Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Marzo 10, 2018
Start: 05/03/2018
End: 10/03/2018

Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase  na aula con xornais.

Mércores Marzo 14, 2018

Ximena e Natalia, alumnas que forman parte do grupo do instituto de Correspondentes Xuvenís, achégannos unha reflexión ben atinanda sobre o que supuxo para elas o 8 de marzo e como o vivimos no centro.

Velaquí:

 

8 de marzo de 2018,

Querido diario, hoxe é un día moi especial para todas

as mulleres do mundo, para as que non teñen recursos

e as que contan con eles, 

para as que coidan dos demais e tamén delas mesmas,

para as que converten todo en enerxía e para as que 

precisan unha

luz no camiño.

Hoxe é o día de berrar ata quedar afónicas, que somos

e queremos ser libres, que tanto mulleres coma homes 

somos iguais 

porque somos persoas.

 

Nós, adolescentes, medramos rodeadas dunha sociedade na que a muller ten salarios máis baixos, coida dos

rapaces, fai as tarefas domésticas... Moitos homes pensan que iso é unha obriga. A igualdade é que todos

fagamos o mesmo. Xa que todos comemos, todos cociñamos!

Por iso as profesoras do IES de Porto do Son quixeron poñer o seu gran de area colaborando cuns mandís

tendidos por un día e deixando as responsabilidades nos homes.

Como sería un día sen mulleres?

 

 

Xoves Marzo 15, 2018

15 de marzo de 2018: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Luns Marzo 19, 2018

Ao rematar as clases da tarde, reunión de avaliación da 2ª avaliación de 2º de Bacharelato.

Mércores Marzo 21, 2018
Start: 21/03/2018

Segunda avaliación, ESO e 1º,2º Bacharelato

Start: 21/03/2018

Programa da viaxe a Burgos  organizado polos departamentos de Bioloxía e Educación Física:

Mércores, 21 de marzo

8:00 Saída do Porto do Son

14:30 Chegada a León.

17:00 Saída de León

19:30 Chegada a Burgos.

Xoves, 22 de marzo

11:00-14:15 Visita aos xacementos de Atapuerca

16:45-18:15 Visita guiada ao Museo da Evolución

Venres, 23 de marzo

10:00 Actividade de espeleoloxía a cargo da empresa Beloaventura na localidade de Puras de Villafranca. A súa duración será dunhas 3 horas ou 3 horas e media.

 

Ao rematar a actividade, xantaremos o picnic encargado no hotel. Saída cara o Porto do Son.

 

 https://www.youtube.com/watch?v=er3Hst0QdEI

 

Xoves Marzo 22, 2018
Start: 21/03/2018
End: 22/03/2018

Segunda avaliación, ESO e 1º,2º Bacharelato

Programa da viaxe a Burgos  organizado polos departamentos de Bioloxía e Educación Física:

Mércores, 21 de marzo

8:00 Saída do Porto do Son

14:30 Chegada a León.

17:00 Saída de León

19:30 Chegada a Burgos.

Xoves, 22 de marzo

11:00-14:15 Visita aos xacementos de Atapuerca

16:45-18:15 Visita guiada ao Museo da Evolución

Venres, 23 de marzo

10:00 Actividade de espeleoloxía a cargo da empresa Beloaventura na localidade de Puras de Villafranca. A súa duración será dunhas 3 horas ou 3 horas e media.

 

Ao rematar a actividade, xantaremos o picnic encargado no hotel. Saída cara o Porto do Son.

 

 https://www.youtube.com/watch?v=er3Hst0QdEI

 

Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas e colaborador do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e do equipo de Biblioteca. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos!

Tan necesaria a divulgación científica en galego! 

Podedes vela neste enlace.

Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos!

Tan necesaria a divulgaciñon científica en galego! 

 

 

Escoitar, falar, expresar, conversar, latricar, cantar, bailar, argumentar, debater, dialogar, atender... Canto disto é preciso recuperar nunha sociedade dominada polas tecnoloxías? Os tempos, os espazos... Cantas referencias? Cantos camiños perdidos? Mais... e as canles abertas? As novas posibilidades que poden enriquecer as nosas vidas? Como vivir e convivir nesta sociedade en transformación?

Onda ti! Semana Cultural da Comunicación. Unha semana na que o IES de Porto do Son estará ONDA TI. Porque...Onda ti Son, onda ti medro, onda ti sinto, onda ti aprendo...!

Do 3 ao 9 de abril. Aquí vos deixamos o programa. Enviaremos ás casas o tríptico, pero tamén podedes descargar o pdf.

Agradecemos a colaboración da ANPA, da Concellería de Emprego e Xuventude do Concello de Porto do Son, da Mancomunidade de Montes de Baroña e de todas e todos aqueles (ponentes, avós,profas e profes, persoal non docente e alumnado que a fará posible).

Estades convidados a achegarvos polo centro!

Os do ciclo somos de aproveitar o que ven. Este inverno veu cargadiño de neve, asi que mochilas ó bus xunto cos ciclos de Gondomar e Arteixo, e nos desprazamos ata Pajares (Asturias). Estas saídas son complicadas de organizar, 3 institutos, 3 ciclos, con profes diferentes pero moito mais enriquecedoras para o alumnado e profes do complicada que pode ser a súa xestión. Os/as alumnos/as fixeron esqui, snown, dirixiron xogos, e intentamos que se achegaran un pouco mais o rol que lles toca, o de TÉCNICOS.

