Skip to Content

2006

A cabeza do dragón

 

 

         
   

Quen morre último... Mellor!!

 

 

         
   

Tres Farsas de DARÍO FO

 

       
   

Grupo de Teatro Spasmo

 

Spasmo, é o grupo de teatro do Ies Santa Irene de Vigo.

O grupo de teatro Spasmo, formouse no curso escolar 1990-1991, a instancias do profesor de galego Sindo Fernández, como actividade extraescolar dentro do programa de Normalización Lingüística do Centro, aberto a todo o alumnado. Daquela traballou como Director das montaxes teatrais Andrés Vila. O profesor de Filosofía, Bernardino Gándara (Berni), sumouse ao proxecto no curso 1995-96 e a profesora de Inglés, Araceli Fernández, fixo o mesmo no curso 2004-05. Mariña Rio Mallo, exalumna do Santa Irene e integrante de Spasmo durante anos, agora Licenciada en Interpretación na ESAD de Vigo, compartiu o labor da dirección dos grupos con Berni no curso 2015-16. No curso 2016-2017 mantendo o carácter de actividade do centro, e baixo a dirección en solitario de Mariña, pasa a integrarse na oferta do ANPA.

Nun primeiro momento os participantes procedían dos cursos superiores, chegando algúns anos a conformar un grupo numeroso. Desde o 2002, e debido ao proceso de implantación da ESO e o incremento do número de participantes, formáronse dous grupos por idades (e algúns anos ata tres).

Todos os anos tras o comezo do curso convócase ao alumnado, fórmanse os distintos grupos, e trabállase con eles en dinámicas que descubran e reforcen as actitudes que pide o exercicio da interpretación teatral. Ao mesmo tempo, escóllese a obra que cada grupo pode realizar, faise a súa adaptación e tradución ao galego, implicando sempre os alumnos e alumnas na elaboración e posta en escena. Os días habituais de encontro e ensaio son o mércores, xoves ou venres pola tarde.

A estrea das obras realízase no centro a partir do día das Letras Galegas, realizando sesións de portas abertas para os pais, familiares e amigos ou veciños da zona. Tamén, e non sempre é posible, vaise a outros centros de ensino da cidade. Ás veces incluso nos animamos a participar en concursos.



by Dr. Radut