Skip to Content

Normativa, Calendario, Plan de actividades, Documentos, Conmemoracións, Semana cultural

HORTA ESCOLAR

15/05/2024 22:14

“Santo Isidro Labrador quita a auga e pon o sol”, hoxe comezaron os, xa tradicionais, traballos de posta en marcha da horta do IES, nesta ocasión contamos coa axuda do alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX, dos concellos de Porto do Son e Ribeira, que viñeron adecentar o terreo e a aprendernos as procesos que hai que seguir para que a horta dea unha boa colleita! Agradecemos a súa axuda e esperamos poder seguir contando con eles!!

VISITA DAS IGREXAS DAS PARROQUIAS DO CONCELLO

14/05/2024 22:17

  

 

VISITA DAS IGREXAS DAS PARROQUIAS DO CONCELLO

14/05/2024 11:31

O luns 13 de Maio, o alumnado de Relixión do noso IES, participou nunha saída para profundizar no coñecemento do patrimonio relixioso do Concello de Porto do Son.

Ao largo da mañá puideron visitar:

A IGREXA DE MIÑORTOS

A IGREXA DE PORTOSÍN CAPELA DE SAN CAETÁN

A IGREXA DE NEBRA

A IGREXA DE SAN VICENTE DE NOAL

A IGREXA DE BAROÑA

A IGREXA DE QUEIRUGA

A IGREXA DE CAAMAÑO

A IGREXA DE XUÑO

A IGREXA DE SAN PEDRO DE MURO

 

Ao mediodía disfrutaron dunha comida no camping “A CASCADA” e grazas a unha tregua que lles dou a choiva tamén puideron aproveitar as súas instalacións.

Máis fotos AQUÍ 

SPRING WEEK

12/05/2024 20:07

O alumnado de 1º de ESO estivo do 5 ao 11 de maio nun campamento de inmersión lingüística activa en inglés en Mondariz-Balneario.

 

SPRING WEEK

12/05/2024 19:59

O alumnado de 1º de ESO estivo do 5 ao 11 de maio nun campamento de inmersión lingüística activa en inglés en Mondariz-Balneario. Alí os alumnos disfrutaron dunha semana de actividades lectivas, deportivas e lúdicas, compartidas con 6 centros máis doutros lugares de Galicia.

 


 

MÁIS FOTOS AQUÍ

RIBADESELLA

09/05/2024 20:34

Esta semana o alumnado de 1º de bacharelato fixo unha saída de 3 días a Ribadesella para facer deportes de aventura e coñecer a contorna.

 

 

O martes 9 comezaron cunha actividade de paintball.

 

 

O segundo día, pasaron a mañá nun parque de aventura e pola tarde disfrutaron duns xogos tradicionais.

 

 

 

 O xoves, na última xornada remataron co descenso do Sella.

 

 

 

Máis fotos AQUÍ

CHARLA MANUEL NÚÑEZ SINGALA

03/05/2024 16:57

O mes de maio convidamos o escritor Manuel Núñez Singala ao IES de Porto do Son para manter dous encontros: Un co alumnado de 1º de Bacharelato e outro co de 2º da ESO. Agradecemos a súa presenza no noso centro e a colaboración da Editorial Galaxia.

No primeiro encontro Manuel Núñez Singala conversou co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa novela Camiños na auga.

No segundo encontro, co alumnado de 2º de ESO, o escritor falou sobre a súa obra dramática O achado do castro.

Foi un privilexio para nós poder achegarlles a obra de Singala aos nosos estudantes da man do propio autor.

CHARLA RISCOS LABORAIS

03/05/2024 17:05

O 3 de maio, o alumnado de FOL do 1º curso do ciclo, tivo unha charla de riscos laborais en materia de prevención e protección nas actividades relacionadas co turismo activo,  impartida por Mª Jesús Copa Arias do ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia)

OBRADOIRO DE BENESTAR EMOCIONAL

25/04/2024 18:39

O 25 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato, participou nun obradoiro de BENESTAR EMOCIONAL impartido por QUÉROTE+, onde se falou de todo o relacionado coa xestión emocional.

CAMPIONATO PROVINCIAL ORIENTACIÓN

24/04/2024 12:48

O 24 de abril tivo lugar a fase provincial da proba de Deporte Escolar, modalidade Orientación no Campamento Virxe do Loreto, de Porto do Son. Participou na actividade o alumnado de 2º de ESO e 2 alumnos de 4º de ESO, clasificados na fase previa.

Desta volta, quedaron clasificados: Carmen Paz (1ª clasificada), Aldara Fernández (2ª clasificada) e Anxo Fernández (3º clasificado). Parabéns!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut