Skip to Content

Artigos

HORTA ESCOLAR

15/05/2024 22:14

“Santo Isidro Labrador quita a auga e pon o sol”, hoxe comezaron os, xa tradicionais, traballos de posta en marcha da horta do IES, nesta ocasión contamos coa axuda do alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX, dos concellos de Porto do Son e Ribeira, que viñeron adecentar o terreo e a aprendernos as procesos que hai que seguir para que a horta dea unha boa colleita! Agradecemos a súa axuda e esperamos poder seguir contando con eles!!

SPRING WEEK

12/05/2024 19:59

O alumnado de 1º de ESO estivo do 5 ao 11 de maio nun campamento de inmersión lingüística activa en inglés en Mondariz-Balneario. Alí os alumnos disfrutaron dunha semana de actividades lectivas, deportivas e lúdicas, compartidas con 6 centros máis doutros lugares de Galicia.

 


 

MÁIS FOTOS AQUÍ

CHARLA BIOTECNOLOXÍA

21/03/2024 22:50

No marco das charlas do programa A Ponte da USC, o mércores 20 de marzo tivemos a visita de Francisco Omil profesor na Escola de Enxeñaría Química, que veu falar da importancia da biotecnoloxía na sociedade ao longo da historia e  a súa aplicación no futuro como ferramenta en diferentes campos: medicina, farmacia, agricultura e ganderia, rexeneración ambiental,.... Ademais explicou as diferentes vías de acceso a unha titulación.

 

 

CHARLA TERREMOTOS

19/03/2024 21:42

O pasado luns estivo no centro Carlos Nuñez, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxenería do campus de Lugo no marco das charlas “A Ponte” da USC, veu falar dos terremotos, e en concreto destes sucesos en Galicia e a probabilidade de que ocorran. Ensinou recursos dixitais para o estudo deste tipo de fenómenos e para a súa divulgación e explicou o motivo polo que non se espera un seísmo de gran magnitude na nosa comunidade.

 

SAÍDA A MONDOÑEDO

10/03/2024 17:06

36 horas intensas de xeoloxía e moito máis!. O alumnado de Xeoloxía e ciencias ambientais e  Bioloxía de 2º de bacharelato tivo esta fin de semana unha saída ao norte de Lugo. Empezaron o venres 8 na praia de Augasantas (As Catedrais) no concello de Ribadeo, aínda que debido ao estado do mar non se puido ver en toda a súa extensión, serviu para entrar en contacto cos materiais xeolóxicos (cuarcitas e lousas) que non abundan pola nosa comarca. A continuación foron a Mondoñedo onde visitaron a casa- museo de Álvaro Cunqueiro, situada na praza da Catedral. Logo foron coñecer o cemiterio vello da cidade onde se atopan as tumbas de Álvaro Cunqueiro, o poeta Leiras Pulpeiro e unha homenaxe ao autor da alborada do Himno galego Pascual Veiga. Pola tarde o percorrido pola cova do Rei Cintolo, a cova kárstica máis longa de Galiza, foi unha experiencia única. 

Ao día seguinte foron a Pontenova, para facer unha visita á mina Consuelo e aos fornos de Vilaoudriz. Alí contáronlles unha parte importante da historia da industria metalúrxica de principios do século XX: nestas minas extraíase e transformábase ferro para exportar a puntos do norte de Europa, sobre todo Alemaña.

Xa de volta, de camiño ao Son pararon no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño; no  museo e Castro de Viladonga e nas Penas de Rodas, xa graníticas.

A saída serviu ademais para afianzar as relacións entre o grupo e coller forzas para encarar o 3º trimestre!!!

Máis fotos AQUÍ

OBRADOIRO DE BIOTECNOLOXÍA

02/03/2024 19:09

Este venres tivemos a visita de membros de Galbiotec, asociación de biotecnólogos de Galiza que na súa labor de promover a figura dos biotecnólogos e coa ansia de promover carreiras científicas impartiron unha charla ao alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía sobre biotecnoloxía, as súas aplicacións e retos futuros. Para finalizar ensináronlle ao alumnado como facer preparacións para a observación de diferentes fases do ciclo celular e observáronnas ao microscopio.

OLIMPÍADA XEOLÓXICA

08/02/2024 16:02

Alumnado da materia de  Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2ºBacharelato e alumnado de 4ºESO, participou na XV Olimpíada Xeolóxica o 7 de febreiro na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela.

Parabéns a Hugo Pouso de 2º de Bacharelato A  que quedou terceiro na competición individual!

  

SAÍDA AO SALNÉS

30/01/2024 22:54

Na xornada do luns 29 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo xeolóxico das praias da Lanzada, Bascuas e Vilalonga, na Península do Salnés, onde poideron observar estruturas xeolóxicas como pregamentos e fallas.

Completaron a xornada, visitando a cidade de Pontevedra.

 

SAÍDA AO SALNÉS

30/01/2024 22:27

Na xornada do luns 29 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo xeolóxico das praias da Lanzada, Bascuas e Vilalonga, na Península do Salnés, onde poideron observar estruturas xeolóxicas como pregamentos e fallas.

Completaron a xornada, visitando a cidade de Pontevedra.

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ

 

MUNCYT DOMUS CORUÑA

17/01/2024 11:37

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.

 



by Dr. Radut