O cadáver do Señor García
Soa unha detonación; outra breve pausa e óense dúas detonacións máis, case a un tempo. A escena está a escuras. Óense dentro rumores de varias persoas que se achegan e voces de: “Que ocorre!?”, “Foi na casa!”, “Tiros!”, “Meu Deus!”, etc., todo moi confuso. Estes rumores seguen medrando e aproxímanse e as voces repiten: “No salón!”, “Foi no salón!”, “Luz!” “No salón!”.
Alguén acende a luz da escena e entón vese ao SEÑOR GARCÍA tumbado no diván, de cara á parede e de costas ao público, co abrigo posto e coma se estivese durmido, desmaiado ou morto. Na porta, formando unha masa aterrorizada e estupefacta están HORTENSIA, unha muller guapísima duns trinta anos; RAMONA, a doncela e cociñeira; ABELARDO, un guapo mozo da idade da súa prometida Hortensia; e HIPO, unha rapaza duns vintetantos anos, amiga de Hortensia e Abelardo.
Hai unha nova pausa durante a cal os cinco miran cara ao diván petrificados…
O cadáver do Señor García, é unha obra de Enrique Jardiel Poncela.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
O CADÁVER DO SEÑOR GARCÍA.pdf | 272.02 KB |