Skip to Content

Grupo de Teatro Spasmo

 

Spasmo, é o grupo de teatro do Ies Santa Irene de Vigo.

O grupo de teatro Spasmo, formouse no curso escolar 1990-1991, a instancias do profesor de galego Sindo Fernández, como actividade extraescolar dentro do programa de Normalización Lingüística do Centro, aberto a todo o alumnado. Daquela traballou como Director das montaxes teatrais Andrés Vila. O profesor de Filosofía, Bernardino Gándara (Berni), sumouse ao proxecto no curso 1995-96 e a profesora de Inglés, Araceli Fernández, fixo o mesmo no curso 2004-05. Mariña Rio Mallo, exalumna do Santa Irene e integrante de Spasmo durante anos, agora Licenciada en Interpretación na ESAD de Vigo, compartiu o labor da dirección dos grupos con Berni no curso 2015-16. No curso 2016-2017 mantendo o carácter de actividade do centro, e baixo a dirección en solitario de Mariña, pasa a integrarse na oferta do ANPA.

Nun primeiro momento os participantes procedían dos cursos superiores, chegando algúns anos a conformar un grupo numeroso. Desde o 2002, e debido ao proceso de implantación da ESO e o incremento do número de participantes, formáronse dous grupos por idades (e algúns anos ata tres).

Todos os anos tras o comezo do curso convócase ao alumnado, fórmanse os distintos grupos, e trabállase con eles en dinámicas que descubran e reforcen as actitudes que pide o exercicio da interpretación teatral. Ao mesmo tempo, escóllese a obra que cada grupo pode realizar, faise a súa adaptación e tradución ao galego, implicando sempre os alumnos e alumnas na elaboración e posta en escena. Os días habituais de encontro e ensaio son o mércores, xoves ou venres pola tarde.

A estrea das obras realízase no centro a partir do día das Letras Galegas, realizando sesións de portas abertas para os pais, familiares e amigos ou veciños da zona. Tamén, e non sempre é posible, vaise a outros centros de ensino da cidade. Ás veces incluso nos animamos a participar en concursos.

As obras representadas, que describen a traxectoria e os intereses de Spasmo desde a súa orixe, son:

 

Curso 1990-1991

Mulleres ante a tumba, de Michel de Ghelderode

 

Curso 1991-1992

Un pouco de osíxeno, por favor, de Pedro Catalán García

 

Curso 1992-1993

Comedia repugnante dunha nai, de Stansislav Witkiewicz

 

Curso 1993-1994

A merenda dos xenerais, de Boris Vian

 

Curso 1994-1995

A grande noite de Fiz, de Miguel-Anxo Murado

 

Curso 1995-1996

A min déronme este enderezo, de Spasmo

 

Curso 1996-1997

Lisístrata, de Aristófanes

 

Curso 1997-1998

O anel máxico, de Goldoni

A voda, de Chejov

 

Curso 1998-1999

Aquí non paga nin Deus, de Darío Fo

 

Curso 1999-2000

A esmorga, de Blanco Amor
(na adaptación de Sarabela teatro)

 

Curso 2000-2001

Deus, de Woody Allen

 

Curso 2001-2002

O enfermo imaxinario, de Moliere

 

Curso 2002-2003

A fundación, de Buero Vallejo

A guerra de nunca acabar, de A. Gómez Cerdá

 

Curso 2003-2004

O príncipe encadeado, de Jordi Voltas
(adaptación de "A vida é un soño")

As alegres casadas, de W, Shakespeare

 

Curso 2004-2005

Catro corazóns con freo e marcha atrás, de Jardiel Poncela

Lisístrata, de Aristófanes (segundo a montaxe do C.D.G.)

 

 

Curso 2005-2006

A cabeza do dragón, de Valle-Inclán

Quen morre último...mellor!, de Woody Allen

Tres farsas de DARÍO FO:
Un home espido;
 Os pintores non teñen recordos;
 Non hai ladrón que por ben non veña.

 

 

Curso 2006-2007

O pousadeiro,
adaptación de "A pousadeira" de Goldoni (participación en Caixa-escena)

Romeo e Xulieta, de W. Shakespeare (participación en Caixa-escena)

 

 

Curso 2007-2008

A traxicomedia de Don Cristobita e Rosiña,
"Os títeres de cachiporra" de Federico García Lorca (participación en Caixa-escena)

Comedia Bífida, de Manuel Núñez Singala

Presas, de Ignacio del Moral e Verónica Fernández,
segundo a montaxe de Ernesto Caballero.  
 
1º premio GZCREA 2008

 

 

Curso 2008-2009

Catacroc!!, de Fernando Almena

Culpable, adaptación de 12 angry man, de Reginald Rose

Comadres, adaptación de Les belles-soueurs, de Michel Tremblay
(versión de Itziar Pascual, "As cuñadas")

 

 

Curso 2009-2010

Tres sombreiros de copa, de Miguel Mihura

A arte da comedia, de Eduardo de Filippo.

 

 

Curso 2010-2011

Caídos do ceo, de Paloma Pedrero

Culpable, 2ª adaptación de 12 angry man, de Reginald Rose

Sabina e as meigas, de Ignacio del Moral 

 

 

Curso 2011-2012 
A abraiante vida de Brian
(na adaptación do grupo de teatro Gargallada.)
 
 
 
 
Curso 2012-2013
 
A paz perpetua
de Juan Mayorga
 
O achado do castro
de Manuel Núñez Singala
 
 
 
 
Curso 2013-2014
 

CARTOS, de Aristófanes

 

 

Curso 2014 - 2015

OS LADRÓNS SON XENTE HONRADA, de Jardiel Poncela

 

 

Curso 2015 - 2016

O ANEL MÁXICO, de Carlo Goldoni

A ONDA, adaptación de Spasmo 

 

 

Curso 2016 - 2017

O  CADÁVER DO SEÑOR GARCÍA, de Jardiel Poncela

 

Curso 2017 - 2018

O CERDEIRAL, de Chejov

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, de Castelao

 

Curso 2018 - 2019

A MIN DÉRONME ESTE ENDEREZO 2019, de Spasmo

 



blogstory | by Dr. Radut