Skip to Content

INFORMACIÓNS DA ANPA

INFORMACIÓNS DA ANPA

ESCOLA DE NAIS, E PAIS

30/04/2018

O outro luns, comezamos  unha serie de charlas sobre educación e adolescencia. Somos unha comunidade e temos que axudarnos entre nós. Aprender xuntos familias e profesores, porque todos precisamos de todos.

 

A primeira correu da parte do IES, e xa se celebrou o luns 9. Asistimos 30 nais e pais. O IES comprometeuse a convocar novas reunións. Imos facelas na Casa da Cultura de Concello de Porto do Son, abertas tamén a nais e pais dos colexios de primaria. 

A segunda será de Jorge García Marín, Doutor en Socioloxía, e profesor na Universidade de Santiago de Socioloxía da Educación. Daranos unha aportación moi interesante, desde unha perspectiva feminista, sobre como as novas tecnoloxías comunicativas están a propoñer un modelo machista a nosa xuventude, e os problemas derivados.  "O investigador chamou a atención sobre a importancia da implicación das familias á hora de xestionar a utilización das redes sociais dos menores e engadiu unha serie de consellos: “canto máis tarde se inician nelas, mellor” dixo en alusión á idade a que comezan os/as menores a manexar redes ao que engadiu tamén a necesidades de controlar os tempos de uso e os contidos difundidos, “son necesarios límites” apunta o investigador xustificando a súa postura." Podedes ver aquí unha entrevista.  

Na terceira estará a cargo de Patricia Gómez Salgado,  do Grupo de Investigación de Psicoloxía do Consumidor e o Usuario da Universidade de Santiago. "La adicción a Internet aún no está reconocida de manera oficial, pero sí que es verdad que cada vez más familias acuden a psicólogos buscando ayuda porque no saben cómo manejar los problemas que surgen, sobre todo en los hijos adolescentes."

Datas e horas: 

“A influencia dos móbiles nas condutas dos adolescentes.”

Día: ​30 de abril de 2018

Lugar: ​Casa de Cultura de Porto do Son

Hora: ​19:00h

“O uso problemático de internet”

Día: ​7 de maio de 2018

Lugar: ​Casa de Cultura de Porto do Son

 

Hora: ​19:00h

 

Podedes ver aquí a presentación da primeira charla. Son útiles os enlaces a libros e institucións que se aportan.

 

 

ONDA TI! SEMANA CULTURAL DA COMUNICACIÓN

22/03/2018

 

 

Escoitar, falar, expresar, conversar, latricar, cantar, bailar, argumentar, debater, dialogar, atender... Canto disto é preciso recuperar nunha sociedade dominada polas tecnoloxías? Os tempos, os espazos... Cantas referencias? Cantos camiños perdidos? Mais... e as canles abertas? As novas posibilidades que poden enriquecer as nosas vidas? Como vivir e convivir nesta sociedade en transformación?

Onda ti! Semana Cultural da Comunicación. Unha semana na que o IES de Porto do Son estará ONDA TI. Porque...Onda ti Son, onda ti medro, onda ti sinto, onda ti aprendo...!

Do 3 ao 9 de abril. Aquí vos deixamos o programa. Enviaremos ás casas o tríptico, pero tamén podedes descargar o pdf.

Agradecemos a colaboración da ANPA, da Concellería de Emprego e Xuventude do Concello de Porto do Son, da Mancomunidade de Montes de Baroña e de todas e todos aqueles (ponentes, avós,profas e profes, persoal non docente e alumnado que a fará posible).

Estades convidados a achegarvos polo centro!

Nº 2 DE LAMBDA, REVISTA SOBRE MATEMÁTICAS RECREATIVAS E CURIOSIDADES

22/03/2018

Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas e colaborador do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e do equipo de Biblioteca. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos!

Tan necesaria a divulgación científica en galego! 

Podedes vela neste enlace.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.

07/02/2018

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. 

Borrador da Orde de convocatoria 2018.

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos

CALENDARIO

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

Admisión do alumnado para o curso 2018/2019

20/06/2018

Solicitude de admisión

 

Próxima apertura

(aberto do 1 ao 20 de Marzo)

 

enlace>>>> https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato para o curso académico 2018/2019.