 

Venres Marzo 23, 2018
Start: 21/03/2018
End: 23/03/2018

Programa da viaxe a Burgos  organizado polos departamentos de Bioloxía e Educación Física:

Mércores, 21 de marzo

8:00 Saída do Porto do Son

14:30 Chegada a León.

17:00 Saída de León

19:30 Chegada a Burgos.

Xoves, 22 de marzo

11:00-14:15 Visita aos xacementos de Atapuerca

16:45-18:15 Visita guiada ao Museo da Evolución

Venres, 23 de marzo

10:00 Actividade de espeleoloxía a cargo da empresa Beloaventura na localidade de Puras de Villafranca. A súa duración será dunhas 3 horas ou 3 horas e media.

 

Ao rematar a actividade, xantaremos o picnic encargado no hotel. Saída cara o Porto do Son.

 

 https://www.youtube.com/watch?v=er3Hst0QdEI

 

Entrega de notas 2ª avaliación, día 23 de marzo.

O mércores 21 de marzo o Ciclo desprazouse ata Baiona para asistir ó "III Seminario sobre Didáctica do Deporte Adaptado: Vela Adaptada". Descubrimos un proxecto ben diseñado, organizado e con ilusión para persoas con diversidade funcional. Tivemos unha parte teórica, onde nos explicaron como se financiaban, tipos de embarcacións e como era o proxecto que estan a desenvolver na actualidade. Pasamos á parte práctica, onde puidemos observar en primeira fila como navegaba Cesar (participante neste proxecto). Gracias ó Monte Real Club de Yates de Baiona por este seminario, a Cesar polo seu testimonio e presencia, foi un placer velo navegar!!.

Podedes ver as fotos na páxina de facebook do ciclo.

Sábado Marzo 24, 2018
Domingo Marzo 25, 2018
Luns Marzo 26, 2018
Martes Marzo 27, 2018
Mércores Marzo 28, 2018
Xoves Marzo 29, 2018
Venres Marzo 30, 2018
Sábado Marzo 31, 2018
Domingo Abril 01, 2018

O alumnado de 1º de Bacharelato e un grupo de 4º de ESO, viaxou nos últimos días do trimestre a Burgos nunha saída dos departamentos de Bioloxía e Educación Física. Cunha parada en León, logo en Burgos, Atapuerca e o Museo da Evolución. Tamén espeleoloxía en Puras de Villafranca. Uns días ben aproveitados!

    

 

 

Luns Abril 02, 2018
Martes Abril 03, 2018
Start: 03/04/2018

Charlas, obradoiros, debates, encontros con avós... Unha vez pechado o progama, publicarémolo.

Mércores Abril 04, 2018

Charlas, obradoiros, debates, encontros con avós... Unha vez pechado o progama, publicarémolo.

Start: 04/04/2018 09:10

O mércores 4 de abril, o alumnado da ESO (1º e 2º fundamentalmente) terá unha carreira de orientación cos outros centros da comarca, no Parque da Cachada en Boiro.

Start: 04/04/2018 21:02

Despois de que o ciclo impartise unhas sesións de orientación na ESO, tocou chequearse a ver se se animaban a participar nunha carreira de orientación entre os institutos da zona. Mais de 400 orientadores/ras xuntánronse no parque da Cachada (Boiro), dos que case 50 eran alumnos/as do noso centro (sendo case a metade do noso grupo alumnAS de 1º ESO).

Os/as alumnos/as do ciclo acompañaron os/as rapaces/zas facendo tareas de técnico. Fixérono estupendamente!!

Por certo, conseguimos algunha medalla, noraboa a Lois, Valeria, Eloi e Nerea por eses resultados. Pero sobre todo noraboa a TODOS/AS por participar, por ser activos, por ter iniciativa, por esa boa actitude e por orientarvos!! Seguinte parada o Campionato Provincial de Orientación en Acea da Ma (Culleredo, A Coruña).

Se queredes ver todas as fotos pinchade aquí.

Xoves Abril 05, 2018

Charlas, obradoiros, debates, encontros con avós... Unha vez pechado o progama, publicarémolo.

Start: 05/04/2018 17:40

O Ciclo e alumnos/as de 4º ESO acudiron a IV XORNADA XUVENTUDE E EMPREGO, organizada polo Concello de Porto do Son. O tema abordado este ano foi o tema interdisciplinar do centro deste curso: a COMUNICACIÓN. Que importante a comunicación!! Importantísima nas nosas vidas, nas nosas profesións. Tivemos unha sesión práctica sobre "Ferramentas de Comunicación e Oratoria" (impartida por Alejandra Sánchez Barge) e posteriormente unha mesa redonda co tema "A importancia da comunicación no ámbito persoal e profesional: habilidade, estratexias e ferramentas". Cerramos a xornada coa actuación musical de Thais Rudiño (finalista do programa La Voz e participante na mesa redonda da xornada).

Podedes ver mais fotos premendo aquí.

   

Venres Abril 06, 2018
Start: 03/04/2018
End: 06/04/2018

Charlas, obradoiros, debates, encontros con avós... Unha vez pechado o progama, publicarémolo.

Sábado Abril 07, 2018
Distribuir contido


by Dr. Radut