Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Marzo 02, 2018 »
Ven

 

O uso dos móbiles está instalado na vida do noso alumnado. Paralelamente ao correcto emprego da mesma, tanto na aprendizaxe como no ocio, están a darse situacións de risco. O noso labor é educar na responsibilidade. Procurar axuda para que os mozos e mozas estean informados. Tamén o profesorado e as familias. Onte estivo no centro un garda civil co alumnado de 2º e 3º de ESO. Faloulles da problemática que conlevan as redes sociais, dos perigos e dos marcos legais. 

Este é un labor de toda a comunidade educativa. As escolas. As familias. A sociedade. As institucións.

E por suposto, OS MOZOS E MOZAS han de actuar CON MADUREZ.

Venres 2  de 12:20h a 14:00h, para alumnado de 4º de ESO, mesa redonda con Montse Fajardo e Mª do Carmen Rey como mulleres transmisoras da memoria histórica. Actividade arredor da conmemoración do Día da Muller promovida polo Departamento de Historia e a Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut