLE FÁLANOS DE "O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO"

20/11/2018

Héctor Cajaraville, recentemente homenaxeado por segunda vez nos Premios Xerais, nesta ocasión co Merlín de Literatura Infantil ,  estivo a semana pasada no noso centro para falar co alumnado de 3º de ESO da obra que leron neste trimestre, O segredo da casa de Formoso. Podedes ler máis no blog da biblioteca. 

NAS IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

13/11/2018

Esta fin de semana estivemos nas IX Xornadas de Bibliotecas escolares contando como foron os nosos primeiros pasos no programa Radio na Biblio. Podedes lelo no blog da biblioteca. 

 

UN ANO MÁIS COS CLUBS DE LECTURA!

09/10/2018

O luns ao mediodía xuntámonos un curso máis na biblioteca para botar a andar de novo os clubs de lectura. O éxito da actividade vai medrando! Cando menos, un luns ao mes, habemos de compartir xornadas que nos irán unindo arredor do mundo dos libros! Nesta primeira sesión botamos man dos títulos dos libros para facer poesía! Entra no blog da biblio para ver como foi o primeiro encontro!

ANAGNÓRISE CON LIMIAR TEATRO NA CASA DE CULTURA

23/05/2018

Onte o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha representación de Anagnórise na Casa de Cultura, no marco das actividades que vimos realizando na celebración das Letras Galegas. Neste caso é unha colaboración coa editorial Galaxia. Foi unha proposta fresca, divertida e novidosa. Na entrada do blog da biblioteca podedes ler as opinións do alumnado. 

 

LENDO "NOITE DE TEMPORAL" CO AQUIS CELENIS EN SÁLVORA

12/05/2018

A lectura foi unha vez máis o motivo desta xuntanza co Aquis Celenis de Caldas. Nos clubs dos dous centros lemos Noite de temporal, a novela de Núñez Singala que narra a traxedia do Santa Isabel, o vapor de pasaxeiros que o 2 de xaneiro de 1921 afundía na costa de Sálvora, deixando 213 mortos. Salváronse preto de 60 persoas grazas á valentía de tres mozas e algúns veciños da illa. 

E que mellor lugar para recrear o que puido ser este naufraxio que visitar este arquipélago pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. E facelo na compaña do alumnado e o profesorado -xa amigo- do Aquis! Descubrir a súa historia e a súa beleza, e saber do importante que é conservar o seu ecosistema. 

Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca:

 



by Dr. Radut