Skip to Content

INFORMACIÓNS DA ANPA

INFORMACIÓNS DA ANPA

ORIENTACIÓNS PARA ELIXIR MATERIAS EN 3º DE ESO

26/05/2020 00:05

1º.- Tes que elixir entre Matemáticas aplicadas ou Matemáticas académicas. Os contidos que se imparten son os mesmos pero nas aplicadas vanse a estudar dunha forma máis básica e práctica. Nesa elección, debes ter en conta, se tes dificultades na área de Matemáticas e o que vas facer ao rematar 4º de ESO:

- Se pensas facer un ciclo formativo de formación profesional (fp) de grao medio (CM)  e tes dificultades nas matemáticas, entón  colle as Matemáticas aplicadas.

- Se pensas facer un ciclo formativo de formación profesional (fp) de grao medio (CM) e NON tes dificultades nas matemáticas, entón podes coller as Matemáticas académicas. Desta maneira,  se cambias de idea e  fas  o Bacharelato,  non terás problemas de base na materia de Matemáticas.

-  Se pensas facer o Bacharelato entón colle as  Matemáticas académicas. 

- Se non sabes  se vas cursar un CM ou o Bacharelato, entón colle as Matemáticas aplicadas.

- Se continúas tendo dúbidas pídelle axuda ao teu profesor de Matemáticas ou  contacta con Orientación (Elena) ou Xefatura de Estudos (Pepe).

 

2º.- Na primeira lingua estranxeira que ter que marcar é inglés porque é o idioma que cursaches como primeira lingua ata agora.

 

3º- Tes que decidir entre valores éticos ou relixión.

En valores éticos vas estudar o respecto á Declaración Universal dos Dereitos Humanos na vida social e política, na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía. Os bloques temáticos a traballar son: a comprensión, respecto e igualdade nas relacións interpersoais, a dignidade da persoa, a xustiza e a política, a reflexión ética, etc.

 

4º.- A segunda lingua estranxeira é o francés. Tes que decidir entre Francés ou Cultura clásica, que se oferta en 3º e en 4º como optativa. Se cursas en 3º  Cultura clásica entón en 4º xa non a podes volver a cursar. Podes comprobalo no sobre de matrícula de 4º de ESO. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/MATR%C3%8DCULA%204%C2%BA%20ESO%202020.pdf

Se estiveches exento de francés en 1º e/ou en 2º de ESO, tes que coller obrigatoriamente Cultura clásica.

En cultura clásica vas estudar as raíces culturais de Grecia e Roma e a súa influencia na nosa cultura occidental nos ámbitos literario, artístico, mitolóxico, científico, sociopolítico, filosófico e lingüístico. Ademais coñecerás como o noso patrimonio cultural está relacionado coas civilizacións gregas e latina.

 

5º.- Bioloxía e xeoloxía bilingüe ou Bioloxía e xeoloxía. A diferenza entre estas materias esta en que na bilingüe os contidos impártense en inglés apoiándose do galego ou castelán. Para cursar a bilingüe non debes ter dificultades no inglés e polo menos deberas ter na nota final un 6. Os contidos son os mesmos nas dúas materias.

Se queres ter máis información contacta con Elena (elena@ieson.gal) ou con Pepe (pepe.lijo@ieson.gal).

O impreso de prematrícula despois de cubrila telemáticamente, tes que reenviala ao Instituto, segundo indica  en cada paso. Se non eres capaz, garda o impreso e o envías nun arquivo adxunto ao enderezo: ieson@ ieson.gal.

 

Moitas grazas pola túa atención.

 

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN DE ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS DE ENSINO.

06/05/2020
18/05/2020

O ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS DE ENSINO NON ADSCRITOS AO IES DE PORTO DO SON PODEN FACER A SÚA RESERVA NESTE ENLACE.

 

IR Á PAXINA https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ Datas 11 a 18 maio.

 

O alumnado dos centros adscritos ao IES (XUÑO, SANTA IRENE, CAMPANARIO, NEBRA E PORTOSÍN), E O ALUMNADO DO PROPIO IES NON TEN QUE REALIZAR ESTE TRÁMITE.

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE NOS CENTROS ESCOLARES.

12/03/2020
26/03/2020

Estimadas  familias.

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas. 

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

O alumnado e o profesorado contan con correos web e están habituados ao seu uso nas aulas virtuais do IES. O seguimento do traballo do alumnado pode facerse por medios informáticos que eles xa coñecen de usalos nas aulas. Recomendamos que o alumnado non perda o ritmo de estudo e sexa autónomo para seguir traballando.