 

O IES de Porto do Son presenta aquí información facilitada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que fai referencia aos procedementos de admisión e matrícula nos centros docentes sustentados con fondos públicos da comunidade autónoma de Galicia para os seguintes niveis educativos: 2º ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2018/19

Para o curso escolar 2018/19 os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:

Reserva de praza no centro de orixe 01 - 15 de febreiro

Sorteo público a efectos de desempate Última semana de febreiro e antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes Antes do 1 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión 01 - 20 de marzo

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria 20 - 30 de xuño

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato 25 de xuño - 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato 1 - 10 de setembro

EDUCAR PARA UNHA CULTURA DA SUSTENTABILIDADE NO PFPP

23/01/2018

Dentro do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) hoxe organizamos unha formación sobre “EDUCAR PARA UNHA CULTURA DA SUSTENTABILIDADE” co Grupo de investigación SEPA-interea, a USC e Intered Galicia. A formación foi a cargo do doutor Germán Vargas. Esta é unha das liñas que vimos xa traballando no centro. Esta formación permitiranos avanzar e establecer unha canle de colaboración coa USC. 

 

NOTAS DE CORTE 2017/2018 E PARÁMETROS DE PONDERACIÓN 2018/2019

08/11/2017

Para o alumnado de BACH. Prestade atención ás

NOTAS DE CORTE do 2017/2018 e aos

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN

das materias ABAU 2018/2019.

FOLLETO INFORMATIVO DE COMEZO DO CURSO

16/10/2017 14:04

FOLLETO INFORMATIVO

DE COMEZO DE CURSO

 

Información para nais e pais sobre:

Estrutura orgánica do IES.

Normas xerais de convivencia.

Asociacións e representación de pais e alumnos.

Claustro de profesores.

Representantes do Consello Escolar.

Actividades que se realizan no IES.

Horario académico do centro.

Horario de visitas e oficina.

Plan de estudos: ESO

Plan de estudos: Bacharelato.

Formación profesional: Ciclo.

Calendario de avaliacións.

 

 

INICIO DO CURSO 2017-18

06/09/2017 09:14

 

O curso 2017-18 comeza o VENRES 15 de setembro para a ESO e BACHARELATO. Esta será unha xornada de PRESENTACIÓNS. Os autobuses recollerán o alumnado nas súas paradas para chegar ao centro ás 10:30h. Irase chamando por niveis, pero as LISTAXES cos grupos estarán xa expostas na porta do centro media hora antes.

O inicio do curso para o CICLO será o LUNS 18, ás 08:20h. Tras a presentación a xornada terá un desenvolvemento dentro do horario habitual.

VENRES 15, HORARIO DAS PRESENTACIÓNS 

1º ESO

Ás 10:30h, recepción no salón de actos

Ás 11:00h, saída para as aulas cos titores/titoras

2º ESO

Ás 11:15h, recepción no salón de actos

Ás 11:30h, saída para a aula cos titores/titoras

3º ESO

Ás 10:30h, recepción na biblioteca

Ás 10:45h, saída para a aula cos titores/titoras

4º ESO

Ás 11:00h, recepción na biblioteca

Ás 11:15h, saída para a aula cos titores/titoras

BACHARELATO

Ás 11:00h, recepción nas aulas cos titores/titoras

 

O alumnado esperará na entrada ata que sexa chamado por algún membro do equipo directivo.

 

SAÍDA ás 12:00h

LUNS 18

CICLO, 8:20, recepción na aula

Iníciase o horario habitual para todos os cursos (ESO, BACHARELATO e CICLO):


 

Mañá

 Tarde

Luns

8:20h-14:00h               

16:20h- 18:00h             

Martes

8:20h-14:00h 

 

Mércores

8:20h-14:00h 

 

Xoves

8:20h-14:00h 

 

Venres

8:20h-14:00h 

 


Pódese consultar e descargar o CALENDARIO ESCOLAR para o curso 2017-18 na páxina da Coordinadora Galega de ENDL pinchando aquí.



Enlaces a páxinas de interés sobre Formación Profesional

11/05/2017

Podes ver aquí varios enlaces a sitios web de interés para a túa orientación á Formación Profesional.

Un text: que me gustaría facer??? 

aquí >>>> http://fpbide.com/es/

 

A páxina (moi clariña) da Consellería de Educación / Formación Profesional

 

aquí>>> Unha guía que estrutura moi ben a información

 

Unha presentación sobre preinscripción e matrícula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut