Exames pendentes de Matemáticas

Alumnado con Matemáticas pendentes de cursos anteriores:

Datas e horas dos exames

Eleccións ao Consello Escolar 2014 (27 de novembro de 2014)

Por corresponderlle no curso 2014-15 a renovación do consello escolar do IES Santa Irene, desde esta dirección comunícase que queda aberto o proceso de eleccións dos representantes dos distintos sectores desta comunidade educativa e dáse información do seu desenvolvemento para os representantes do alumnado e do sector dos seus pais e nais nos arquivos adxuntos.

No taboleiro do centro está exposto o censo electoral do sector de pais/nais e alumnado co obxecto de que os interesados/as poidan facer as comprobacións que consideren pertinentes.

Renovación da web do centro

Tras dous días de traballo, ábrese de novo ao público a web do centro. Aínda que seguramente haberá que retocar moitas cousas, espero que os cambios realizados sexan do agrado de todos. Quedo a vosa disposición para calquera comentario ou suxestión e xunto a guía de publicación revisada para os autores de contido.

PD: Xúntase versión actualizada ao 4 de decembro da Guía de publicación na web co cadro resumo sobre creación de contido frecuente.

Calendario escolar do curso 2014-15

Xúntase en documento PDF o calendario escolar do curso 2014-15.

Acta definitiva das probas libres da ESO de adultos de setembro 2014

Xúntase a acta definitiva das probas libres da ESO de adultos de setembro 2014.

Cualificacións provisionais probas libres ESO setembro 2014

Cualificacións provisionais das probas libres de Educación Secundaria de Adultos convocatoria de setembro de 2014.

  • PRAZO DE RECLAMACIÓNS: Do 20 ao 26 de setembro de 2014.
  • Publicación das listas definitivas de cualificacións: o 29 de setembro de 2014.
  • Recollida de certificacións a partir do 2 de outubro de 2014.

Selectividade (setembro)

As probas de selectividade de setembro celebraranse na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Dereito).

A presentación é o día 17 ás 9,00 horas.

Convocatoria do programa «Vigo en Inglés» para 3º ESO

O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces e rapazas asisten a un centro escolar, coma calquera outro estudante local.

O prazo de presentación das solicitudes será do 26 de maio ao 6 de xuño, ambos inclusive.

Máis información: Vigo en Inglés

Distribuir contido