 
As datas de avaliación han ser modificadas. A duración probable desta situación é de 14 días.


Usen esta páxina ieson.gal para informarse das instruccións oficiais da Conselleria e as autoridades. Todo o que nos envíen será publicado aquí.

Se algún alumno esqueceu o seu contrasinal pode recuperalo escribindo ao correo ieson@ieson.gal indicando o seu nome e apelidos e curso. Igualmente poden expoñer nese correo as súas dúbidas.


Moitas grazas. Temos toda a confianza na madurez do noso alumnado e da nosa comunidade educativa. Isto só será unha contrariedade que non debe afectar aos seus estudos. Todo vai ir ben.

Para información sanitaria sigan as páxinas oficiais do SERGAS e do Ministerio de Sanidade.


https://www.sergas.gal/Saude-publica/Novo-coronavirus-2019-nCoV
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm


Plan de acreditación da experiencia profesional

13/01/2020
07/02/2020

Enlace á web: http://www.edu.xunta.es/fp/plan-acreditacion-experiencia-profesional

Convocatoria Mellora o teu futuro profesional do 13 de xaneiro ao 07 de febreiro

Pon en valor a túa experiencia laboral

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional puxo en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.

Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos.

Queremos recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.

 

Acredita toda unha vida de traballo

Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida.

 

Acredítate!!

Folleto informativo. Convocatoria 2020

Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes.

11/11/2019 19:00

Estimadas familias:

O luns 11/11/2019, as 19 horas, dentro das actividades e charlas para nais e pais que organizamos coa axuda do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), estarán no Salón de Actos do IES Porto do Son Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do IES), doutoras en psicoloxía, para falarvos de  "Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes"

O resumo da súa intervención é este: A adolescencia é un período de cambios e adaptación progresiva aos roles adultos. Neste proceso de maduración, os/as fillos/as poden amosar condutas problemáticas. Nesta charla interactiva trataremos de abordar estes comportamentos e presentar pautas básicas para xestionalos. Falaremos e practicaremos especialmente habilidades de comunicación e de resolución de conflitos para aplicar nas relacións entre nais/pais e fill@s.

É de interese para os vosos fillos e fillas que asistades. Moitas grazas.

 

(Asinade, por favor o recibo desta carta, para ter constancia de que a recibides, e que os vosos fillos e fillas a entreguen aos titores antes do luns a medio día.)

 

REUNIÓN FAMILIAS CON TITORAS E TITORES

14/10/2019

REUNIÓN FAMILIAS CON TITORAS E TITORES

DÍA 14/09/2019 LUNS

1º e 2º ESO ás 18:15 h

3º e 4º ESO ás 18:45 h

1º e 2º BAC ás 19:15 h

A recepción do grupo farase no salón de actos xunto ao equipo directivo e logo cada grupo vai á clase correspondente. 

AQUÍ PODEN VER UN CADERNO CON ORIENTACIÓNS E INFORMACION SOBRE O IES

CONFIRMEN AS TITORES E TITORES, ASINANDO A CARTA QUE LLE ENVIARON OS SEUS FILLOS E FILLAS, A SÚA ASISTENCIA

OU, MESMO QUE NON PODAN VIR, QUE ESTÁN AO TANTO DA CONVOCATORIA .

Titorías 2019-20 

 

CURSO

Titor/a e delegado/a

Hora de AP

1º ESO A

Titora: Gloria Santos (BX)

Mércores

10:20

1º ESO B

Titora: Isabel Fernández (Mat) 

Venres

11:10

1º ESO C

Titor: Alberto Santos (EF)

Mércores

11:10

1º ESO D

Titora: Inés Pascual (Inglés)

Martes

10:20

2º ESO A

Titora: Raquel Creo (FQ)

Mércores

10:20

2º ESO B

Titora: Alicia Domínguez (LC)

Xoves

12:20

2º ESO C

Titor: Xosé Antón Ponte (Tecn)

Martes

10:20

2ºESO PMAR

Titor: Jóse Carlos Hernández (BX)

Martes

9:10

3º ESO A

Titor: Carlos Miguel García (Tecn)

Martes 

11:10

3º ESO B

Titor: César Hermida (Música)

Venres

11:10

3º ESO C

Titor: Carlo Guede (EF)

Venres

11:10

4º ESO A

Titora: Loli Fernández (Rel)

Mércores

10:20

4º ESO B

Titora: Juana Poza (Inglés)

Venres

9:10

4º ESO C

Titora: Dores Salgado (LG)

Xoves

11:10

1º BAC A

Titora: Carmen Caamaño (Inglés)

Venres

10:20

1º BAC B

Titora: Rut Losada (LC)

Martes

11:10

2º BAC A

Titor: Héctor Agrafojo (Inglés)

Xoves

10:20

2º BAC B

Titora: M.Xesús García (LG)

Xoves

11:10

CICLO

Titor: Domingo Sampedro

Venres

10:20

INICIO DE CURSO 2019/20

17/09/2019

Data inicial de comezo das clases.

Solicitude fondo libros e axuda material escolar

20/05/2020
19/06/2020

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

 

PARA EVITAR MANEXO DE PAPEIS E CONTACTO PERSOAL USEN PREFERIBLEMENTE OS MEDIOS INFORMÁTICOS QUE ABAIXO SE INDICAN. 

Para cubrir por medios informáticos ir aquí. É necesario ter a chave 365, ou certificado dixital

poden acceder desde>>>>

 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 ou

directamente en https://sede.xunta.gal/portada co código ED330B  

enlace>>>> https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=gl

 

NOTA INFORMATIVA

 

A causa do estado de desescalada, manterán en todo momento a distancia de seguridade de 2 metros e accederán con mascariña ao IES.

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO NA ESO NO CURSO ESCOLAR 2019/2020

 

Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)

Instrucións

 

  • Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. A solicitude será única para todos os fillos. Debe presentala no centro no que está matriculado no 2019-2020.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Recoller o impreso en conserxería. OU PODEN DESCARGALO AQUÍ, CUMPLIMENTALO NO ORDENADOR CO PROGRAMA ADOBE READER E ENTREGAR NO IES, XUNTO COA DOCUMENTACIÓN.
  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 20/05/2020 e rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).
  • Documentación a achegar ás solicitudes: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude: anexo I e II) a seguinte documentación:
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios.  
  • De ser o caso, faría falta:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

 

 

 

Obrigas das persoas beneficiarias:

 

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20 (....) A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2020/21 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

Acollida a nais e pais do alumnado de 1º ESO 2019-2020

ABAU - 2020 - INSTRUCCIÓNS E INFORMACIÓN

18/05/2019 21:47

 

A información indispensable tela aquí: 

http://ciug.gal/gal/abau

 

 CAMBIOS ABAU 2020

 

 NON O ESQUEZAS: INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA PROBA

enlace, revísao para evitar problemas)

 

 

MATRÍCULA NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO

 

Solicitudes de admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais de grao no Sistema Universitario Galego.

 

 

REPASA OS LINKS DE CIUG:

NOTAS DE CORTE

PONDERACIÓNS

 

 

E para calquera dúbida, non esperes, e pregunta en

 

Orientación do IES, 881866701 de 11 a 12.

 

Pode serche de axuda para definir os teus pasos

esta guía do Concello da Coruña  (2019)

(ENLACE A MOITOS OUTROS ENLACES QUE PODES PRECISAR E INFORMACIÓN SOBRE BECAS E AXUDAS).

 

 

Que estudiar y donde en la universidad española

 

SERVIZO DE INFORMACIÓN DE PREINSCRICIÓN UNIVERSITARIA:

 Figuran tfno e correos electrónicos

 

 

Estudios Universitarios - Oferta de titulaciones de grado por rama de conocimiento

 

SIMULADOR DA NOTA DE ADMISIÓN AS TITULACIÓNS DO SUG:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25262 

 

ENLACE A "QUE QUERO ESTUDAR? GUÍA 2020LA VOZ DE GALICIA

ENLACE para facilitar a búsqueda dos diferentes estudos: https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/ 

A Voz de Galicia, publicou o  17 de maio,  a segunda edición da guía de estudos superiores. 

 Graos universitarios e ciclos de F.P. de grao superior  agrupados por cores  para unha fácil identificación, segundo a rama de coñecemento.

 Estudos de Artes Plásticas e Artes Escénicas 

 Másteres

 Na explicación de cada grao universitario aparece:

1. Centros universitarios de Galicia onde se poden cursar

2. Nota de corte en cada universidade 

3. Plazas libres no curso anterior se é o caso 

4. Se se trata dun doble grao 

5. Materias de Bacharelato que ponderan para cada grao

6. Características e salidas profesionais de cada título.

 Na explicación de cada ciclo superior de Formación Profesional figura:

1. Centros educativos onde se poden cursar

2. Características do ciclo e saídas profesionais

3. Nota de corte de Bacharelato se é o caso.

 Pero pregunta, sempre pregunta, non quedes con dúbidas.

 

SORTE!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut